"EUR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 354.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina psicofisiolóxica que estuda as relacións entre a actividade mental e o comportamento e as estruturas cerebrais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico que está especializado en neuropsiquiatría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade médica que se ocupa do conxunto das afeccións nerviosas, mesmo daquelas que non teñen unha base orgánica demostrable. Esta especialidade é froito da existencia de teorías organicistas que propugnan unha rigorosa asimilación das enfermidades mentais a afeccións encefálicas. O progreso das ciencias médicas permitiu unha delimitación cada vez máis grande de ambas as dúas especialidades, que diferencian tanto o obxecto de estudo como os métodos de análise.
-
-
Relativo ou pertencente aos neurópteros.
-
Insecto da orde dos neurópteros.
-
Orde de insectos holometábolos, da clase dos pterigotos, que inclúe especies de talle mediano ou groso, de ata 15 cm coas ás despregadas. Son insectos tipicamente depredadores, sobre todo as larvas, que se alimentan de parasitos forestais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da bioquímica que se encarga do estudo das substancias químicas que interveñen nas reaccións nerviosas responsables da transmisión do impulso nervioso. Estuda a interacción que se produce entre os distintos neurotransmisores, así como a acción protectora que diferentes substancias teñen sobre os efectos neurotóxicos que se producen en distintas condicións fisiolóxicas e toxicolóxicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sutura das cabezas dun nervio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do nervio óptico e da retina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección mental que se caracteriza por desordes funcionais, que non exclúen unha posible orixe orgánica. A neurose considérase como unha desorde leve da personalidade sen desorganización grave da conduta e o seu síntoma xeral máis importante é a angustia. Á inversa do que ocorre nas psicoses, os síntomas no neurótico poden non representar unha mudanza radical na interpretación do mundo exterior. As máis importantes son as de angustia, as histéricas de conversión, as histéricas disociativas, as fobias e as neuroses obsesivo-compulsivas. OBS: Tamén se denomina psiconeurose.
-
-
Secreción que producen as terminacións nerviosas.
-
Substancia secretada pola terminación nerviosa de certas células do cerebro ao torrente sanguíneo que provoca a liberación de hormonas trópicas do lóbulo anterior da hipófise.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afectación sifilítica do sistema nervioso tanto polo que respecta ao parénquima ou ao mesmo tecido nervioso como ao mesénquima (os vasos sanguíneos e as meninxes). Prodúcese no período terciario da enfermidade, e nela destacan a tabe dorsal e a parálise xeral progresiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo celular da neurona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona peptídica, constituída por 13 aminoácidos, que se localiza especialmente nas neuronas do cerebro e nas células secretoras intestinais N, cuxos efectos son o aumento da glicemia e a diminución da tensión ao modificar a secreción da insulina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección mental que depende da actividade do sistema límbico e do sistema vexetativo, que se caracteriza por presentar respostas de ansiedade e hiperreactivas e por amosar unha maior fatiga física e mental.
-
-
Relativo ou pertencente á neurose.
-
Que ou quen padece neurose.
-
Comportamento anómalo que está motivado pola perda de harmonía nas estruturas da personalidade. Segundo as tendencias a que está predisposto cada individuo, este pode reaccionar en forma histérica, neurasténica ou obsesiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sección cirúrxica dun nervio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escalpelo especial que se utiliza na disección dos nervios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina que produce lesións no sistema nervioso. As máis coñecidas son a tetánica e a botúlica. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente químico que é producido polas células presinápticas, por efecto dunha excitación neuronal que atravesa a sinapse e estimula ou inhibe a célula postsináptica. Prodúcese dentro do corpo celular, almacénase en vesículas na rexión sináptica e transmite o impulso nervioso a través das sinapses. O seu estudo permitiu atopar moitos fármacos axeitados para o tratamento de trastornos psíquicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia que presentan algúns microbios ou as súas toxinas a fixarse nas estruturas do sistema nervioso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que actúa sobre o sistema nervioso.