"Alvar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 336.
-
GALICIA
Escritor. Coñecido como Manuel Forcadela, doutorouse na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1992). Profesor de lingua e literatura galegas, colabora en distintas publicacións (Dorna, A Nosa Terra, Nordés, Clave Orión, A trabe de ouro, Coordenadas). No eido da creación dramática é autor dun texto, A pedra do tempo (ou Santiago, Santiago), publicado na Revista Galega de Teatro en 1997, e que deu lugar a un espectáculo homónimo creado pola compañía de monicreques Tanxarina en 1993. Publicou no ámbito do ensaio, tradución, poesía, narrativa e crítica literaria. Da súa produción destaca Ferida acústica de río (Premio Celso Emilio Ferreiro 1981), O regreso das ninfas (1985), O varredor de outono (Premio Leliadoura 1987), A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (1988), Sangue sobre a neve (1990), Paisaxe con muller e barco (Premio Manuel...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Doutorouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Inicialmente colaborou no xornal madrileño El Sol e na publicación barcelonesa La Calle. Militante do Partido Federal, durante a República ocupou diversos cargos diplomáticos. Trala finalización da Guerra Civil española exiliouse en Montevideo. Alí traballou no xornal El Pueblo e, co pseudónimo de Juan de Lara, colaborou en Marcha e Mundial, así como en La Nación de Bos Aires. Escribiu tamén nas revistas Escritura, Cuadernos Americanos, Sur e Índice. Publicou, entre outras obras, El futuro del mundo occidental (1934), Los mitos del Quijote (1953), España, árbol vivo (1960) e La ciénaga inútil (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dionisio Fernández Álvarez.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Conde de Romanones. Membro do Partido Liberal, foi alcalde de Madrid (1894-1895, 1897-1899) e ministro de Instrución Pública (1901), Gobernación, Fomento e Gracia e Xustiza (1905-1906). En 1912 presidiu o congreso e exerceu a presidencia do Goberno nos períodos 1912-1913 e 1915-1917. Formou novamente goberno en 1919 e tivo que enfrontarse a axitacións obreiras e nacionalistas. Foi presidente do Senado cando tivo lugar o golpe de estado de Primo de Rivera e, trala caída deste, foi ministro de Estado con J. B. Aznar (1930) e defendeu a Afonso XIII nas Cortes Constituíntes de 1931. Fundou o Diario Universal e o Globo e escribiu Las últimas horas de una monarquía (1931) e Obras Completas (1955). Foi presidente do Ateneo, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Defensor do liberalismo, publicou Curso de Economía Política (1828), no que reflectiron as opinións dos economistas clásicos ingleses, e que se empregou como texto universitario. Crítico coa desamortización de Mendizábal, propuña a conservación das terras polo Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Realizou os estudios musicais na súa cidade natal e en Vigo, e logo ingresou na banda do Rexemento de Murcia. Formou parte de numerosas orquestras e bandas, tanto en España como en América, e estableceuse en Cuba. Da súa produción destaca Camiño longo, Noite de lúa, A fouce esquecida e Melodía gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto, fillo de Xenaro de la Fuente Domínguez. Titulouse en 1921 na Escuela de Arquitectura de Madrid e en 1922 sucedeu ao seu pai no cargo de arquitecto municipal de Vigo. A súa obra inicial foi academicista e ecléctica e na década de 1930 mesturou as tendencias racionalistas co rexionalismo. Entre as súas obras destacan a casa para Eligio Prieto Iglesias na rúa do Príncipe (1925); a casa de vivendas na rúa Uruguai (1927?); o edificio comercial que dá ás rúas do Príncipe e Policarpo Sanz (1920-1930); o Garaxe Americano na rúa García Barbón (1929); as casas para María Iglesias Curty na praza de Compostela, esquina coa rúa Reconquista (1940); as vivendas para a Compañía Carbonera SA na praza de Compostela (1942); a escola de Peritos; e o Instituto Feminino San Tomé. Antes da Guerra Civil comezou a reordenación da Cidade Universitaria de Santiago de Compostela coa traza, nun gusto neobarroco, dos edificios principais, os colexios maiores, a facultade de Ciencias e o sanatorio de Nosa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro técnico agrícola. Foi tenente alcalde e delegado de Promoción Económica no concello de Verín. No Parlamento galego, foi deputado do Partido Popular por Ourense na V (1997-2001) e VI (2001) lexislaturas e dirixiu a consellería de Agricultura ata xaneiro de 2001, ano en que, tralo caso das vacas tolas, presentou a súa dimisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e xornalista. Catedrático de Teoloxía Fundamental e Historia Eclesiástica do seminario de Tui e promotor do movemento social-católico en Galicia, empregou nos seus escritos o pseudónimo de Isaac Rego Arce. Colaborou inicialmente no Noticiero de Vigo, onde se amosou contrario ao socialismo. Amigo de Basilio Álvarez, na fase máis radical de Acción Gallega dedicouse a combatela. A través da dirección de La Voz del Condado (1913) promoveu a organización social e cooperativista identificada coa Igrexa católica. Posteriormente, dirixiu La Integridad (1914-1923). Publicou Marianismo (1915) e La prensa periódica, instrumento apologético (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e estudoso da Historia. Tras licenciarse en Madrid, volveu a Ribadavia en 1942 para encargarse da loita contra a tuberculose na comarca do Ribeiro. A súa relación co grupo de intelectuais ourensáns levouno a interesarse pola historia de Galicia e do N de Portugal. Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Zephyrus e Revista de Guimarães. Das súas obras destacan Catálogo de documentos reales de la Alta Edad Media referentes a Galicia, 714-1109 (1967) e Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media (1975). Foi membro correspondente da Real Academia de la Historia (1962) e de número da Real Academia Galega (1967). Recibiu o Pedrón de Ouro e o título de socio das Sociedades de Língua Portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, cabaleiro de Santiago (1789-1808) e do Vélaro de Ouro (1892-1808), duque de Alcudia e de Sueca (1792-1808 e 1847-1851), grande de España (1792-1808) e príncipe da Paz (1795-1808). De familia fidalga, ingresou na Garda Real (1784), onde iniciou amizade co príncipe de Asturias e coa futura Raíña María Luísa. Tras unha rápida carreira militar substituíu o conde de Aranda como primeiro ministro (1792) e converteuse no valido de Carlos IV. Iniciou a guerra contra a Francia revolucionaria (1793-1795) que acabou co asinamento da Paz de Basilea (1795). A alianza cos franceses, confirmada trala sinatura do Tratado de San Ildefonso (1796), provocou o enfrontamento co Reino Unido (1796-1802 e 1804-1808), que finalizou coas derrotas da armada española no cabo San Vicente (1797) e Trafalgar (1805). Apartado do poder entre 1798 e 1801, reincorporouse ao goberno co título de xeneralísimo e derrotou os exércitos portugueses na Guerra das Laranxas (1801). As continuas contendas militares provocaron...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro de Brito.
