"Aïr" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Santa Cruz (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.400 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie de erosión que corresponde á última etapa do ciclo de erosión normal de Davis. O resultado sería unha superficie lixeiramente ondulada e de escasa pendente, sobre a que ocasionalmente se levantan relevos residuais.
-
MONTES
Monte que forma parte da serra do Suído, situado na parroquia de Nieva (Avión). O seu cumio acada os 986 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do Pacífico Sur que, xunto cos atois deshabitados de Henderson, Ducie e Oeno, constitúen unha colonia británica (4,6 km2; 44 h [estim 2000]). Os seus poboadores son os descendentes dos homes do amotinamento do navio Bounty e de mulleres tahitianas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e xeólogo escocés. Realizou investigacións mineralóxicas e propuxo unha moderna teoría da Terra, baseada na de James Hutton. Considerado un dos precursores da xeomorfoloxía, escribiu Elements of Geometry (1795) e Illustrations of the Huttonian Theory of the Earth (1802).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pintura realizada ao aire libre. Utilizouse sobre todo durante o s XIX a partir do impresionismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran chaira de Italia setentrional drenada polo Po (46.000 km2) Administrativamente, está repartida entre Piemonte, Lombardia, Emilia-Romaña e Véneto. Foi un gran golfo adriático entre os Alpes e os Apeninos setentrionais que foi reenchido progresivamente cos sedimentos sólidos dos ríos. Para evitar as zonas insalubres estruturouse nela un sistema de diques de protección. É a rexión máis fértil de Italia, polo que en consecuencia se concentrou nela a industria.
-
CAPITAIS
Capital do territorio de Andaman e Nicobar, India, situada na illa de Dakshin (74.810 h [1991]). Nela están os serradoiros de madeira máis importantes de Asia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Irlanda, situado en Munster (1.857 km2; 94.680 h [1996]). A súa capital é Port Láirge (42.540 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ourense a partir de 1988. De periodicidade anual, co tempo converteuse en irregular. Fundada e dirixida por Javier Limia Grandón, recolleu artigos de investigación e documentación relacionados coa historia da arte, a tipografía, a arquitectura ou a imprenta en Galicia, especialmente referidos á provincia de Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
porteleiro.
-
-
Árbore monoica, caducifolia, de 10 a 30 m de altura, coa copa ampla; cortiza lisa, agrisada e con fendas, que pola idade, se desprende en placas; follas simples, opostas, pecioladas, palmeadas e divididas en cinco lobos agudos e serrados; flores unisexuais ou hermafroditas de cor amarelo-verdosas en acios paniculados e froitos en disámara. Florece entre abril e maio e os froitos maduran ao final do verán. Vive sobre solos profundos e frescos e é moi resistente ao frío e ás xeadas, alcanzando en Galicia altitudes de ata 1.300 m. É orixinaria do S e centro de Europa. En Galicia é frecuente na parte N e L pero sen chegar a formar masas puras, aparecendo mesturada con bidueiros e outras árbores autóctonas. A súa madeira emprégase en ebanistaría.
-
Árbore dioica, caducifolia, de ata 20 m de altura, coa copa frondosa e redondeada e a cortiza lisa ou finamente fisurada, de follas compostas, opostas, imparipinnadas ou trifolioladas, cos folíolos dentados irregularmente, flores unisexuais, apétalas de cor verde, as masculinas en corimbo e as femininas en acio, e froito en disámara. Florece entre marzo e abril, e os froitos maduran a finais do verán ou no outono. É orixinaria de América do Norte. En Galicia é moi frecuente en paseos, avenidas, parques e xardíns. Cultívase coma planta ornamental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización pacifista xurdida en 1957 a partir dunha xuntanza convocada en Pugwash (Canadá), onde se reuniron 22 científicos internacionais preocupados pola paz. Estableceuse como o único canal de comunicación entre os dous bloques formados durante Guerra Fría, en materia de ameaza nuclear, desarme e seguridade global. Malia as profundas discrepancias políticas e ideolóxicas dos participantes, o seu éxito deu lugar a varias comisións permanentes de traballo. Desenvolve as súas accións en cuestións de seguridade mundial relacionadas con problemas de desenvolvemento e medio ambiente. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1995) xunto co presidente do seu consello, Joseph Rotblat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mesa do rodicio.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Rairiz de Veiga, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Limia, situado no SL da provincia de Ourense, no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Allariz (comarca de Allariz-Maceda), ao S con Porqueira (comarca da Limia), ao O coa Bola (comarca de Terra de Celanova), Verea (comarca da Limia), e Bande (comarca de Baixa Limia) e ao L con Vilar de Santos (comarca da Limia). Abrangue unha superficie de 72,1 km 2 cunha poboación de 1.732 h (2007), distribuídos nas parroquias de Candás, Congostro, Guillamil, Lampaza, Ordes, Rairiz de Veiga, Sabariz e Zapeaus. A súa capital é Rairiz de Veiga, situado a 42° 05’ 18’’ de latitude N e 7° 49’ 48’’ de lonxitude O, a unha distancia de 41 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Xinzo de Limia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo en que se asenta o concello de Rairiz de Veiga presenta unha topografía uniforme, xa que se localiza na parte N da depresión da Limia. Así, a altitude media do... -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Ourense, que abrangue o concello homónimo e os de Sandiás e Vilar de Santos. Está composto por 13 parroquias matrices.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle que conduce a auga do río ata o muíño.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de santa Lucía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribas de Sil baixo a advocación de santa Lucía.
VER O DETALLE DO TERMO