"Bol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu á luz en 1978 en calidade de voceiro do Centro Galego de Barcelona, presidido polo catedrático e avogado Xosé Luís Vázquez Sotelo. Da dirección deste boletín encargouse o xornalista Xosé Luís Blanco Campaña. A pesar de que esta publicación só tivo uns meses de vida, nela editáronse artigos de importancia como os de Blanco Amor ou os do artista ferrolán Xosé Leira Domínguez. Tamén colaboraron o poeta Manuel Rodríguez López ou o profesor Basilio Losada Castro. A portada foi obra de Isaac Díaz Pardo. Xa en xullo do ano 1994, cando a entidade estaba presidida por Ángeles Pérez Guerra, esta asociación publicou un novo boletín sen título representativo, pero coidando moito a presentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que saíu publicado en Londres, capital de Gran Bretaña. Prolongou a súa existencia dende o ano 1971 ata 1983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divulgado polo servizo de publicacións da Deputación Provincial de Lugo, apareceu en 1983. O primeiro tomo rendía homenaxe a Manuel Vázquez Seijas, director honorario perpetuo do museo, e a Luís Gómez Pacios. Nas case trescentas páxinas que ocupaba podíanse ler unha gran variedade de traballos de carácter científico ou cultural, asinados por xente como Xosé Trapero Pardo, Felipe Arias Vilas, María Elena Varela Arias ou Jaime Delgado Gómez. Incluíu seccións como “Estudos”, con traballos de fondo extensos; “Varia”, a xeito de noticiario breve; “Noticiario del museo”, que incluía estudios e descricións de pezas novas ou en revisión, e “Bibliografía”, todas cunha presentación moi coidada. No prólogo do primeiro número afirmaban que se trataba dun órgano de expresión científica e cultural, onde se trataban temas relacionados coa Arte, Historia, Numismática, Epigrafía, Arqueoloxía e Museoloxía. Outra das súas intencións era a de mellorar e ampliar o contido e a forma do seu predecesor: o Boletín...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso que saíu editada probablemente no ano 1866. Este boletín destinouse fundamentalmente á circulación das disposicións do prelado da cidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín relixioso de periodicidade semanal que xurdiu en Mondoñedo o 3 de maio de 1856 e que cesou en 1935. Esta publicación, redactada na secretaría da cámara, tiña como obxecto a divulgación das disposicións do prelado. Foi editado na imprenta de Perrote-Romero entre 1856 e 1878. Posteriormente, encargaríase da súa edición o Centro de Acción Social Católica. En 1913 tiña periodicidade decenal e unha tiraxe de 500 exemplares, e saía publicado co nome de Boletín Oficial del Obispado de Mondoñedo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Ourense no ano 1850, aínda que a partir de 1857 foi substituída polo Boletín Oficial de la diócesis de Orense. A Secretaría da cámara do bispado foi a encargada de fundar e dirixir esta publicación que alternaba o castelán co latín. Non houbo firmas dos colaboradores, emporiso algúns poemas levaban as iniciais: F. P. de A., M. Pardo, etc. O boletín posuía un enfoque relixioso patente nas poesías, nos actos oficiais do prelado, nas pastorais ou nos artigos tirados da prensa católica. Contaba con dúas seccións “Secretaría de Cámara del gobierno eclesiástico de Orense” e “Habilitación del culto y clero de la provincia de Orense”. Nas súas follas tamén se ofrecía publicidade, principalmente de prensa e de libros católicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en febreiro de 1859. Manuel Martínez de la Cruz imprimía este boletín tres veces ao mes. Tiña como propósito a divulgación das disposicións do prelado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu editada pola Xunta de Galicia en 1986, en concreto pola Consellería de Sanidade e Seguridade Social. O último número que se consultou tiña data de 1991. Tratábase dun boletín informativo que se baseaba nas enfermidades de declaración obrigatoria como a hepatite, a tuberculose ou a sida. Coa mesma, tocaba outros temas como o medio ambiente, o tabaquismo ou a drogodependencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1913 na Coruña. Tiña periodicidade mensual e puido ter a súa continuidade no Boletín de la Estadística Municipal de La Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apareceu en Santiago de Compostela ao redor de 1988. Era unha publicación da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Economía e Facenda en colaboración co Instituto Galego de Estatística. O último número que se editou data de 1991. Este boletín redactouse en galego e contou con seccións dedicadas ao “Movemento natural da poboación”, “Emprego e paro”, “Gandería e pesca”, “Transportes e comunicacións”, “Turismo, consumo e prezos”, “Finanzas” e “Bibliografía”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida na Coruña antes de 1892. De tendencia republicano-federal, contaba con Rodolfo Feijoo Pardiñas como principal redactor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu á luz no ano 1940 no distrito federal de México. Foi a primeira publicación que contou co impulso da Comisión galega do Partido Comunista de España. Editábase en galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semestral editada polo Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Ten formato de libro (24x15 cm) e cubertas Guarro de acuarela-medio, cor branca e 240 gramos, ilustradas cada unha por un artista gráfico diferente. O primeiro número apareceu con data de maio de 1989 e dende o segundo quedou estruturada nos seguintes apartados: “Estudios”, “Notas”, “Documentos”, “Encontros”, “Libros” e “Creación”. A partir do número 5, apareceu unha subsección fixa titulada “Dos arquivos de Dieste” que se inclúe no apartado “Documentos” e da que se encarga Xosé Luís Axeitos, publicando, fundamentalmente, o epistolario do escritor de Rianxo. A publicación, que dirixe dende o inicio Anxo Tarrío Varela, asistido por unha Secretaría, un Consello de Redacción e un Consello Científico formado por profesores de varias universidades españolas e estranxeiras, serve de canle a estudios de teoría e crítica literarias, e informa sobre moitas literaturas do mundo: galega, portuguesa,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Santiago de Compostela en outubro de 1975. Levaba o subtítulo de “Facultad de económicas”. Dedicábase a teorizar sobre a democratización da universidade.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter militar editada polo Instituto Social de las Fuerzas Armadas no Ferrol. Apareceu nos anos oitenta do século XX. Incluía artigos e fotografías sobre cuestións diversas relacionadas co exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que xurdiu na Coruña en xuño de 1981 e cesou en 1990. Subtitulouse “Colegio oficial de farmacéuticos de la provincia de la Coruña”. A directora foi Ofelia del Amo Pol. No sumario deste boletín en castelán aparecían un editorial, información colexial, apuntamentos informativos, información xeral, colaboradores, divulgación profesional, vocalías e diversas seccións (Óptica, Ortopedia, Titulares), información fiscal, bolsa do farmacéutico, taboleiro de anuncios, plantas medicinais e sección bibliográfica. Dous anos despois esta publicación pasou a chamarse Galería.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Perbes, Miño, en outubro de 1984 e cesou en outubro de 1991. Levaba o subtítulo de “Asociación de veciños Xario”. Este boletín mensual era a única publicación que existía en Santa María do Miño, xunto coa folla parroquial. Trataba temas que abranguían dende as subvencións ou os resultados das eleccións do municipio, ata cursos de verán ou actividades deportivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Posiblemente apareceu a finais de 1988 ou comezos de 1989 en Santiago de Compostela, e deixou de publicarse en xuño de 1989. Xurdiu como preparación para a visita que o Papa Paulo VI fixo a Santiago de Compostela en agosto de 1989. Tratábase dunha publicación relixiosa que alternaba o castelán e o francés, co inglés e o italiano.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Vilalba, en xuño de 1989. Este boletín bilingüe subtitulouse “Información municipal do concello de Villalba”, e ofrecía datos municipais relacionados con este concello.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Santiago de Compostela en 1984 pola Xunta de Galicia, concretamente pola Consellería de Educación e Cultura, Dirección Xeral de Educación Básica. Formaba parte do proxecto piloto Abrente que tentaba introducir a informática no ensino primario.