pradairo

pradairo

(

  1. s m [PLANTA]

    Árbore monoica, caducifolia, de 10 a 30 m de altura, coa copa ampla; cortiza lisa, agrisada e con fendas, que pola idade, se desprende en placas; follas simples, opostas, pecioladas, palmeadas e divididas en cinco lobos agudos e serrados; flores unisexuais ou hermafroditas de cor amarelo-verdosas en acios paniculados e froitos en disámara. Florece entre abril e maio e os froitos maduran ao final do verán. Vive sobre solos profundos e frescos e é moi resistente ao frío e ás xeadas, alcanzando en Galicia altitudes de ata 1.300 m. É orixinaria do S e centro de Europa. En Galicia é frecuente na parte N e L pero sen chegar a formar masas puras, aparecendo mesturada con bidueiros e outras árbores autóctonas. A súa madeira emprégase en ebanistaría.

  2. pradairo de América [PLANTA]

    Árbore dioica, caducifolia, de ata 20 m de altura, coa copa frondosa e redondeada e a cortiza lisa ou finamente fisurada, de follas compostas, opostas, imparipinnadas ou trifolioladas, cos folíolos dentados irregularmente, flores unisexuais, apétalas de cor verde, as masculinas en corimbo e as femininas en acio, e froito en disámara. Florece entre marzo e abril, e os froitos maduran a finais do verán ou no outono. É orixinaria de América do Norte. En Galicia é moi frecuente en paseos, avenidas, parques e xardíns. Cultívase coma planta ornamental.