"Alicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 418.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida nos anos noventa do s XX en Valencia, Venezuela. Editada pola sociedade Irmandade Galega da devandita cidade, estaba coordinada por I. Narea Aponte. O seu consello de redacción estaba formado por Juan Pacheco e Edgar Santana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de fútbol fundado en Salvador de Baía (Brasil) o 1 de xaneiro de 1933. Leva como escudo a cruz de Santiago sobre a bandeira galega. Xoga os seus partidos no estadio Parque Santiago. Proclamouse en cinco ocasións campión do torneo estatal de Baía (1937, 1941, 1942, 1943 e 1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 15 de febreiro de 1988 presidida polo presidente da Xunta de Galicia. Agrupa diversas entidades públicas e privadas representativas da vida económica e social de Galicia. O padroado está integrado por representantes das entidades que compoñen a fundación: Xunta de Galicia, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámaras Gallegas de Comercio, Industria y Navegación, CC da Coruña, CC de Ferrol, CC de Ourense, CC de Pontevedra, CC de Santiago de Compostela, CC de Tui, CC de Vigo, CC de Lugo e CC de Vilagarcía. Entre os seus obxectivos inclúense fomentar o achegamento da realidade galega á realidade europea e aos países da Unión Europea en especial, e está aberta á colaboración de todas as institucións que persigan os mesmos fins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual de información xeral editada polo Grupo Editorial Galego en Vigo a partir de setembro de 1983. Subtitulouse “Unha terra, unha xente, unha información propia”. Dirixiuna Ciprián Rivas. Ademais do seu equipo de redacción e colaboradores, contaba con correspondentes en Santander, Madrid, Barcelona, Londres e Oslo. No ámbito informativo abordou temas relacionados co ecoloxismo, a política, a historia, a antropoloxía, a lingua, a cultura, etc. Incluíu ademais entrevistas, reportaxes de actualidade e diversas seccións dedicadas ao cine, teatro e humor gráfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico político editado en Santiago de Compostela a partir do 4 de xullo de 1931. Cesou probablemente o 3 de setembro de 1932 (nº 4). Subtitulouse “Órgano del Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Nós. Na súa redacción participaron Ezequiel Rey, Victoriano Marcos e Xesús Pose. Nas súas páxinas defendeu un modelo federalista para España e a aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en La Habana a partir de 1913. Cesou a súa edición probablemente coa chegada do nº 15. Dirixido por Ramiro García, o seu obxectivo era criticar todo aquilo relacionado coa comunidade galega de Cuba, especialmente na sección “Historia cómica de Galicia”. Incluíu ademais poesías en galego e castelán e numerosas fotografías de paisaxes, persoeiros e monumentos de Galicia. Tivo unha tiraxe de 5.000 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista ilustrada editada en La Habana a partir de 1923. Dirixiuna Miguel Fernández Seijo. Publicáronse cando menos dous números.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal editada na Coruña ao redor do ano 1929. Dirixida por F. Montero de Doíztua, foi a continuadora doutra publicación cos mesmos contidos e estrutura titulada Galicia. Ademais de novas de actualidade, incluíu estampas coruñesas, referencias a costumes galegos e artigos dedicados a diversos artistas. Todos os artigos ían acompañados de abundantes gravados e fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimestral editada en Santiago de Compostela a partir de xullo de 1901. Cesou a súa edición en novembro de 1903 (nº 12). Dirixiuna Antonio López Ferreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da Tipografía Galaica. Tentaba realizar un estudo compilatorio de fontes históricas e un labor poligráfico de estudios analíticos. Incluíu traballos de numismática, epigrafía, música, heráldica, arquitectura, escultura e pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia nacionalista editada dende xaneiro ata novembro de 1977 en Xenebra pola AN-PG. Subtitulouse “Información prá Emigración Galega”. Posteriormente, converteuse en voceiro dunha asociación homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada a partir de xullo de 1983 no Grove. Subtitulouse “Cadernos de información cidadán” e foi a voceira do Partido