"Cid" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 848.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Practicar a circuncisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separación da unidade dos cristiáns de Occidente provocada pola existencia, entre 1378 e 1417, de varios papas simultáneos, residentes en Roma e Aviñón. A estancia dos papas na sede de Aviñón, que supuxera a modernización do sistema de goberno e administración da igrexa, asumindo o poder temporal, ocasionou a perda de boa parte do contido espiritual da súa misión. Á morte de Gregorio XI produciuse un conclave inmediato, no que foi elixido papa Urbano VI que se instalou en Roma, pero un grupo de cardeais, que votaran coaccionados, elixiron o cardeal francés Roberto de Xenebra, que se estableceu en Aviñón co nome de Clemente VII. O papa romano contou co apoio de Italia, Inglaterra, Irlanda, o imperio alemán, os reinos de Europa central e do norte e Portugal. Mentres, o papado de Aviñón, protexido por Francia, foi recoñecido por Savoia, Escocia e Nápoles e posteriormente por Castela, Navarra e a Coroa catalano-aragonesa. A Urbano VI sucedeuno, en Roma, Bonifacio IX (1389-1404), Inocencio VII...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleótido formado pola unión dunha molécula de citidina cun grupo fosfato mediante enlaces de alta enerxía na posición 5’ da ribosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade de romper unha célula, xa sexa por parte doutra célula (célula citotóxica) ou dun composto químico (citotoxina), como a afanastatina, un limonoide presente na Aphanamixis grandifolia. A citotoxicidade deixa un camiño aberto para combater selectivamente as células tumorais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia oleosa producida polo lévedo da especie Streptomyces clavuligerus que se illa do filtrado do cultivo destes microorganismos en forma de sal sódico. É un antibiótico inhibidor das β-lactamases, enzimas que diminúen a actividade antibiótica das penicilinas e das cefalosporinas. Emprégase sempre en combinación con outros antibióticos como a amoxicilina ou a ampicilina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Halooxoácido do xofre obtido por tratamento do trióxido de xofre con cloruro de hidróxeno. Hidrolízase explosivamente en contacto coa auga e non forma sales. Emprégase na sulfonación de compostos orgánicos.
-
-
Relativo ou pertencente aos coccidios.
-
Protozoo da orde dos coccidios.
-
Subclase de protozoos apicomplexos da clase dos esporozoos, integrada por individuos pequenos, parasitos de invertebrados e vertebrados. Presentan un ciclo biolóxico moi complexo, no que hai formas móbiles e formas inmóbiles. Poden causar doenzas graves, como paludismo no ser humano e coccidiose nos animais domésticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza parasitaria producida por coccidios, especialmente dos xéneros Efimeria e Isospora, que se manifesta pola aparición de diarreas, con frecuencia hemorráxicas, anemia e perda de peso. Aféctalles, sobre todo, a animais novos de gando bovino e ovino, galiñas e coellos. Excepcionalmente, pode contraela o ser humano ao inxerir carne pouco cociñada de animais infectados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia ou ao composto químico empregado para combater os coccidios, como por exemplo o amprolio.
-
-
Relativo ou pertencente aos cóccidos.
-
Insecto da familia dos cóccidos.
-
Familia de insectos homópteros á que pertencen as cochinillas.
-
-
-
de cocer ou cocerse.
-
Preparación culinaria feita con carnes, legumes e hortalizas cocidas xuntas, que varía substancialmente segundo as rexións e que se adoita tomar precedido dunha sopa. O cocido galego inclúe carnes de porco (lacón, costela, touciño, panceta e cacheira), chourizos e patacas (antigamente, no seu lugar, empregábanse castañas ou nabos); e, xeralmente, carne fresca de tenreira, grelos, verzas, nabizas, repolo, garavanzos ou fabas. Os ingredientes varían segundo as zonas, dispoñibilidades estacionais e costumes tradicionais, como o de incluír o bolo, o petelo ou o petote no Entroido dalgunhas zonas de Galicia. En Lalín (o domingo anterior ao de Entroido) e en Cee (agosto) celébranse unhas festas gastronómicas do cocido. Entre os restantes cocidos ibéricos o referente principal é a olla podrida castelá, versión rica do máis sinxelo puchero, que se adoita preparar con garavanzos, carne de vaca ou carneiro e algo de touciño ou xamón; ás veces,...
-
Aroma pronunciado e acaramelado que poden presentar os viños feitos con uvas maduras en veráns moi cálidos, que evoca o das cereixas ou o dalgúns confeitos.
-
-
-
Feito de coincidir.
-
Circunstancia casual que fai que dous ou máis elementos coincidan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que coincide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que designa, na filosofía de Nicolás de Cusa, a unidade dos contrarios en Deus, ser infinito no que se superan todas as contradicións e coinciden as propiedades contrarias, da mesma maneira que a recta e a curva coinciden nunha circunferencia de radio infinito.
-
-
Encontrarse dúas ou máis persoas ou cousas no mesmo lugar do espacio.
-
Ter lugar unha cousa ao mesmo tempo ca outra.
-
Levar ao mesmo resultado dúas ou máis cousas.
-
Estar dúas ou máis persoas de acordo en algo.
-
Axustarse un elemento a outro.
-
Cadrar algo por casualidade. Ex: Coincide que hoxe non teño cartos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de cómico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo rexional da ONU creado o día 9 de agosto de 1973, como sucesor da Oficina Económica e Social das Nacións Unidas en Beirut e refundado o 26 de xullo de 1985. O seu programa de traballo caracterízase pola dimensión rexional das súas actividades, específicas para cada país e centradas no ámbito social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de compacto.
-
-
de compadecer ou compadecerse.
-
Que sofre pola desgraza dos outros.
-
-
-
Forma secundaria de participación nun delito á que corresponde un grao medio de responsabilidade entre a do autor e a do encubridor. A complicidade pode ser moral, como a instrución ao delincuente para a realización do feito; material, mediante a execución de actos anteriores ou simultáneos que favorezan a consumación do delito; e negativa, como a actitude pasiva daquel que consente o delito ao non facer nada para evitalo.
-
Colaboración entre dúas ou máis persoas de forma non expresa.
-