"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Substancia proteica que, como material de reserva, adóitase acumular en forma de gránulos, no citoplasma das células de moitas sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira da rexión aleutiana, prolongación de Alaska Range, que se estende ao longo da península de Alasca constituíndo a súa espiña dorsal. Está formada por montañas volcánicas que descansan sobre unha serie de sedimentos post-oceánicos pregados. Algúns destes volcáns están aínda hoxe en actividade: o Katmai (2.047 m de alt) ten un dos maiores cráteres do planeta. O Iliamma Volcano (3.074 m de alt) é o pico culminante da cordilleira. O clima frío e húmido dá lugar á vexetación de tundra, motivo polo que os poucos habitantes (esquimós aleutianos, xunto con pescadores e cazadores ianquis) se concentran nas baías costeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área ciclónica, parte da faixa de baixas presións subpolares do hemisferio norte, ocupada por unha masa de aire húmido e relativamente quente en comparación coa masa de aire ártica de latitudes superiores. Non é un centro de acción estacionario, senón que consiste nunha serie de depresións migratorias interrompidas por subas de presión. No inverno, cando é máis marcada, canaliza as perturbacións dende as costas xaponesas e siberianas ata Canadá e a rexión dos Grandes Lagos; provoca chuvias intensas na franxa costeira pacífica de América do Norte, modera a temperatura e, se consegue transpasar as Rochosas, envía o chinook por riba das chairas de sotavento. No verán a expansión do anticiclón das Hawaii faina imperceptible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago pertencente a Alasca, EE UU, que separa o mar de Bering do océano Pacífico. Constituída por unhas 150 illas e illotes volcánicos que, formando un arco semicircular, prolongan a península de Alasca en dirección á de Kamčatka. Inclúe o grupo das Fox (Unimak, Unalaska, Umnak), onde vive a maior parte da poboación, e Andreanof, Rat e Near. O clima é frío e húmido, dando lugar á formación de néboas. A súa poboación vive da pesca e da caza (principalmente focas) e da gandería ovina. Ocupadas polos xaponeses en 1942 durante a Segunda Guerra Mundial foron recuperadas polos EE UU no 1943. Actualmente constitúen un punto estratéxico da defensa dos EE UU, con bases militares e estacións de radar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da persoa esperta, áxil de mente, moi activa e con capacidade para realizar cousas heteroxéneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Remata os seus estudios na Escola de Arquitectura de Madrid no ano 1932 e a partir de aí inicia unha carreira que o converterá nun dos modernizadores da arquitectura galega da posguerra civil. Gracias ás súas viaxes por Hispanoamérica e Europa, entrará en contacto co racionalismo da Bauhaus ou coas experiencias sudamericanas dos anos corenta e cincuenta. Na súa obra mestúrase a introdución de elementos e proxectos renovadores co eclecticismo da realidade arquitectónica galega. Desenvolve a súa actividade no Ourense dos anos cincuenta e sesenta. Obras como a Granxa de Valverde (Allariz, 1965) ou a emblemática Torre de Ourense, marcaron a construción galega destes anos. Ademais, Álex Reylén compaxinou a súa faceta creativa coa presidencia da Deputación de Ourense, desde onde impulsou a renovación da arquitectura institucional, e do Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial entre os anos 1950 e 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto inglés. Foi mestre de obras da catedral de Worcester (1224-1240). A súa obra é moi característica do Gótico primitivo inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da costa pacífica de América do norte, Alasca, EE UU. Esténdese de N a S dende o Cross Sound ata a Dixon Entrance e está formado por unhas 1.000 illas, de relevo abrupto e costas moi recortadas. As illas principais son Baranof, Chicagof, Admiralty, Kupreanof, Prince of Wales e Revillagigedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto norteamericano. Teórico e investigador. Levou a cabo o seu labor no Center for Environmental Struture e na Universidade de Berkeley. Propuxo modelos de aplicación universal no campo do deseño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección do sistema nervioso, de etioloxía e patoxenia descoñecidas. As súas manifestacións inícianse na infancia, coa detención do crecemento, retardo psicomotor, convulsións e macrocefalia precoz e progresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicanalista norteamericano de orixe húngara. En 1930 trasladouse aos EE UU onde organizou o Instituto de Psicanálise de Chicago (1932), que dirixiu ata 1956, e presidiu tamén a Asociación Americana de Psicanálise (1938-1939). Os seus campos de interese foron a aplicación dos principios