"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, regado polo río Rus (6.346 h [2001]). A economíae baséase na agricultura, gandaría e industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de san Clemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Fundouno a comezos do s XVII o arcebispo compostelán Juan de Sanclemente Torquemada como colexio de teoloxía. Parece probable que as trazas fosen de Ginés Martínez, que tamén iniciaría as obras que continuou o seu discípulo Xácome Fernández. Ten planta cadrada con dúas alturas e organízase ao redor dun patio clasicista, con dúas plantas de arcos semicirculares. Construíuse en cachotaría agás a fachada que é de cantaría. O corpo principal da fachada está formado por dous corpos e tres rúas. No corpo inferior da rúa central atópase a porta de arco de medio punto, e nas rúas laterais dous pares de columnas, entre as que se abre unha fornela, erixidas sobre pedestais. Un entaboamento separa os dous corpos. As rúas laterais do corpo superior teñen a mesma estrutura ca as do inferior, mentres que na rúa central se abre unha ventá rectangular con balcón interior de ferro rematada nun frontón triangular partido co escudo do arcebispo. A portada remata...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Ribas de Sil situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Leiro baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Clodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Clodio (Leiro). De orixe descoñecida, pode que a vida monacal comezase na segunda metade do s VI con monxes que seguían a regra beneditina, procedentes de San Claudio de León. A primeira noticia histórica é de 928, cando se produciu a doazón dos condes Álvaro e Savita. Daquela o mosteiro tiña carácter familiar e dúplice e seguía a regra beneditina. Cara a 1151 adoptouse á regra cisterciense e en 1225 ingresou na orde do Císter. Desde 1530 ata a exclaustración de 1835 integrouse na Congregación de Castela. En 1891 foi priorado de Samos pero a vida monacal despareceu. As súas dependencias restauráronse e reformáronse para converterse en hotel. A igrexa ten planta basilical de tres naves divididas en catro tramos e tres ábsidas semicirculares, precedidas dun tramo recto, das que destaca a central, e cruceiro. O acceso ás capelas absidais é mediante arcos apuntados, as laterais cóbrense con bóveda de canón apuntado o tramo recto e bóveda de forno o tramo curvo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Avia en San Clodio (Leiro). Trátase dunha ponte de cantaría de tres arcos de medio punto e tallamares triangulares e arredondados, construída no s XV. Atópase no antigo Camiño Real de Ribadavia ao Carballiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Sil entre Ribas de Sil e Nocedo (Quiroga). Trátase dunha ponte con tres tramos de celosía metálica sobre piares e dous de obra de fábrica. Atópase na estrada local de San Clodio a Río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cambás (Aranga). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Cosme de Piñeiro (A Pastoriza). O seu cumio acada os 635 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de San Cosme de Barreiro, capital do concello de Barreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celebración popular anual que se celebra en Galgao (Abadín) que ten lugar o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de San Cosme, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outes baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción megalítica situada no alto de San Colmado en Cela (Mos), que tamén se denomina anta do Meixoeiro, anta das Minas ou dolmen de Cela. Trátase dunha anta de corredor da que se conservan cinco esteos, só falta o que a pecharía, e unha tampa de grandes dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO