"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

  • Soldado cristián ao servizo dos musulmáns. Orixinalmente, o termo designou as familias cristiás de orixe hispánica que se estableceron no N de África, fundamentalmente en Marrocos, dende o s VIII. Os seus descendentes volveron a Castela a partir do s XIV para instalarse definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fanfurriñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo e dirixente obreiro. Foi uns dos creadores da Dirección Central das Sociedades Obreiras (outubro de 1868) e o principal animador, a partir de 1869, do Centro Federal de Sociedades Obreiras de Barcelona (1869). Ao principio estivo moi ligado ao republicanismo federal, pero posteriormente converteuse nun dos máis destacados anarquistas de Catalunya. Foi membro da Alianza da Democracia Socialista (1869), secretario da sección barcelonesa da I Internacional e director do xornal La Federación, de Barcelona. Participou nos congresos obreiros de Barcelona (1870), Córdoba (1872) e na Internacional da Haia (setembro de 1872). Formou parte dun consello federal clandestino da Federación Rexional Española da Asociación Internacional do Traballo (AIT) e participou na fundación da Federación de Traballadores da Rexión Española (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas revoltas ou mal amañadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. farangallo.

    2. Auga conxelada que cae cando neva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que non coida o seu aspecto externo e se viste con fargallos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Dakota do Norte, EE UU, na beira dereita do Red River (74.111 h [1990]). É un importante centro metalúrxico. Fundada en 1871 tralo desenvolvemento do ferrocarril Northern Pacific. Recibiu o nome dun dos pioneiros deste ferrocarril, William G. Fargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Pertencente ao grupo da Nouvelle Revue Française, seguiu a tradición da poesía romántica. As súas poesías (Tancrède, 1894; Poèmes, 1912) e as súas prosas poéticas (Le piéton de Paris, 1939), relaciónanse co simbolismo de Verlaine e co onirismo surrealista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo brasileiro. Licenciado en Dereito na Universidade de Recife, foi catedrático de Lóxica no Colexio Pedro II de Rio de Janeiro. Concibiu a filosofía como o medio para investigar os grandes problemas que atinxen á existencia humana, buscou eliminar preconceptos e falsas esperanzas, a través do método da introspección, de tal xeito que proporcionasen un coñecemento fundamental e verdadeiro que lle permitira ao home enfrontarse directamente á vida e á morte. Das súas obras destacan O mundo interior; ensaio sôbre os dados gerais da filosofia do espírito e Finalidade do mundo; estudos de filosofia e teleologia naturalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Guionista e profesional da radio e televisión, destacou como autor de literatura para adultos e tamén no eido da literatura infantil. Publicou, entre outros libros, Puente de cáñamo (1962), El hombre pervertido (1975), Años difíciles (1983), El barco de los peregrinos (1984), El estanque de las libélulas (1987), Los apuros de un dibujante de historietas (1988), Desde el corazón de la manzana (1989), Carmela (1992), Cando Arturo escapou da casa (1993), Á sombra do mestre (1996), A pousada do sétimo día (1998) e Os camiños da Lúa (2000). Recibiu o Premio Nacional de Guións en 1973 e o Premio Nacional de Literatura Infantil en 1980 por Algunos niños, tres perros y más cosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Comandante aéreo dos aeroportos de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. Exerceu como xefe de escuadrón na Academia General del Aire de San Javier e como xefe de estudios na Escuela Nacional de Aeronáutica e na Escuela de Especialistas del Aire de León. Ademais, detentou a xefatura da 5ª sección do Estado Mayor do Mando Aéreo Táctico. Recibiu a cruz do Mérito Aeronáutico en dúas ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Haryāna, India, na aglomeración urbana de Delhi (613.828 h [1991]). Fundada en 1607 por Shaikh Farid, constituíuse como municipio en 1867. Do seu patrimonio cultural destacan o val de Badkhal e a tumba de Baba Farid, lugar de peregrinación para a poboación local.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pos que se obteñen despois de moer os grans dos cereais, especialmente o trigo, o centeo e o millo. Ten como compoñentes principais o amidón e o glute. O glute, que é insoluble en auga, ten consistencia elástica, e está constituído fundamentalmente por proteínas, como a gliadina e a glutenina, que lle dan á pasta as súas propiedades durante o proceso de panificación. Na tradición oral recóllense ditos como: “Comín fariña por engordar e saíume por cea e por xantar. Derramando fariña non se goberna a casa miña. Onde non hai fariña nin relón, todos roñan e todos teñen razón. En abril e maio fai fariña para o ano.”

