"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU, situada preto da baía de San Francisco, no fértil val de Santa Clara (894.943 h [2000]). Posúe industrias químicas, de conservas de froitas, licores e fundicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Costa Rica (4.966 km2; 1.345.750 h [2000]). A súa capital é San José.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay (4.992 km2; 103.104 h [2004]). A súa capital é San José de Mayo (34.552 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado ao SL de Jerez de la Frontera (4.268 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos de trigo, cítricos e oliveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor e produtor musical. Coñecido como Víctor Manuel, fundou a produtora Ion Música (1987), coa que editou diversos discos en solitario e coa súa muller, a cantante Ana Belén. Da súa discografía destacan Víctor Manuel (1969), Soy un corazón tendido al sol (1979), Mucho más que dos (1993), El Hijo del Ferroviario (2001), Dos en la carretera (2002) e El perro del garaje (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Colaborador de diversas publicacións madrileñas, tras a Guerra Civil Española estivo preso na illa de San Simón. Ao ser liberado colaborou en La Noche e Faro de Vigo. Da súa obra, en que reproduce o seu interese polo Madrid dos Austrias e dos primeiros Borbóns, destacan Cuando el motín de las capas (1918, Premio María del Pilar Rovera), El confesor de la Reina (1920) e El azotado (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de San Juan, Arxentina, na rexión Andina (112.778 h [2001]). Está situada no contacto da chaira e os contrafortes das cordilleiras andinas, na beira do río San Juan. Posúe industrias de conservas, xabón e licores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Puerto Rico (421.958 h [2000]). Situada ao NL da illa, a cidade primitiva está localizada nunha pequena illa coralífera, unida por varios puntos á costa interior. É unha cidade turística e o seu porto é un dos mellores das Antillas. Posúe refinaría de petróleo, industria téxtil, de tabacos e alimentaria. A súa fortaleza e o centro histórico da cidade foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de República Dominicana (3.569 km2; 241.105 h [2002]). A súa capital é San Juan (129.224 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do NO de Arxentina, na rexión Andina (89.651 km2; 620.023 h [2001]). A súa capital é San Juan. Están presentes dous sistemas montañosos de Arxentina: a cordilleira dos Andes e a precordilleira. O clima é árido e seco e os ríos caudalosos, os máis importantes son o Bermejo e o San Juan. A base principal da economía é a agricultura, e destaca o cultivo da vide, seguido do dos cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO de Sevilla (19.340 h [2001]). Destaca como núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Carlos III en 1765 a Antonio Pardo e Sánchez de Taibo , señor de San Xoán de Carballo, que se dedicou ao comercio coas Indias desde a súa residencia en Cádiz. Os seus sucesores foron Celestina Pardo Quindós , II marquesa de San Juan de Carballo, Manuel María Pardo Liaño , III marqués de San Juan de Carballo, Antonia Pardo Liaño e Tirado , IV marquesa de San Juan de Carballo, José López Liaño , V marqués de San Juan de Carballo, e á súa morte o título estivo vacante ata que se rehabilitou en 1968 con Estevo Carballo de Cora e González (Lugo 1905-Madrid 1982), VI marqués de San Juan de Carballo. En 1983 outorgouse Real Carta de Sucesión a favor do seu fillo Esteban Carballo de Cora Romero e en 2002 esta sucesión cancelouse e expediuse Real Carta de Sucesión a favor de María de los Ángeles Esquivias García del Cid . Trae por armas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abadía beneditina situada en Boltaña (Huesca) no val de Atarés, á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. Está construída baixo unha gran pena, que lle deu o nome. Habitado por ermitáns, en 920 fundouse un mosteiro dedicado a san Xián e santa Basilisa, do que se conserva a igrexa mozárabe, que serve de cripta da igrexa superior. O Rei Sancho III de Navarra fundou o mosteiro dedicado a san Xoán. No mosteiro vello (ss X-XII), declarado BIC en 1889, destacan o claustro románico do s XII e o Panteón Real, mandado construír por Carlos III. Tras o incendio de 1675, construíuse o mosteiro novo, declarado BIC en 1923, cunha igrexa de tres naves e seis capelas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa N da illa (4.782 h [2001]). A economía é basicamente agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do municipio de Barrios de Colina, provincia de Burgos, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Conta cun complexo cenobial composto por un igrexa monástica fundada polo santo e arquitecto San Juan de Ortega (1080-1163), dous edificios monacais e un hospital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Luzón, Filipinas, situada na confluencia dos ríos San Juan e Pasig (127.000 h [1990]). É un arrabalde ao L de Manila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado á beira do río Tinto (5.995 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos de cereais, oliveiras e vide, e a gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Filipe V a Francisco Calderón de Andrade en 1737, co vizcondado previo de San Vicente. O II conde de San Juan foi Vicente Félix Calderón Valdés (?-1804), cabaleiro da orde de Santiago e rexedor perpetuo de Santiago de Compostela. O III conde de San Juan foi o seu fillo Xosé María Calderón Losada (?-1846), cabaleiro da Real Maestranza de Ronda. O IV conde de San Juan foi o seu fillo Vicente Calderón Oreiro (Santiago de Compostela 1821-? 1888), membro do Partido Moderado e inclinado cara ao conservadorismo, deputado polos distritos de Noia (1857-1858), Vilalba (1864-1868) e Mondoñedo (1867-1868), senador por Lugo (1876-1877) e A Coruña (1877-1885) e presidente das deputacións de Pontevedra (1863-1864) e da Coruña (1875). O V conde de San Juan Xosé Félix Calderón Ozores (1853-1893) morreu sen descendencia polo que foi sucedido polo seu irmán Bieito Calderón Ozores , VI conde de San...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corporación rexional de Trinidad e Tobago, na illa Trinidad (136.759 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado preto de Astorga e regado polo río Tuerto (2.234 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a gandaría e a industria téxtil. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO