"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado nas Ermidas (O Bolo) e pertencente ao bispado de Astorga. Está situado nun lugar rochoso onde a vida relixiosa se estableceu en diversas ermidas situadas ao abrigo das covas. Unha das primeiras fundacións puido ser realizada por san Froitoso no s VII. Trala invasión musulmá a imaxe da Virxe, venerada nunha das ermidas, escondeuse para evitar profanacións e roubos. A lenda conta que esta imaxe foi descuberta por uns pastores ao observar que o seu gando emitía uns sons estraños ao chegar á entrada da cova. Daquela construíuse unha capela a finais do s XIII ou comezos do s XIV. En 1624 Alonso de Mexía y Tobar, bispo de Astorga, enfermou e, ante a gravidade do seu estado, invocou a Nosa Señora das Ermidas e sandou. En agradecemento mandou construír unha igrexa, dependencias para os seus administradores e unha residencia para os peregrinos; ademais a diocese estableceu unha escola de latín e filosofía. O seu sucesor no bispado, frei Nicolás de Madrid, converteuna nun...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado en Antas (A Lama). Coñécese tamén co nome da Fonte Santa pois a tradición conta que a Virxe se apareceu á beira dunha fonte, onde se puxo unha imaxe dela. A tradición di que se ten que beber da fonte da Virxe e mais das outras nove porque teñen poderes curativos. Na carballeira da capela destacan dous palcos de música, de 1952 e 1960, e un cruceiro de 1982 cunha mesa ao seu carón para celebrar a misa. A festa celébrase o 5 de agosto.
-
-
Sen dicir nada.
-
Xogo infantil que comeza reunindo nun punto fixo, en círculo ou semicírculo, a varios participantes. A continuación faise un sorteo, acompañado da recitación dunha fórmula eliminatoria, para decidir quén vai quedar (apandar) e os que se van agochar. Ao que queda, chamado pandote, tápanselle os ollos e faise poñer de costas ao resto, que van fuxindo cara a un escondedoiro. Ao estaren todos agochados, lanzan un berro para que o pandote os busque. Se este encontra algún dos seus compañeiros, ocupará o seu sitio, de non ser así continuará el mesmo. OBS: Dependendo do lugar xeográfico onde se practique este xogo, pode recibir outras denominacións: pandote, pandas ou quedas.
-
-
RIOS
Río do N de Ecuador que drena as provincias de Pichincha e Esmeraldas. Nace da unión do Branco e do Guayllabamba, que baixan da Cordilleira Oriental andina. O seu val constitúe unha das rexións agrícolas máis ricas do país. Atravesa os outeiros de Quinindé e desemboca no Pacífico, á beira da cidade de Esmeraldas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Ecuador, situada na desembocadura do río Esmeraldas (117.722 h [1997]). O comercio e a industria son as bases da súa economía. Os principais sectores son o do petróleo (coa refinería máis importante do país), o alimentario e o madeireiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Ecuador, situada nos contrafortes dos Andes (15.239 km2; 389.967 h [1997]). A capital é Esmeraldas. A agricultura (bananas, arroz e café) e o turismo, son as súas principais actividades económicas.
-
ILLAS
Conxunto de illas gregas situadas no Mar Exeo, divididas nos arquipélagos das Espóradas Setentrionais e das Espóradas Meridionais. O primeiro, situado fronte á illa de Eubea, está formado, entre outras, polas illas de Skíathos, Skyros e Pélagos. O das Espóradas Meridionais, situadas fronte ás costas de Turquía, está formado polas illas de Samos, Quíos, Icaria e Rodas. A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas destes arquipélagos.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo grego. Discípulo de Aristóteles, estudiou na Academia e abandonou Atenas trala elección como escolarca de Teofrasto de Lesbos. Sistematizou e editou as obras de Aristóteles e foi autor de varios tratados sobre a historia da aritmética, da xeometría e da astronomía, dos que non se conserva ningún.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima da clase das hidrolases, que leva a cabo a separación dos aminoácidos dos extremos da cadea polipeptídica, mediante a escisión dos enlaces peptídicos das proteínas. A carboxipeptidase é un exemplo de exopeptidase que dixire as proteínas no intestino delgado. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
PERSOEIRO
Pintor. Traballou na catedral de Tui, onde fixo o dourado do altar da Expectación en 1728.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada o 11 de marzo de 1991 en Ferrol. A primeira xunta directiva estivo presidida por Xavier Carro Garrote, quen instaurou a celebración de campionatos provinciais de gaitas e un campionato nacional que terá lugar cada ano en Cabeza de Manzaneda. Nesta primeira etapa creáronse os seus diferentes órganos, entre os que destaca o Comité de Graduación como estamento consultivo-interpretativo e editouse o regulamento rexedor dos campionatos, que se comezaron a organizar en Xinzo de Limia. Nunha segunda etapa, contou coa presidencia de Fernando Dopico Blanco (1994-2000) e, posteriormente, de Manuel Garrido Rodríguez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación creada en 1986 co obxectivo de divulgar a música de banda como tal, a través de festivais e da súa publicación O son dun pobo; atender todo tipo de xestións de carácter administrativo, xurídico ou fiscal para conseguir que as bandas de música se atopen en situacións e condicións legais durante a realización das súas actividades musicais, formativas ou lúdicas; crear e fomentar a música para banda a través de festivais, concursos, composicións por encarga, intercambios, certames, etc; informar de todo aquilo que fai referencia ás bandas de música populares (concursos, prazas, oposicións, subvencións, certames); e formar as agrupacións como conxunto e os directores das mesmas coa intención de acadar un mellor nivel musical para elas.