      2. fariña centea

        Fariña de centeo.

      3. fariña integral

        Fariña á que non se lle quita o farelo.

      4. fariña milla

        Fariña de millo.

      5. fariña triga

        Fariña de trigo.

      1. Po ao que quedan reducidas algunhas materias sólidas.

      2. fariña de liño

        Pos, obtidos das sementes do liño, que se empregan en medicina para a elaboración de emplastos.

      3. fariña de ósos

        Adobo obtido de ósos de animais previamente descarnados e desecados.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en lugares como Neda, Moraña, Meis, Mugardos ou Vilariño (Cambados). As súas armas levan, en campo de azul, nove besantes de prata, postos en aspa, e catro cruces trevoadas, de ouro, colocadas nos ocos. Outros traen, en campo de azul, nove monllos de fariña, postos en aspa, e nos catro ocos, unha cruz baleira, de ouro. Outra variante presenta escudo axadrezado de quince pezas, sete de azul e oito de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Dirixiu escavacións arqueolóxicas en diversos puntos de Galicia. Colaborou, entre outras publicacións, en Boletín Auriense, Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial e El Museo de Pontevedra. Foi autor de obras como Estudios de numismática romana (1973), Pazos, torres e curral do Bispo de Ourense (1994) e Xesús Ferro Couselo: ensinante, galeguista, arqueólogo, erudito, investigador, o protector do noso patrimonio cultural (1996); e coautor, entre outros, de Museo Arqueolóxico, Ourense (1995) e O convento de San Francisco de Ourense (2000). Membro do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Cultivou a poesía e o xénero dramático, e colaborou en publicacións da época como Lar ou Terra con títulos como “Ilusión”, “Pétalos líricos” ou ”Vida truncada”. Da súa produción destacan Cadencias (1922), Hosanna: bajo el cielo porteño (1931), Por España y para España! El libro del combatiente. (1937), Seara (1924), Margarida a malfadada e O soldado froita e outros diálogos e monólogos. No eido da literatura dramática é autora do drama Margarida a malfadada, do diálogo cómico O soldado Froita e outros diálogos e monólogos e da zarzuela en tres actos O avarento, con música de José Jané.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e profesor. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Valladolid, e en Políticas e Económicas, pola de Madrid. Doutorouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela co estudo “La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del Bautismo, Penitencia, Eucaristía y Matrimonio”. Foi funcionario do Corpo Técnico da Administración do Estado e do Corpo Técnico do Instituto Nacional de Previsión de Pontevedra, ademais de profesor de ensino medio en Ferrol, Pontevedra e Ourense, e maxistrado de traballo en Pontevedra. En 1934 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. É autor de numerosos traballos de investigación, como “Notas sobre motivos ornamentales visigóticos: El ladrillo con relieves”, “Los normandos en Galicia” ou “El Monasterio de Montederramo: estudo histótico-artístico”. Escribiu O libro da heráldica galega (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Doutor en Dereito, ingresou no corpo de secretarios da administración local. Despois de ocupar diversos destinos, foi xefe de estudios do Instituto de Estudios de Administración Local e presidente do Colegio Oficial de Secretarios de Ayuntamientos. En 1981 a Xunta designouno oficial maior para a sesión constitutiva do Parlamento de Galicia. Das súas publicacións destacan Carballiño. Poemas ao xeito vello pra unha vila nova (1957), Cando Colás foi á lúa (1969), Co sorriso nos beizos (1969), O mesón do birollo (1971), A feira do Carballiño (1981), Tiroliro a sete voces (1984), Golfaróns de sangue (1989), Os concellos galegos (1991-1993) e A parroquia rural en Galicia (1996). Recibiu, entre outros premios, o Centolo de Ouro (1972) e o Otero Pedrayo (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Traballou a pintura figurativa e a paisaxe ao óleo e o acrílico sobre tea. Realizou exposicións en diversas cidades galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO