"DOM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

    1. Acción de dominar ou dominarse.

      1. Plenitude de facultades legalmente recoñecidas sobre unha cousa material. Permite ao seu titular gozar e dispoñer dunha cousa sen máis limitacións ca as establecidas polas leis.

      2. dominio absoluto

        Plenitude dos atributos que as leis lle recoñecen ao propietario dunha cousa para dispoñer dela.

      3. dominio directo

        Dominio que se reserva a quen cedeu un inmoble a censo de por vida ou enfiteuse, ou outro título semellante, de xeito que a propiedade non pode ser vendida sen o seu permiso.

      4. dominio medio

        Dominio que se reservaba á enfiteutam que consistía en doar a propiedade en subenfiteuse para converterse en señor medio. Este dereito podía exercitalo tamén o enfiteuta mediano e o seguinte.

      5. dominio público

        Conxunto de bens e dereitos, propiedade dos entes públicos que, directa ou indirectamente, se destinan para o uso de todos ou para a prestación dun servizo público, e que se someten a un réxime xurídico especial de propiedade. Estes bens son a zona marítima terrestre, as praias e os recursos naturais, entre outros. É inalienable, polo que para poder ser enaxenado debe ser desafectado; tamén é imprescritible e inembargable.

      6. dominio útil

        Conxunto de facultades de uso, gozo e outros dereitos, que ten aquel que recibe unha propiedade en enfiteuse ou un título semellante.

      1. Terra da que se posúe a autoridade ou a propiedade.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos territorios que formaban parte do Imperio Británico e que accederon ao pleno autogoberno, tanto no que respecta aos asuntos de índole interna, como nos da súa política exterior, aínda que manteñen como xefe do estado nominal o soberano do Reino Unido. Pouco a pouco accederon á independencia, recoñecida de feito polos estatutos de Westminster de 1931. Dende 1977 este termo substituíuse polo de membros da Commonwealth.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Xogo practicado con 28 fichas rectangulares divididas en dúas partes iguais; cada unha desas partes leva marcados de 0 a 6 puntos, tendo en conta todas as combinacións posibles dende o dobre branco (cero puntos) ata o dobre seis. Gaña o xogador que, facendo diversas combinacións antes, se desfai das súas fichas ou o que ten menos puntos cando se pecha o xogo.

      2. Conxunto de fichas que se usan para este xogo.

      1. estido talar con carapucha usado como disfrace.

      2. Persoa disfrazada con este traxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, cantante e compositor de jazz norteamericano. Coñecido como Fats Domino, nos anos corenta ingresou na formación de Dave Bartholomew e foi a ponte de unión entre o rhythm and blues e o rock. Da súa discografía destacan The Fats Man (1949), Blueberry Hill (1956) e Lady Madonna (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antoine Domino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do sobrenome e nome latino Domitilla, procedente de Domitia, feminino de Domitius. Flavia Domitila (s I), santa e mártir romana, celebrábase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricia romana da familia dos Flavios, sobriña do cónsul romano Flavio Clemente. No ano 96 foi deportada á illa de Ponza por se adherir á fe cristiá, onde sufriu un longo martirio. O cemiterio da familia, situado na Via delle sette Chiese, tomou o seu nome e é unha das catacumbas máis extensas de Roma; contén pinturas de estilo pompeiano e cristiás dos séculos II, III e IV. Na iconografía leva como atributos a coroa e a palma do martirio. A súa festividade celebrábase o 12 de maio, pero a reforma posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Bernabeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que procede dos antropotopónimos correspondentes. A súa orixe está no sintagma (villa) Dominici ‘granxa de Domingo’. O topónimo documéntase no s XI: “villa de Domenci” (doc ano 928 en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 330).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cuberta en forma de cúpula.

      2. Cúpula que coroa a igrexa no Renacemento italiano.

    1. Igrexa principal ou catedral dunha cidade, especialmente en Italia.

      1. Forma hemisférica dunha masa rochosa. Pode ser resultado da intersección de dous anticlinais, aproximadamente perpendiculares, ou dunha intrusión ígnea, ou a menor escala, resultado da erosión. Sobre as rochas graníticas son moi frecuentes, pois os axentes erosivos como a auga e o xeo aproveitan diaclasas curvas.

      2. domo salino

        Formación salina en forma de domo.

