"AGN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • PERSOEIRO

    Político e militar romano, fillo de Cneo Pompeo Estrabón e xenro de Caio Xulio César. Sila confioulle unha expedición contra os partidarios de Mario en Sicilia e África (82-80 a C), que lle valeu o título de Magno. Nomeado procónsul (77 a C), aniquilou os seguidores de Mario, que Sertorio reorganizara en Hispania. Ao seu regreso, rematou coa revolta de escravos liderada por Espártaco en Roma, compartindo a vitoria con Marco Licinio Craso Dives. Elixidos cónsules (71 a C), ambos os dous dedicáronse a abolir a lexislación de L. C. Sila. Substituíu a Lúculo na dirección da guerra contra Mitridates VI de Ponto, anexionou Siria e entrou vitorioso en Xerusalén (63 a C). A pesar de odiar a ditadura, o Senado temía a súa puxanza e o pobo non o apoiaba como antes. Obrigado a buscar aliados en Licinio Craso e César, tivo que pactar con eles un compromiso de asistencia mutua e de distribución de influencias, coñecido como primeiro triunvirato (60 a C). Contribuíu a que César obtivese o mando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano, fillo de Cneo Pompeo Magno. Enfrontado a Caio Xulio César en vinganza polo asasinato de seu pai, coa morte de César (44 a C) foi nomeado praefectus classis et orae maritimae. Proscrito polo segundo triunvirato, ocupou, coa axuda dos piratas, Sicilia, Sardeña e Córsega. Obtivo daquela o favor de Marco Antonio, quen, temeroso do seu poder crecente, abandonouno ante Octavio. Foi derrotado por Marco Vipsanio Agripa e fuxiu a Asia, onde morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización das radiacións para fins diagnósticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mito escandinavo sobre a fin do mundo (‘destino final dos deuses’), emparentado cos cantos da Edda. Tras unha terrible loita dos deuses (Odín, Frey e Thor) cos espíritos malignos (Fenris, Surtur e a serpe de Midgard), morren os deuses e desaparece o mundo nun incendio. Non obstante, logo nace unha nova terra en que os superviventes recomezan unha vida fraterna e feliz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial musical de Milán que fundou Giovanni Ricordi (1785-1853) en 1808. Editou as principais óperas de Rossini, Donizetti, Bellini ou Pacini. O seu fillo, Tito Ricordi (1811-1888), ampliou o negocio e converteuse no editor de Verdi e Pucini. A empresa iniciou a súa expansión en 1912 e cambiou de propietarios en 1919. En 1994 pasou a formar parte do grupo Bertelsmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Normandie (1028-1035), fillo do duque Ricardo II e sucesor do seu irmán Ricardo III. Enfrontouse coa nobreza feudal, especialmente coa eclesiástica, ao fomentar a reforma da clerecía en Normandie. Foi pai do futuro Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proba de afinidade taxonómica que se basea na reacción inmunolóxica a substancias vexetais dos taxons a comparar, que son inxectadas a animais de experimentación.

    2. Diagnose que se efectúa por medio de reaccións provocadas no soro sanguíneo ou polo soro sanguíneo dos enfermos (reaccións de aglutinación, de fixación do complemento e outras). OBS: Tamén se denomina reacción serolóxica ou serodiagnóstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade industrial belga de produtos químicos fundada en 1863 por E. Solvay, con sede en Bruxelas. Foi unha das principais sociedades do sector e en 1920 participou na constitución do cártel internacional da sosa, xunto con dúas empresas británicas, feito polo que a súa notable expansión internacional quedou circunscrita ao centro e S de Europa, ata que durante a Segunda Guerra Mundial se instalou en Brasil e penetrou no mercado estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Josep de Ribera i Cucó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giuseppe Maria Crespi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Bispo de Kalmar, escribiu Vladimir den store (Vladimir o Grande, 1817) e Liljor i Saron (Liris de Sarón, 1821).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao termomagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnetismo provocado pola acción da calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excitación sexual asociada cos ouriños ou o acto de ouriñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Wels 7.3.1857 - Viena 27.9.1940) Médico austríaco. En 1917 descubriu un tratamento para a parálise xeral progresiva baseado na inoculación de Plasmodium malariae, polo que recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Erlangen, Baviera 1835 - Berlín 1917) Economista. Na lei Wagner estableceu unha relación entre o desenvolvemento económico e social e as actividades crecentes da administración pública. Escribiu Finanzwissenschaft (1877-1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Múnic 1880 - Washington 1962) Romanista alemán. Especializouse en estudos sardos e interesouse por toda a pan-Romania. Colaborou no atlas lingüístico de Italia e publicou La lingua sarda (1951) e o Dizionario etimologico sardo (1957-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Penzig, Viena 13.7.1841 - Viena 11.4.1918) Arquitecto. Iniciou a súa obra dentro da tradición do renacemento toscano. Fixo a reestruturación urbanística de Viena (1890). Afirmou a necesidade dunha renovación da cultura arquitectónica. A súa doutrina concretouse en Moderne Architektur (1895). Formou parte da Wiener Sezession e centrouse no uso de novos materiais, ata obter a expresividade a través dos mesmos principios construtivos (Postsparkassenamt de Viena, 1904-1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bayreuth 5.1.1917 - Múnic 17.10.1966) Director de escena e produtor alemán, neto de Richard Wagner. Revolucionou a escenografía operística. Dirixiu o Festival de Bayreuth desde 1951 co seu irmán Wolfgang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Leipzig 22.5.1813 -Venecia 13.2.1883) Compositor alemán. Atraído pola grande ópera francesa de Meyerbeer e as óperas de Weber, escribiu as óperas Rienzi (1842) e Der Fliegende Holländer (O holandés errante, 1843), coa que iniciou un novo estilo. Desde entón seguiu ese camiño con Tannhäuser (1845), coa que se afastou definitivamente do modelo tradicional de ópera, procurando darlle unha continuidade ao discurso musical. Probou tamén o uso do leitmotiv vinculado cunha situación anímica, un personaxe ou un feito determinado. Por outra banda, deulle unha importancia moi superior á orquestra, quitando ás voces o predominio que exercían ata entón no campo da ópera. En Lohengrin (1850) mostrouse influído ata certo punto polas formas tradicionais, pero en Tristan und Isolde (1865) xa completou a súa evolución. Destes anos datan a súa ópera cómica Die Meistersinger von Nürnberg (1868) e os bosquexos dos dramas líticos da tetraloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO