Boletín do Centro Galego
Boletín do Centro Galego
[PUBLIC]
Saíu á luz en 1978 en calidade de voceiro do Centro Galego de Barcelona, presidido polo catedrático e avogado Xosé Luís Vázquez Sotelo. Da dirección deste boletín encargouse o xornalista Xosé Luís Blanco Campaña. A pesar de que esta publicación só tivo uns meses de vida, nela editáronse artigos de importancia como os de Blanco Amor ou os do artista ferrolán Xosé Leira Domínguez. Tamén colaboraron o poeta Manuel Rodríguez López ou o profesor Basilio Losada Castro. A portada foi obra de Isaac Díaz Pardo. Xa en xullo do ano 1994, cando a entidade estaba presidida por Ángeles Pérez Guerra, esta asociación publicou un novo boletín sen título representativo, pero coidando moito a presentación.