"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PRAIAS
Praia da ribeira dereita da ría de Muros e Noia, situada entre as puntas Seixide e A Rouxa, na parroquia de Louro (Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENSEADAS
Enseada do litoral atlántico, situada na ribeira dereita da ría de Muros e Noia, na parroquia de Louro (Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, (776.733 h [2000]). Situada ao N dunha península estreita e alongada, fronte ao Pacífico e ao O da baía homónima, a expansión urbana afectou á ribeira occidental da baía de feito que Daly City, South San Francisco, San Mateo, Redwood City, Palo Alto e Santa Clara forman unha cadea continua de núcleos urbanos duns 80 km entre San Francisco e San José. Destaca Chinatown, o barrio chinés. As principais funcións urbanas afectan ao sector dos servizos. A industria é bastante importante, con construcións mecánicas e refinarías de petróleo, e tamén destaca a industria turística. Foi o núcleo orixinario da misión franciscana de Yerba Buena, creada pola iniciativa de frei J. Serra (1776). Ocupada por México (1822) e EE UU (1846), que lle deron o nome actual, tivo un crecemento espectacular a consecuencia do descubrimento de ouro en California (1848). Destruída por un terremoto e un incendio (1906), foi reconstruída.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Duarte, República Dominicana (156.267 h [2002]). Situada no N da illa, destaca como centro comercial e de transformación de produtos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gran baía da costa do Pacífico, situada en California occidental, EE UU. É un val fluvial mergullado, paralelo á liña de costa e conectado co Océano Pacífico polo estreito de Golden Gate, atravesado pola ponte homónima. Ten unha lonxitude de 97 km e unha anchura de 5 a 22 km, e constitúe un dos portos naturais máis espectaculares do mundo. Contén as illas Treasure, Yerba Buena, Angel e Alcatraz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Santiago de Compostela. Fundouno en 1214 san Francisco durante a súa peregrinación ao sepulcro do Apóstolo Santiago. Da primitiva construción consérvanse cinco arcos oxivais e o sepulcro de Cotolay de 1238. A igrexa é obra de Simón Rodríguez (1742). Ten planta de cruz latina encadrada nun rectángulo, con capelas laterais e tribuna que se abre á nave central. Cóbrese con bóveda de canón e cúpula de media laranxa sobre pendentes. No interior destaca o retablo maior, obra de Melchor de Prado, presidido por unha imaxe da Inmaculada traída de Roma (1750). A fachada modificouse tras a morte de S. Rodríguez e amosa o estilo barroco na parte inferior e neoclásico no superior. Está enmarcada por dúas torres de dous corpos, o superior rematado en cúpula. Na rúa central do corpo inferior destaca a imaxe de san Francisco, obra de X. Ferreiro. Diante da fachada atópase o monumento a San Francisco, obra de F. Asorey. Na parte conventual destacan os claustros, un trazado por B. Fernández...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Avia en Ribadavia. Trátase dunha ponte construída probablemente no s XIII en cantaría e con trabes de formigón, engadidas posteriormente, con tres arcos oxivais e rasante horizontal. Atópase no Camiño Real de Ourense a Vigo.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela. Obra de Lucas Ferro Caaveiro (1754-1756), en orixe foi a capela das Angustias, erixida coas esmolas dos devotos. Ten planta central, dominada por unha cúpula de media laranxa, decorada con efectos de claroscuro. A fachada foi deseñada para ser vista desde o alto dado o desnivel que existe con respecto á praza do Obradoiro, polo que a decoración se concentra na parte superior. Sobre a porta ábrese unha fornela coa figura da Piedade e na parte superior o escudo de España. O campanario central atópase encadrado por catro esculturas que aluden ás virtudes: a prudencia, a xustiza, a fortaleza e a temperanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (4.039 h [2001]). Destacan os cultivos de regadío: hortalizas, trigo, cítricos e outras árbores froiteiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Siena, Toscana, Italia, situada nun outeiro pliocénico que domina o val do Elsa (6.951 h [1991]). Concello libre durante os ss XIII e XIV, o centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Nápoles, en Campania, Italia, situada na aba occidental do Vesubio (52.807 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Basílica de Roma situada en Letrán, unha das catro maiores. É a catedral do bispado de Roma. O edificio actual foi construído baixo o goberno de diversos papas desde Urbano V, polos arquitectos D. Fontana (1543-1604) e F. Borromini (1599-1667). No interior, sobresaen as estatuas xigantes dos apóstolos, realizadas en mármore gris, situadas na nave central. A fachada, onde están as estatuas de Cristo e os apóstolos, é obra de A.Galilei (1734?).
-
MACIZO
Macizo dos Alpes Centrais, en Suíza, situado ao NO do Ticino. Constitúe un nó hidrográfico importante, pois alí nacen o Ródano, o Rin, o Reuss e o Ticino. Comprende numerosos cumios de máis de 3.000 m. Entre 1872 e 1880 construíuse un túnel ferroviario de 14,9 km que une as estacións de Göschenen e de Airolo. En 1980 inaugurouse outro túnel para a circulación de vehículos, de 16,3 km de lonxitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no S da parroquia de Filgueira de Barranca (Cesuras). O seu cumio acada os 500 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado ao O da serra de Guadarrama e regado polo Eresma (5.093 h [2001]). A economía baséase na agricultura e na gandaría, ademais das industrias derivadas. Destaca como centro de veraneo. Alí tiveron lugar os sucesos de La Granja (1832) e o Motín de la Granja (1836). Destaca o Real Sitio de La Granja de San Ildefonso, construído por orde de Filipe V entre 1721 e 1739. O conxunto histórico da vila foi declarado BIC en 1982.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratados asinados entre España e a República Francesa en 1796 e 1801. Polo primeiro, España entrou en guerra contra Inglaterra. Polo segundo, España entregou aos franceses Louisiana a cambio da Toscana. Estableceu, ademais, a cooperación militar de Carlos IV nas empresas napoleónicas.
-
CIDADES
Cidade do NL da provincia de Bos Aires, Arxentina, integrada na área suburbana do N de Bos Aires (299.023 h [2001]). Situada á beira do Río de La Plata, ten factorías de conservas cárnicas, industria leiteira, pneumáticos, papel e cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, situado á beira do Mar Menor (20.125 h [2001]). Posúe agricultura de tipo mediterráneo e gandaría ovina e porcina. Tamén destaca o turismo. É sede da Academia General del Aire.
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo da costa meridional de Arxentina, situado entre as provincias de Chubut e de Santa Cruz, entre o cabo Dos Bahías ao N e o cabo Tres Puntas ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Costa Rica e da provincia homónima (309.672 h [2000]). Situada na Meseta Central, entre os ríos Torres e María Aguilar, é o primeiro núcleo comercial e industrial do país. Destaca a maquinaria agrícola, as fundicións, o calzado, os produtos químicos, os materiais para a construción, os produtos derivados da agricultura e a produción de café. Tivo un crecemento desmesurado a causa da forte inmigración. Fundada en 1738, prosperou rapidamente grazas ao cultivo da cana de azucre e, sobre todo, do tabaco. Cidade desde 1813, converteuse en capital estatal despois da Batalla de Los Altos de la Laguna (1823). Durante a guerra civil de 1948, foi unha zona clave e a súa ocupación polas forzas rebeldes decidiu a guerra.
VER O DETALLE DO TERMO