Galeguista da agrupación comarcal de Arousa. Ademais de información interna e documentación histórica do partido, incluíu artigos sobre destacados escritores galegos e recensións de obras da literatura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido por CW 1 Radio Colonia a partir do 19 de setembro de 1991. Sintonizábase en Uruguay e Arxentina. Dirixido e presentado por Juan Carlos Iniesta-Vázquez, tentaba ser un instrumento para difundir información sobre as orixes dos emigrantes. Incluíu reportaxes sobre temas galegos e tivo unha estreita colaboración coa Radio Galega. O programa recibiu o Premio Galicia de Xornalismo 1992 na especialidade de radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario de tendencia rexionalista editado en Santiago de Compostela a partir do 15 de xaneiro de 1888. Cesou a súa edición no mes de agosto do mesmo ano. Subtitulouse “Revista quincenal de costumbres, cuentos, agudezas, anécdotas y tipos gallegos (...) y geroglíficos”. Dirixido por Enrique Labarta Pose, contou coa colaboración de destacados intelectuais como Alfredo Brañas, Antonio de la Iglesia e Manuel Amor Meilán. Continuou en 1890 co nome de La Pequeña Patria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario editado en La Habana a partir do 19 de setembro de 1891 e subtitulado “Revista científica, literaria, artística y humorística”. Dirixido por J. Romero Hiáñez de Freyre, incluíu artigos sobre actualidade, literatura, filosofía, etc, ademais de citas e poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario cultural e literario editado en Ourense a partir de 1911. Dirixido por Xerardo Álvarez Limeses, contaba con Xoán Fernández Pérez como director artístico e posuía diversos correspondentes en Galicia e América. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Editorial. De tendencia rexionalista, incluíu textos literarios, poesías e curiosidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña dende abril de 1926. Cesou a súa edición en xuño de 1936 (nº 123). Subtitulouse “Revista mensual ilustrada”. Fundada por Ernesto Cádiz Vargas, ao longo dos anos sucedéronse como directores, Ramón del Cueto, Leopoldo Hernández e Joaquín Martín. Interesada na modernización e no progreso económico de Galicia, incluíu información específica relacionada coa agricultura, a industria, o comercio e a actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de información xeral editada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1994. Cesou a súa edición en xullo de 1996 (nº 12). Dirixida por Olegario Sotelo Blanco e coordinada por Luís Álvarez Pousa, tentaba ser un instrumento de comunicación destinado aos centros galegos no exterior. Incluíu diversidade de reportaxes, entrevistas, temas culturais, crónicas e artigos de opinión. Nalgúns números inseriuse un relato breve de narradores galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Santiago de Compostela a partir de agosto de 1885. Na súa cabeceira anunciaba o seu carácter independente e a súa saída dúas veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Alonso. Ademais das noticias locais e de carácter xeral, incluíu poesías e folletíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter republicano editada en Bos Aires a partir do 18 de xuño de 1937. Cesou a súa edición aos tres ou catro meses. Subtitulouse “Semanario popular informativo”. Fundado e dirixido por Luís Seoane e Xosé Núñez Búa, nos seus artigos tentaba difundir os dereitos do pobo galego á súa autodeterminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -quincenal, editada en Madrid durante os anos 1937 e 1938 pola Agrupación de Gallegos Libertarios, baixo a dirección do mestre ourensán Samuel Gómez González. A partir do nº22 (15.5.38) pasou a denominarse “Órgano de la Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios”. En total imprentáronse 37 números en Madrid; trasladáronse a comezos de 1939 a València, onde se confeccionaron dous máis. Nas súas páxinas agrupou os colectivos de combatentes galegos que loitaban a prol da República e que se identificaban coa ideoloxía anarquista; entre eles podense citar Miguel Vázquez Valiño, Manuel Pita Armada, Xosé Ledo e Luís Chamorro. Tamén dende América, onde o periódico tiña abondosa distribución, houbo colaboradores na emigración galega, e destacaron as achegas do publicista Campio Carpio dende Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO