"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
IGREXAS
Igrexa situada en San Martín de Montalbán (Toledo). Datada en época mozárabe (ss VII-VIII), pertenceu a un antigo mosteiro situado sobre unha vila romana. Está construída en cantaría e presenta planta cruciforme con ábsida de ferradura. A nave cubriuse cunha bóveda de canón e o cruceiro cubriuse cunha cúpula dun castelo árabe que se edificou enriba da igrexa. Case non presenta decoración exterior. En 2003 inaugurouse nas súas proximidades o Centro de Interpretación de Santa María de Melque. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do hebreo Malkiyahu ‘Iavé é o meu rei’, ou ben do grego ἀ , a través do latín Miltiades, quizais relacionado con miltos ‘rubio, vermello’, que designaría á ‘familia do pelo rubio ou vermello’. A súa festividade celébrase o 10 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei sacerdote de Salem, en Canaán. Recibiu o décimo de Abrahán, vencedor do rei de Elam, e ofreceu un sacrificio de pan e viño por el.
-
-
Relativo ou pertencente aos melquitas.
-
Membro das comunidades cristiás de Oriente Próximo que, nas loitas cristolóxicas ao redor do monofisismo, permaneceu fiel ao Concilio de Calcedonia (451) e ao emperador bizantino. Xeralmente aplícase aos católicos desta tradición, máis que aos ortodoxos.
-
-
PERSOEIRO
Trobador probablemente portugués. Estivo activo na segunda metade do s XII, entre o terceiro e último cuarto. Pertencente á liñaxe dos Folhente, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle unha soa cantiga de amigo de mestría, denominada “Ai, amiga, per bõa fé”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira aparición da menstruación.
-
-
Relativo ou pertencente aos menxeviques.
-
Membro da facción do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso que ficou en minoría no segundo congreso do devandito partido (1903). A tese principal dos menxeviques era que os socialistas rusos tiñan que buscar adhesións dos elementos progresistas da burguesía con tal de implantar a democracia política en Rusia. Logo do triunfo bolxevique, foron postos fóra da lei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido polo Rei Amadeo I de España a Xenaro Méndez Núñez Guadarrama e Fernández, oficial de infantaría, o 23 de agosto de 1872, na procura de honrar a memoria do seu irmán Casto Méndez Núñez. Trae por armas un escudo cuarteado en cruz: o primeiro, cuarteado á súa vez: 1) de prata, cruz flordelisada de goles de prata; 2) de ouro, árbore de sinople; 3) de ouro, tres bandas de goles; 4) de prata, cinco cruces de sable en aspa con bordo de goles e oito aspas de ouro; o segundo, de goles, banda de prata con león de ouro e tau de azul; o terceiro, de ouro, tres follas de vide de sinople, con bordo de azul con catro aspas de ouro e catro podadeiras de prata de forma alterna; cuarto cuartel, de azul, cinco lises de ouro postas en aspa, con bordo de goles con oito aspas de ouro; no timbre, a coroa marquesal.
-
GALICIA
Editor, crítico e produtor cinematográfico. Licenciado en Filosofía e Letras, foi distribuidor de diversas editoriais en Galicia (1967-1973), entre outras, Alianza, Siglo XXI, Fondo Cultura Económica, Ariel, Cuadernos para el Diálogo, Labor, Castalia e Seix Barral. Foi director do Fondo de Cultura Económica (1974-1982), director de mercadotecnia de Alianza Editorial (1983-1989) e do xornal El País (1989-1990). Pertenceu ao equipo fundador do Instituto Cervantes, onde dirixiu a área de Cultura e Relacións Externas (1991-1993), e dirixiu a editorial Electa (1994-2002). No campo cinematográfico, colaborou como articulista nos diarios La Noche e El Correo Gallego (1960-1967) e fundou e dirixiu o Cine-Club Universitario (1961-1964) e o Cine-Club da Agrupación Fotográfica Compostelana (1965-1967). Xunto con Gonzalo Anaya e Enrique Banet fundou e codirixu o Equipo 64 (1964-1966) que produciu os documentais El Camino de Santiago, Malpica, El Pórtico de la Gloria e Compostela inédita. Entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Álvarez Méndez.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Santander (1784-1819), foi perseguido por franceses e liberais, refuxiouse en diferentes mosteiros de Galicia, pero rematou fuxindo a Portugal, debido á incautación da súa obra El recíproco sin y con Dios de los hombres. Tras o retorno do absolutismo, regresou a Galicia e foi reintegrado finalmente na súa sé en Santander.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Menorca ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Menorca.
-
Modalidade do catalán, subdialecto do catalán insular ou balear, que se fala en Menorca.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos menxeviques.
-
Membro da facción do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso que ficou en minoría no segundo congreso do devandito partido (1903). A tese principal dos menxeviques era que os socialistas rusos tiñan que buscar adhesións dos elementos progresistas da burguesía con tal de implantar a democracia política en Rusia. Logo do triunfo bolxevique, foron postos fóra da lei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
mecoso.
-
-
Persoa que ten pouco siso e formalidade.
-
Persoa insignificante e sen importancia.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, na confluencia do Ebro co Segre (2.486 h [2001]). Predominan os cultivos de cereais de secaño, principalmente cebada e oliveiras, e no regadío, árbores froiteiras. En 1957 construíuse un encoro e unha central hidroeléctrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como La Argentina, trasladouse a España, onde se incorporou ao ballet do Teatro Real de Madrid. Xunto con Encarnación López, La Argentinita, protagonizou a modernización da danza española no s XX. Realizou varios espectáculos por Europa, e creou en 1929 a primeira compañía de ballet español en París. Dos seus espectáculos destacan Goyescas, de Granados e El amor brujo de Falla. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión inglesa que significa ‘fusións e adquisicións’, dedicada á actividade de asesoramento e execución de operacións de fusión ou absorción de empresas, que se realiza por sociedades profesionais, os merchant banks, e entidades financeiras que faciliten o financiamento. O proceso esixe unha información e unha avaliación empresarial completa, tomas de contacto no mercado, negociacións e execucións.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do mar de Andaman, situado no golfo de Bengala e que pertence a Myanmar (25.450 km2). Consta dunhas 200 illas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. De familia de actores, en 1933 debutou no teatro coa obra La vuelta al mundo en 80 días. A partir de 1941 dedicouse ao cine, con filmes como Rojo y negro (1942), Ídolos (1943), Cuento de hadas (1951), Trío de damas (1960), La caza (1966), Flor de santidad (1973) e Entre hermanos (1984).
VER O DETALLE DO TERMO