"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ribadeo. Construído polo marqués de Cerralbo no s XVII, foi destruído en 1719 polos ingleses. Posteriormente erixiuse outro castelo, destruído en 1809. Empregouse para defender a ría de posibles ataques por mar. O conxunto presenta unha planta poligonal formada por un edificio de planta cadrada e un patio amurallado. No muro atópanse seteiras. O castelo e as murallas foron declarados BIC en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Fontefría (Amoeiro). Presenta dúas partes de diferentes épocas construtivas. A máis antiga ten planta en forma de U do s XVII xunto á que se atopa outro corpo en forma de L, do s XVIII. Conserva unha capela do s XIX, ademais de hórreos, pombal e fonte.
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada na costa O da ría da Coruña, na parroquia de Oza (A Coruña).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU (1.223.400 h [2000]). É un porto de pesca e comercial situado na costa do Pacífico, na baía homónima, preto da fronteira mexicana. Centro de ensino superior, ten a University of California en San Diego, fundada en 1912; a University of San Diego, en 1949; e a San Diego State University, en 1897. Antiga capital de California, foi fundada en 1769 por frei J. Serra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do extremo oriental de Tierra del Fuego, Arxentina, situada no Atlántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de baloncesto. Coñecido como Epi, xogou no Helios Zaragoza e desde 1974 no F.C. Barcelona. Gañou sete campionatos de Liga (1981, 1983, 1987, 1988, 1989, 1990 e 1995), dez Copas do Rei, dúas Recopas (1985 e 1986), unha Copa Korac (1987) e un Mundial de Clubs (1985). Foi 239 veces internacional e conseguiu a medalla de prata no Campionato de Europa de 1983 e a de bronce no de 1991, ademais da medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984). En 1990 foi elixido mellor xogador europeo da década de 1980. Retirouse en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Soria, Castela e León, regado polo río Duero (3.301 h [2001]). A economía baséase na agricultura e na gandaría. No s X foi escenario de varias batallas contra os musulmáns. Conserva as murallas e a ponte sobre o Duero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de san Facundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de san Fagundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao S de Torrelavega, no val do río Besaya (2.205 h [2001]). A cabeceira do termo é Rivero.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Mourentán (Arbo). O seu cumio acada os 543 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia da Valboa (Trabada). O seu cumio acada os 511 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Trinidad e Tobago (48.784 h [2000]). Situada ao SO da illa, é o centro da industria petroleira.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, situado ao fondo do golfo de Cádiz (88.073 h [2001]). Posúe estaleiros e industrias alimentarias, fábricas de armamento e construción naval e aeronáutica. As súas salinas son as máis grandes da Península Ibérica e é capital do departamento marítimo de Cádiz. Denominouse Isla de León ata que tomou o nome actual ao ser sede das Cortes de Cádiz de 1812. Destaca o castelo de San Romualdo (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do NL da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada no Río de La Plata (144.763 h [2001]). É un núcleo industrial e residencial da área suburbana de Bos Aires, con industria leiteira, conservas pesqueiras, de froitas e fabricación de mobles.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado na confluencia dos ríos Jarama e Henares (36.244 h [2001]). Destaca como centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Arca (O Pino). Ten planta en forma de U, con patín como entrada principal. As dúas ás son desiguais e unha delas remata en forma de torre. Cara ao centro do corpo central ten outra torre e sobre a porta da solaina atópase a data de 1699. Conserva un pombal, a capela, os alpendres e outras construcións adxectivas. A pedra de armas alude aos Leis ou Caamaño, Villardefrancos, Moscoso e Pardiñas ou Rioboo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio astronómico situado nas proximidades de San Fernando (Cádiz). Construíuse entre 1763 e 1798 no outeiro de Torre Alta, a cargo da mariña española. Durante moitos anos o seu meridiano foi referencia nos mapas náuticos españois. En 1791 comezou a publicar o Almanaque náutico.