psicanalíticos á criminoloxía, á medicina psico-somática e á psicoterapia analítica breve. Entre outras obras é autor de Fundamentals of Psychoanalysis (1984), Psychosomatic Medicine (1950) e The Scope of Physhoanalysis: 1921-1961 (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar británico, primeiro conde Alexander of Tunis. Estudia en Harrow e en Sandhurst. Serviu en Francia durante a Primeira Guerra Mundial e formou pate do exército letón na loita contra a URSS. Entre 1932 e 1938 comandou as tropas británicas no NO da India. Durante a Segunda Guerra Mundial, como lugartenente xeral, mandou o primeiro corpo de exército: organizou a defensa e despois a evacuación (1940) de Dunkerque. Foi axudante de Eisenhower nas campañas de Túnez, Sicilia e Italia (1943); en 1944, trala caída de Roma, asumiu o mando das forzas aliadas no Mediterráneo. Ao acabar a guerra, convértese en gobernador do Canadá (1945-1952) e máis tarde en Ministro de Defensa (1952-1954) do goberno de Churchill. Publicou as súas memorias (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo australiano. Profesor en Manchester (1893-1924). O seu pensamento forma parte do movemento realista principiado con Moore, Russell e o neorrealismo. Escribiu Moral Order and Progress (1888), Space, Time and Deity (1920) e Beauty and Other Forms of Value (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro sueco. Emigrou aos EE UU en 1901. Inventou alternadores de alta frecuencia para as comunicacións transoceánicas e foi (1930) un dos pioneiros da televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsarina de Rusia (1894-1917), filla do gran duque Luís IV de Hessen-Darmstadt. En 1894 casa co futuro Tsar Nicolao II de Rusia, sobre o que exerceu unha grande influencia. Introduciu na Corte o célebre Rasputin, a quen lle outorga unha gran confianza aumentando por iso o desprestixio do réxime tsarista. Na Primeira Guerra Mundial o Tsar déixalle a Alexandra a dirección da política interior. Ao estoupar a Revolución do 1917, foi arrestada e executada no 1918 con toda a súa familia en Ekaterinburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (? 356 - Babilonia 323 a C) Rei de Macedonia (336-323), fillo do Rei Filipo de Macedonia e de Olimpia, a súa dona. Foi educado por Aristóteles. No 340 a C o seu pai noméao rexente. No 338 comandou a cabalería macedónica na Batalla de Queronea. Cando herdou o reino, rebelóuselle a Grecia sometida por Filipo, pero Alexandre conquistou e destruíu Tebas e fíxose nomear Xeneral en Xefe dos exércitos gregos e principiando a guerra contra Persia para recuperar as colonias gregas de Xonia (Asia Menor). No 334 pasou o Helesponto e principiou a conquista da costa de Asia Menor. A primeira batalla foi no río Granico, vitoria que lle permitiu liberar as satrapías de Xonia e Lidia. Tomou logo Frixia e a súa capital, Gordion, onde cortou o nó gordiano (segundo a lenda, quen o desenleara sería o amo de Asia). Conquistou Cilicia e atravesou o monte Tauro. O exército persa agardouno en Siria e deulle combate en Issos (333), batalla que foi unha gran desfeita para os persas, na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundado en maio de 1990 por Marcos Valcárcel. Está presidido por César Ansias, e contribúe á dinamización da vida cultural ourensá colaborando con outras asociacións a prol da normalización cultural e lingüística do país. Organiza encontros de escritores, homenaxes a persoeiros destacados da cultura ourensá, debates, exposicións de libros, fotografía e caricatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 3 de abril de 1992 e declarada de interese cultural galego. Está presidida por Fernando Quintela Novoa e actúa como secretario Xosé Castro Ratón. Entre os seus obxectivos destacan o seu interese pola promoción e defensa da cultura e da lingua galega, e do galeguismo. Para iso organizan conferencias, seminarios e actos de homenaxe a políticos e intelectuais galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    O Eséxeta (Afrodisia s II - III d C) Filósofo e matemático grego discípulo de Herminio e de Arsitocles de Messina. Ocupou entre o 198 e 211 a cátedra peripatética de Atenas. Destacou polos seus comentarios a Aristóteles, especialmente un que fixo á súa Metafísica, que influíron ata o Renacemento e orixinaron unha nova corrente dentro do aristotelismo: o alexandrismo, segundo o cal só o entendemento activo é separado e inmortal, a diferenza do pasivo (a alma individual). No seu Tratado sobre o destino e o libre albedrío combatía o fatalismo estoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Alexandre de París (ss XII - XIII) Poeta francés. Interveu na elaboración do Roman d´Alexandre, da que reescribiu a primeira parte, uniu a cuarta desas partes -na que se trata a morte do protagonista- e traballou sobre o resto.

    VER O DETALLE DO TERMO