-
PERSOEIRO
Músico. Comezou os seus estudios musicais con Eulogio López Masid, que continuou en Santiago de Compostela, Barcelona e Murcia, e perfeccionou en Portugal, Inglaterra, Italia e Suíza. Foi bolseiro da Xove Orquestra de Galicia e profesor da Orquestra da Comunidade Autónoma de Galicia, do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Ourense e A Coruña. Como fagotista, actuou coa Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia, Orquestra de Porto, Orquestra das Nacións e coa Orquestra da Radiotelevisión de Kiev. Director fundador da Masa Coral de Berres e director titular da Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia, dirixe, así mesmo, a Orquestra Sinfónica Reveriano Soutullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (Fernando IV; 1759-1806 e 1815-1816) de Sicilia (Fernando III; 1759-1816) e das Dúas Sicilias (1816-1825), fillo de Carlos VII de Nápoles. Recibiu os reinos de Nápoles e Sicilia cando o seu pai foi nomeado en 1759 rei de España (Carlos III). Formou parte da coalición contra Francia (1793) e o reino foi invadido polas tropas napoleónicas (1799), que fundaron a República Partenopea. Mediante a axuda dos británicos conseguiu reinar novamente e declaroulle a guerra a Francia. Perdeu o reino ante Napoleón (1806) e recuperouno en 1815. Reuniu os seus estados baixo o nome de Reino das Dúas Sicilias en 1816. A raíz da revolución de 1820, concedeu unha Constitución, que derrogou ao ano seguinte trala intervención da Santa Alianza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei das Dúas Sicilias (1830-1859), fillo e sucesor de Francisco I. O movemento revolucionario de 1848 obrigouno a conceder unha constitución, pero as divisións dos liberais permitíronlle non aplicala e levar a cabo unha forte represión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un morteiro de ouro.
-
PERSOEIRO
Pedagogo. Doutorouse en Pedagoxía (1998) coa tese Avaliación da calidade do programa Preescolar na Casa. Profesor titular da facultade de Ciencias da Educación, desde 1972 a 1988 organizou e animou varios grupos e asociacións xuvenís como Solpor, Sementeira ou Eira Nova e experiencias de educación infantil e xuvenil no tempo libre. Nesta época tamén impulsou a Escola Alento de Educadores no Tempo Libre, da que foi o primeiro director. Como mestre e pedagogo destaca o seu traballo formando parte do equipo do programa Preescolar na Casa (1977-1988). Contribuíu á creación do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Foi director da Escola Universitaria de Maxisterio (1991-1994) e vicedecano da facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (1997-2001). É vicepresidente do Consello Municipal de Educación de Santiago de Compostela, vicepresidente do padroado da Fundación Preescolar na Casa-Antonio Gandoy e secretario do padroado da Fundación Meniños....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado en Fentáns (San Xurxo de Sacos, Cotobade), nunha rocha granítica inclinada e orientada cara ao S. Os gravados sitúanse en dúas áreas escultóricas. Na zona N aparecen representadas unha combinación de círculos concéntricos con trazos pegados no seu anel exterior e unha serie de pegadas de cérvidos que se dirixen cara a ela e que polas diferencias no seu tamaño representarían distintos individuos. Na zona S está representada unha escena de caza, formada por sete figuras antropomorfas armadas, un conxunto de cérvidos e unha serie de ídolos cilindro. Na área central do conxunto hai que salientar a figura dun cervo macho de gran cornamenta no que se distinguen impactos de arma, un ídolo cilíndrico superposto lixeiramente á asta do cervo, e que parece que ten unha tatuaxe facial, e unha figura antropomorfa que porta na súa man esquerda un pequeno escudo e na dereita unha espada corta de grandes dimensións. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1974.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acueduto romano situado en Tarragona. Construído na primeira metade do s I d C, consta de once arcadas na parte inferior e vinte e tres na superior. Sobre a arcada superior pasa un canal aberto que levaba a auga a Tarraco. Empregouse durante a Idade Media. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1905.
-
SERRAS
Pequeno sistema montañoso que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Camba (Laza) e Pradoalbar (Vilariño de Conso). Esténdese en dirección SL-N e culmina nos 1.705 m de altitude do Seixo, no seu extremo setentrional.
VER O DETALLE DO TERMO