"Dal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 544.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medida de lonxitude que equivale a catro varas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asunto de corrupción política que provocou a fin do goberno de coalición entre o Partido Radical e a CEDA durante a Segunda República Española. En maio de 1934 Strauss e Perlowitz intentaron obter das autoridades republicanas a legalización dunha ruleta trucada que inventaran. En setembro de 1934 conseguiron introducila en casinos de Donostia e Palma de Mallorca, aínda que foi inmediatamente prohibida pola policía. Strauss esixiu unha compensación económica a diversos políticos, sen éxito, motivo polo que remitiu toda a documentación do asunto a Niceto Alcalá Zamora, presidente da República. O 20 de setembro de 1935 Alejandro Lerroux dimitiu como presidente do goberno porque moitos dos seus partidarios estaban relacionados coa obtención da concesión. O Partido Radical quedou totalmente desprestixiado, o que precipitou a fin do goberno radical-cedista. Durante o período franquista as actividades de estraperlo constituíron un amplo mercado negro nacido a raíz da situación de racionamento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao etmoide.
-
-
Que está fóra das vías piramidais.
-
Conxunto de transtornos provocados pola alteración do sistema extrapiramidal. Son principalmente hipertonías musculares ou alteracións na regulación dos movementos involuntarios e automáticos.
-
Complexo situado no cerebro e formado polos núcleos grises motores e por fibras nerviosas aferentes e eferentes. Localízase nas rexións subtalámicas e por baixo da codia cerebral.
-
-
PERSOEIRO
Político alemán. Como ministro de Instrución Pública e de Asuntos Eclesiásticos (1872) colaborou con Bismarck na Kulturkampf (‘loita pola cultura’) fronte aos católicos. O abandono desta política tivo como consecuencia a súa dimisión (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Crónica composta entre 1087 e 1106 por un autor anónimo hispanoárabe. A crónica, que conta a historia da conquista de Al-Andalus, escribiuse utilizando as obras de al-Rāzī e Ibn Hayyān e traduciuse ao castelán en 1889.
-
GALICIA
Director musical e compositor. Realizou estudios musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid e en 1963 ingresou no corpo de directores de bandas de música civís. Posteriormente, trasladouse a Suíza, onde residiu quince anos, e alí dirixiu a Harmonie Ste. Cecile d’Orbe, Unión Instrumental de Payerne e a Harmonie Municipale de Monthey. Foi profesor cantonal de música para cursos de perfeccionamento no cantón de Vaud, profesor nas escolas de música de Moudon e Payerne e do Conservatorio de Friburgo. Dirixiu concertos en Tübingen, Múnic, Stuttgart, Dijon, Nîmes, Baune, Basilea, Alstatten, etc. Dende o seu regreso a España (1979) ata o seu nomeamento como director da Banda Municipal de Música da Coruña, foi director titular da Banda Municipal de Música de Lugo. Conta con varias gravacións discográficas, é autor do himno Ville de Payerne e das súas composicións destaca A Freixa, A ruliña, Panxoliña, Saúdo e O cantar do vento. Director...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a un feudo ou ao feudalismo.
-
-
Dereito que regulaba as relacións entre o señor feudal e o seu vasalo.
-
Conxunto de formacións peculiares que en uso do seu ius edicendi daban os baróns nas súas xurisdicións.
-
-
Señor que cedía un feudo a outro, denominado feudatario ou vasalo, e do que recibía a prestación da homenaxe.
-
-
-
Calidade, condición ou constitución do feudo.
-
feudalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema medieval de relacións sociais, políticas, xurídicas e militares que tiña como base a constitución do feudo e do señorío e a relación de vasalaxe. O termo cuñouse no s XVII para referirse a todo aquilo relacionado co feudo, pero foi no s XVIII, por influencia da Ilustración, cando comezou a empregarse para referirse ao sistema de organización social co que acabou a Revolución Francesa. O concepto continuou a súa evolución ao longo do s XIX ata converterse no s XX nun dos termos máis debatidos dentro da historiografía. Os historiadores institucionalistas, liderados por J. L. Ganshof, centraron a súa definición nos aspectos xurídicos e políticos do termo, mentres que os de tendencias marxistas se centraron en aspectos de tipo económico e social e o consideraron un modo de produción; os historiadores da escola dos Annales, entre os que destaca M. Bloch, preferiron unha posición intermedia, polo que adoptaron tanto criterios xurídico-políticos como económicos e sociais para a definición...
-
-
Tratadista ou estudioso do dereito feudal.
-
Experto en dereito feudal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en lugares como A Limia, Verín ou Celanova. As súas armas traen, en campo de azul, un luceiro de ouro, de dez puntas. Algunha variante leva, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles con catro castelos e catro aspas, todo de ouro, alternando. Outra presenta, en campo de azul, unha estrela de oito puntas, de ouro (ou prata).
-
-
Relativo ou pertencente aos fidalgos ou á fidalguía.
-
Que ou quen é nobre, xentil ou xeneroso.
-
Persoa nobre, nos reinos de Castela e León, que tiña o dereito a ser armado cabaleiro. Estaba exento das cargas reais, municipais e de quintos e tiña a obriga de servir o rei coas súas armas e o seu cabalo.
-
Persoa que pertence ao grupo social que vive das rendas das propiedades agrarias.
-
-
GALICIA
Político e mestre. Secretario comarcal do PSOE no Ribeiro, foi elixido alcalde de Ribadavia e deputado por Ourense durante a terceira lexislatura (1990-1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e ilustradora. Coñecida como Lena Lemos, licenciouse na especialidade de pintura na Escola Superior de Belas-Artes de Porto (1976). Colaborou como ilustradora na colección Descubrir Coruña (1986-1989), en La Voz de Galicia e na revista Luces de Galicia e realizou as portadas de Floriram Cravos Vermelhos (1993), Evadne (1998) e Entre próspero e calibán (1998). Realizou exposicións individuais e participou en diversas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Militante do PSOE desde 1991, foi elixido deputado por Ourense no Congreso na sétima lexislatura (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesora. Doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela coa tese Gautier, Berceo, Alfonso X. Estruturas narrativas en la literatura románica medieval de carácter mariano (1992). Desde 1990 imparte clases de literatura e lingüística románicas nesta mesma Universidade. Escribiu As cantigas de santa María (2002), ademais de numerosos estudios, relacionados especialmente coa lírica trobadoresca tanto na súa vertente relixiosa coma profana; entre eles, o capítulo “A cantiga de amor” para Proxecto Galicia. Literatura. Idade Media (2000), e artigos como “La estrutura narrativa de las Cantigas marianas de Alfonso X”, “Aproximación a distintos tipos de análisis” (1990), “La metáfora en las designaciones de la lluvia” (1991), “Esquemas narrativos en las Cantigas de Santa María”, “Denominacións románicas de escaravello”, “Hacia unha tipología del milagro literario”, “Las personificaciones castellanas de las Cantigas de Santa María. Nuevas hipótesis”...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Antropólogo social. Licenciouse en Filosofía e Letras e Teoloxía e diplomouse en Psicoloxía Clínica e Pedagóxica. Profesor titular de antropoloxía social da Universidade de Vigo, dirixiu o Centro Asociado da UNED en Ourense, extensión Valdeorras (1996-2000). Entre outras obras publicou Antropoloxía dunha parroquia rural (1988), O afiador (1992), La gran pulpada gallega (1999) e Os saberes tradicionais dos galegos (2001). Recibiu os premios de investigación Otero Pedrayo (1984) e o XI Xesús Taboada Chivite (1998). Membro da comisión de antropoloxía do Consello da Cultura Galega, foi fundador e director do Laboratorio Ourensano de Antropoloxía Social (LOAS).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Médico especialista en cirurxía ortopédica e traumatoloxía, traballou na Ciudad Sanitaria La Paz de Madrid e participou nas reivindicacións dos MIR (Médicos Internos e Residentes), polo que foi despedido en 1975. Readmitido en 1976, ingresou en CC OO en 1977. Foi elixido secretario xeral de Sanidade (1981), secretario de Política Institucional (1987) e secretario xeral do sindicato CC OO (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista internacional. Formado nos equipos composteláns do Eiriñas, Basquiños e Santiago, marchou ao Turista de Vigo, club que o traspasou ao Real Club Deportivo de La Coruña en 1958. Contribuíu ao ascenso do equipo herculino a primeira división na tempada 1961-1962. Entre 1962 e 1963 participou en 4 partidos coa selección española, nos que marcou 3 goles. En 1965 fichouno o Real Madrid Club de Fútbol, no que permaneceu ata 1969 como integrante do equipo que se proclamou campión da liga en 3 ocasións (1967, 1968 e 1969) e da Copa de Europa en 1966. Despois pasou ao C. D. Ourense e rematou a súa carreira deportiva na A. D. Rayo Vallecano.
VER O DETALLE DO TERMO