    2. Cilindro rematado nunha cúpula que, situado sobre a cámara de vapor dunha locomotora, serve para recoller o vapor e conter o seu regulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo xaponés. Principiou os estudios de pintura na Universidade de Toquio. Entre os anos 1933 e 1935 traballou como aprendiz de Kotaro Miyauchi na Escola de Belas Artes de Toquio. Ata 1945 colaborou nos estudios Nihon Kobo. Posteriormente, comezou a desenvolver a súa actividade como fotógrafo independente e en 1950 fundou o grupo Shudan Photo, co que realizou exposicións da obra de coñecidos fotógrafos occidentais, como Cartier-Bresson, Bourke White, Brandt, Penn e Smith. O seu traballo documental da antiga arquitectura e escultura xaponesas influíu en numerosos creadores. A nivel internacional, ademais das súas colaboracións para revistas e libros, coñécense as súas imaxes das víctimas da bomba de Hiroshima, retratos que foron expostos na mostra Hiroshima Vitims, celebrada en 1968. Recibiu os premios Photographic Culture (1942), Minister of Education Award of the Arts (1959) e Kan Kikuchi (1971), entre outros. A súa obra está espallada en museos de todo o mundo, dos que destaca o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra documental da literatura rusa antiga aparecida no s XVI en Novgorod. Dividida en tres partes, xurdiu ante a necesidade da centralización do poder político e dunha ríxida ideoloxía autoritaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Pedro do Incio (O Incio). Edificado en 1485 por Rui Sánchez de Orozco, reconstruíuse en 1550, e despois, en 1730, por Rodrigo Ozores e Losada. Ten planta en forma de L e dous pisos en altura cunha escalinata de acceso. Conserva unha torre pegada de planta cadrada, unha capela independente de planta circular con cúpula e lanterna e cun pequeno retablo barroco, e diversas construcións adxectivas como o pombal e os alpendres. No exterior destacan a muralla e a porta de acceso cos brasóns que aluden ás familias Ribadeneira, Somoza, Losada e Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa do Emperador Augusto situada no Palatino de Roma. Composta por un peristilum, dous pisos e un templo, foi residencia imperial ata o s VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción palaciana edificada no monte Esquilino en Roma, polos arquitectos Severo e Céler en época de Nerón, tralo incendio da cidade. Estaba composta por edificios, xardíns, lagos artificiais e bosques, cunha extensión dunhas 50 ha. Foi destruída polos emperadores flavios e por Traxano, que construíu unhas termas sobre as ruínas. As escavacións sacaron á luz unha construción de 300 m de largo, centrada por un vestíbulo en forma de trapecio, cun peristilum nun dos seus lados e cuartos privados de planta octogonal no utro. No interior dos edificios destacaba a decoración ao fresco con grotescos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio construído polos emperadores Vespasiano e Domiciano no Palatino de Roma, que imitaba a Domus Aurea de Nerón. Construído por Rabirius, rematouse no 96 a C. Tiña planta rectangular e contaba cunha sala de audiencias, precedida dun pórtico, un peristilo, unhas termas e un gran triclinium ou sala de banquetes. O peristilum tiña saídas aos cuartos privados, con dous patios porticados e galerías sobre o Circo Máximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ivenda unifamiliar romana. Constaba dunha frons ou fachada onde se abría o ostium, entrada principal que comunicaba co vestibulum; este consistía nun recinto central que tiña na súa parte posterior a fauces, entrada que comunicaba co atrium, patio interior que tiña no seu centro un estanque, chamado impluvium, para recoller as augas da chuvia que entraban polo compluvium, van que se abría no teito. Ao redor do atrium situábanse as distintas dependencias: os cubicula, dormitorios; o tablinum, despacho ou zona de traballo e recepcións; o triclinium, comedor; e a culina, cociña. A partir do s II a C engadiuse, xunto ao tablinum, un patio porticado de maiores dimensións, o peristilum, de influencia grega, tamén rodeado de cuartos e cunha exedra, sala de reunións, ao fondo. Algunhas vivendas tiñan un pequeno xardín ou horta (hortus) na parte posterior...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo interactivo situado no Paseo Marítimo de Riazor, na Coruña, dedicado de xeito global ao ser humano. O edificio, deseñado por Arata Isozaki, inaugurouse o 7 de abril de 1995. A exposición permanente está composta por 116 módulos interactivos, dos que 63 deles dispoñen dun Punto de Información Textual. Pódense agrupar polo seu contido nos seguintes grupos: Eu (a identidade), Nós (a demografía), Bioquímica e xenética, Paisaxes (medios de exploración do corpo e imaxes microscópicas de tecidos e células), Reprodución e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición, sentidos do gusto e do olfacto), O sistema motor, O pé, O cerebro, e Equilibrio, habilidades, linguaxe. Organízanse tamén exposicións temporais. Magnavisión, o cine en gran formato (70 mm/8 perforacións), proxéctase na sala Leonardo da Vinci. A calidade do negativo e a súa proxección nunha pantalla de 80 m2 cun equipo de 7.000 vatios de luz permite unha imaxe moi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Membro do Partido Carlista, despois do Convenio de Vergara integrouse no exército isabelino. Participou na Vicalvarada xunto con O’Donnell e integrouse de novo no exército carlista en 1868. Foi nomeado xeneral en xefe das forzas do País Vasco a finais de 1872 e sucedeu a Lizárraga como comandante das forzas do Centro. Despois da guerra trasladouse a Francia e ao Reino Unido ata que regresou a España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha construción, ben sexa un edificio público, ben unha casa privada.

    VER O DETALLE DO TERMO