-
PERSOEIRO
Guionista e investigador cinematográfico. Licenciado en Psicoloxía, participou na formación de varios cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Entre 1979 e 1982 foi director do I.F.P Allariz, onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a televisión autonómica. Así mesmo, levou a cabo numerosos traballos de investigación no terreo da historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América. Tamén escribiu numerosos artigos e o libro Documentos para a Historia do Cine en Galicia 1970-1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e pintor. Coñecido como Álvaro de la Vega, realizou a súa primeira mostra pictórica en 1974 no pazo da Deputación de Lugo. En 1976 trasladouse a Barcelona, onde estudiou na Escola de Belles Arts, realizou diversas exposicións e participou en mostras e concursos, entre outros, na III Bienal d’Art Contemporani, na que obtivo unha mención de honor. Estas primeiras obras estiveron influenciadas pola fotografía e o cómic. Realizou traballos de deseño gráfico e ilustración en diversas publicacións e, en 1985, ingresou na Escola de Belles Arts de Barcelona, onde se licenciou en 1990. Na década de 1980 comezou a esculpir e abandonou a pintura, e traballou principalmente a madeira. As súas primeiras pezas realizounas a partir dun esqueleto sobre o que insería elementos de diferentes materiais. Nos seus comezos realizou figuras solitarias e individualizadas para despois elaborar imaxes seriadas, caracterizadas pola fragmentación da figura. Realizou numerosas mostras individuais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Animadora teatral. Coñecida como Fusa Guillén, desenvolveu a súa actividade na comarca de Ferrolterra, desde a Asociación Cultural Garola de Cedeira, onde creou un colectivo para a posta en escena de espectáculos para a infancia e a mocidade. Tamén colaborou con diversas escolas municipais de teatro da área de Ferrol. É coautora de textos como O segredo de Daniel, Unha aboa a catro patas e A escada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Formado no seminario de Mondoñedo, licenciouse en Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e conseguiu en 1949 a cátedra de Latín de ensino medio. Posteriormente, desempeñaría esa mesma cátedra en Pontevedra e Santiago de Compostela. Investigador e crítico, realizou numerosas traducións de clásicos grecolatinos, como o Carmen saeculare de Horacio, e colaborou en diversas publicacións periódicas. Un dos seus proxectos non rematados foi a realización dun gran dicionario da lingua galega, o que o levou á recollida de miles de voces para o Instituto Padre Sarmiento. Influenciado por Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Antero Quental e, sobre todo, polo saudosismo de Teixeira de Pascoaes, a súa obra poética está condicionada por unha perspectiva paisaxista de inspiración clásica, que a posteriori se coñecería como neovirxilianismo. Autor de difícil adscrición, a cabalo entre a Xeración do 25 e a do 36, pode situarse a carón doutros grandes creadores da literatura galega como...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Coñecido como Caruncho, realizou estudios na Escola de Artes e Oficios da Coruña. A súa actividade abrangue a ilustración, o cartelismo, a publicidade e as artes gráficas. Na súa obra, caracterizada por un expresionismo intimista e un realismo desmitificador, sempre está presente a ironía. Foi colaborador de La Codorniz e autor do libro Por narices!! (1977). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio no I Certame de Cine de Humor (1973) e o segundo premio no Concurso Internacional do Humor de Atenas (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
) Escritor e xornalista. Emigrou a La Habana, onde fundou a revista Letras (1899). É autor de numerosos artigos de propaganda católica, biografías, relatos e novelas, das que cómpre salientar Episodios cubanos (1903), Cosas de antaño: tercera serie de las tradiciones cubanas (1917) e, postumamente, Tradiciones completas (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista e crítico musical. Estudiou no Conservatorio de Música de Madrid e en distintos países. Actuou por todo o mundo tanto de solista como con orquestras moi prestixiosas dirixidas por profesionais destacados como Leopold Stokowski, Ataúlfo Argenta ou Conrado del Campo, e é autor de ensaios sobre grandes músicos como Marcial del Adalid. Dirixiu un gran número de organismos, como o Conservatorio de Ourense, do que tamén foi o fundador, o Conservatorio de Segovia ou o Instituto de Música Religiosa de Cuenca. É académico correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña, entre outras institucións. Posúe distintos galardóns, dos que cómpre mencionar a Orden Civil de Alfonso X El Sabio e a Orde do Mérito Civil, e foi nomeado Chevalier de L’Ordre dels Arts et Lettres de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro Núñez de Isorna.