"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • Truman Strekfus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coágulo sanguíneo, endurecido e pouco elástico, que se forma na pel logo dunha lesión e que impide a perda de sangue, á vez que dificulta a penetración de axentes patóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia (1266-1282) e de Nápoles (1266-1285), conde de Anjou e de Maine (1264-1285), e conde de Provenza e de Forcalquier polo seu matrimonio no 1246 coa condesa Beatriz. Fillo de Luís VIII de Francia e de Branca de Castela. En 1250 e 1261 as cidades de Marsella, Arles e Aviñón rebeláronse contra o seu dominio, e Carlos anulou as súas liberdades municipais. Iniciou a expansión cara a Italia co señorío sobre o condado de Ventimiglia (1258) e parte do Piemonte meridional (1259-1261). Proposto polos papas para opoñelo aos descendentes de Federico II en Sicilia, recibiu en 1265 en Roma a investidura do reino. Iniciou a campaña militar de conquista axudado polas finanzas papais e polos güelfos; neste sentido, foi decisiva a Batalla de Benevento (1266). Executou o neto de Federico II, Conradino, despois de derrotalo en Tagliacozzo (1268). Dominou entón a política italiana e obtivo (1269-1270) o señorío de Milán e outras cidades da Lombardía e da Romaña. Xénova e Guillerme VII, marqués...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1285-1309) e Sicilia (1289-1302), conde de Provenza (1285-1309), conde de Anjou e de Maine (1285-1309) e príncipe de Acaia, tamén coñecido como Carlos de Salerno. Fillo e sucesor de Carlos I de Nápoles e de Beatriz de Provenza. Príncipe de Salerno, vicario do reino dende 1283 por ausencia de Carlos I, loitou contra as forzas de Pedro II de Aragón que o derrotaron en varias ocasións e o fixeron prisioneiro en Messina (1284). Cando sucedeu ao seu pai (1285), foi trasladado a Catalunya; recobrou a liberdade mediante o Pacto de Canfranc (1288), polo que renunciaba a Sicilia. Foi coroado rei en 1289 e retomou a loita ata a Tregua de Gaeta (1289), disputa que rematou co Tratado de Anagui (1295), polo que Xaime II de Aragón renunciaba a Sicilia e casaba con Branca, filla de Carlos II, que o acompañou a Catalunya. Sicilia, sen embargo, elixiu como rei a Federico II (1296), contra o que loitaron unidos Carlos II e Xaime II. Esta guerra chegou á súa fin coa Paz de Caltabellotta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1381-1386) e de Hungría (Carlos II, 1385-1386), fillo de Luís de Anjou Durazzo, conde de Gravina. Coñecido co nome de Carlos de Durazzo, as súas aspiracións ao trono de Nápoles, despois de casar con Margarida, irmá de Xoana I, frustráronse cando a raíña adoptou a Luís I, duque de Anjou. Coa protección de Luís de Hungría e do Papa Urbano VI, invadiu Nápoles e derrotou e encarcerou a Xoana I en 1381. Unha embaixada de Hungría ofreceulle a coroa en 1385, pero un ano despois foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Hungría (1292 - 1295), fillo de Carlos II de Nápoles e de María, irmá de Ladislao IV de Hungría. Gobernou Nápoles durante as ausencias do seu pai, que o nomeou vicario de Nápoles entre o 1289 e o 1294, e novamente no 1295. Morto Ladislao IV, loitou contra Andrés III polo trono de Hungría e foi investido rei de Hungría en Aix-en-Provence (1292). A pesar da alianza con Serbia e Venecia o seu título non tivo efectividade ata 1308, cando foi elixido o seu fillo Carlos Roberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos II de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante da lingua castelá, empregada nalgúns rexistros en Galicia, que se caracteriza pola interferencia do galego en todos os planos da lingua. Na fonética cómpre destacar entre outros trazos do galego: a entoación (lentitude das sílabas pretónicas, prolongación da sílaba tónica e descenso vertical pronunciando con rapidez a postónica ou final), a distinción de dous timbres vocálicos no e e o (medio-aberto e medio-pechado), harmonización vocálica (vicino, piquiñito), o mantemento de -e paragóxico nalgunhas formas de imperativo (sale de ahí por sal de ahí), o seseo (casar por cazar) e a gheada (aghua, luegho). En morfoloxía, é habitual, entre outros, o uso do sufixo -iño (hasta lueguiño, graciñas), o desuso dos tempos verbais compostos, os presentes de subxuntivo analóxicos (dea, sea), o uso da perífrase dar + participio como equivalente de ‘ser capaz de’...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carreira de xinetes curta e ao galope.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, que se edita anualmente en galego dende 1989. Inclúe asuntos de interese para a colonia galega, como convocatorias de premios, concursos, campamentos de verán e voluntariado social. Da mesma maneira, expón traballos orientados a ampliar os coñecementos sobre Galicia e a súa historia, que se completan con colaboracións literarias. O índice estrutúrase en diversos apartados: “Editorial”, “Información Xeral”, “Coñecendo o noso”, “Tema central”, “Poema”, “Historia de Galiza”, “Colaboracións” e “Humor”. Entre os redactores figuraban Toño Álvarez, Txelu Piñeiro, Txema Vázquez e Alberte Sanmartín. Está ilustrado principalmente con fotografías e debuxos de elementos artísticos galegos e con mapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cría do coello.

      2. Coello que aínda é novo.

    1. Persoa gorda e pequena.

    2. sabela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo que nace en último lugar e con diferenza de anos con respecto aos outros irmáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia bituminosa de cor escura, líquida ou semilíquida a temperatura ambiente, e de composición variable, que se obtén por destilación de materiais vexetais ou carbonáceos. Emprégase para calafatear embarcacións, na construción de estradas e na fabricación de colorantes, polímeros plásticos, caucho, perfumes sintéticos, produtos farmacéuticos, tecidos sintéticos e explosivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de chapodar.

    2. Aguzamento das estacas que se empregan para soster as vides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortar as pólas dunha árbore, dunha herba ou doutra planta cunha gadaña, fouciño, poda ou con outro instrumento cortante.

    2. Cortar algunha cousa sen maña ou sen xeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen non fai nada e anda atrosmado.

    2. Que ou quen come con avidez.

    3. Que ou quen estudia moito ou, despectivamente, o que se distingue máis polo aplicado que é ca polos seus dotes.

    4. Pataca cocida sen quitarlle a pela. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘chaqueta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de chapozar.

    VER O DETALLE DO TERMO