"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1322-1328) e de Navarra (Carlos I, 1322-1328). Terceiro fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra, sucedeu ao seu irmán Filipe V. Apoiou ao Papa Xoán XXII contra o emperador romano-xermánico Luís IV de Baviera e tamén o seguiu no favor prestado ao infante Filipe de Mallorca, titor de Xaime III, contra os designios de Xaime II de Aragón. En 1324 levou a cabo frutíferas campañas no ducado de Aquitania, coñecidas como Guerra de Saint-Sardos. Con el extinguiuse a liña masculina dos Capetos directos. A reivindicación dos dereitos do seu neto Eduardo III de Inglaterra iniciou a Guerra dos Cen Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e crítico musical. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador e presidente dende 1996 da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director e membro do consello de redacción dende 1998 da revista Cavatina. Colaborador como crítico musical nas revistas especializadas Scherzo, Ópera Actual e Ritmo, e nos xornais La Voz de Galicia e Diario 16. Ademais de participar en distintas publicacións no campo da medicina, é autor de artigos e programas de man para a Universidade de Santiago de Compostela, Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Festival Mozart da Coruña, Asociación Galega da Lírica, entre os que destacan “Da música sacra de Mozart: a obriga, a ocasión e a vocalidade” (Festival Mozart 2000, 2000), “A canción e a cantata ao redor de Johann Sebastian Bach” (Bach 2000, 2000), “Beethoven: o popular en miniatura” (O Lied e a Canción de Cámara...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. Construíu a primeira máquina frigorífica de compresión e ideou o uso do amoníaco como fluído frigoríxeno. Realizou diversos estudios sobre o transporte de alimentos conxelados e deseñou en 1875 o barco Paraguay, onde se transportou por vez primeira carne conxelada dende Bos Aires a Le Havre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Real Sociedad de Amigos del País de Santiago de Compostela, onde foi discípulo de Xosé Fenollera. Formou parte da chamada Xeración Doente. Trasladouse a Madrid cunha bolsa concedida pola Deputación da Coruña e alí coñeceu a Sorolla, do que foi discípulo, ao tempo que traballaba no obradoiro de Manuel Domínguez. Protexido por Montero Ríos, foi nomeado restaurador do Museo del Prado. Durante os seus anos de formación realizou álbums de debuxos e obras nas que representaba personaxes populares retratados con realismo como La Cabeza de anciano. En Madrid amosou a súa preocupación polo realismo social en obras como Víctima del trabajo (1899). Desde 1900 abandonou a temática social para achegarse aos modelos franceses dominantes neses anos e realizou obras nas que predominou unha fonda preocupación polo luminismo propio de Sorolla, que incidiu nunha evolución da paleta desde as gamas azuis (Anciano sentado a la luz de la luna) ata os ocres, terras e laranxas en lenzos que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Irlanda do Norte, no Reino Unido (77 km2; 28.400 h [1981]), situado ao NL de Belfast. A capital é Carrickfergus (22.885 h [1991]). Trátase dunha pequena estación balnearia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma clínica da bartonelose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Licenciado en Dereito, foi profesor de Dereito Político e Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdelegado do ministerio de Obras Públicas e Urbanismo na Coruña e xerente da gran área de expansión industrial de Galicia. Senador polo PSOE na lexislatura 1977-1982, ocupou o cargo de tenente de alcalde da Coruña e de alcalde interino tralo cesamento de Domingo Merino. Deputado no Parlamento galego entre 1982 e 1996, formou parte da Asemblea de parlamentarios que aprobaron o Estatuto de Autonomía e da comisión mixta de transferencias da Xunta de Galicia ás deputacións. Pertence ao Consello Consultivo de Galicia. Membro da Asociación de Estudios Galegos, do Seminario de Estudios Galegos, da Asociación Española de Ciencia Política e Dereito Constitucional e da Asociación Española de Estudio do Dereito Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do departamento de Dereito Público e Teoría do Estado e vicedecano da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. É autor de numerosos artigos dedicados ao estudo da autonomía de Galicia. Recibiu o Premio Vittorio Emanuelle II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. É autor, entre outras obras, da Escola d’Alts Estudis Mercantils de Barcelona (1961) e da Escuela de Telecomunicaciones de Madrid (1960-1971). Recibiu a Medalla de Ouro da IX Triennale di Milano (1956) e o premio ao mellor pavillón na Feira de Nova York (1964-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia que tivo lugar na cidade de Casablanca entre o 14 e o 24 de xaneiro de 1943, e na que participaron Churchill, Roosevelt e De Gaulle, mentres se desenvolvía a Segunda Guerra Mundial. Co obxectivo de establecer futuras estratexias comúns, decidiuse a invasión de Italia despois de rematar as operacións en África, a intensificación dos bombardeos americanos en Alemaña e a esixencia dunha capitulación sen condicións de Italia, Xapón e Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor cinematográfico. Coñecido como Fernando Rey, traballou no cine, na televisión, no teatro e na radio. Os seus filmes evolucionaron dende as realizacións históricas da posguerra ata o surrealismo. Da súa numerosa produción cinematográfica cómpre citar: Agustina de Aragón (1950), Cómicos (1954), Viridiana (1961), Tristana (1969), French Connection (Conexión francesa, 1971), Le charme discret de la bourgeoisie (O discreto encanto da burguesía, 1972), Ese obscuro objeto del deseo (1977), Bearn (1983), El aire de un crimen (1988), coa que conseguiu o premio de mellor actor no festival cinematográfico de San Sebastián, e Madregilda (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñecido como Luís Ksado, deu a coñecer a súa obra fotográfica a partir dos anos trinta. Aos seis anos de idade trasladouse a vivir a Ourense, e xa con dez anos entrou como aprendiz no estudo fotográfico de Xosé Pacheco. En 1915 estableceu o seu propio estudo na rúa do Vilar, en Santiago de Compostela, e nos anos vinte abriu outro obradoiro fotográfico en Vigo.   Colaborou en numerosos medios como Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Galicia e Vida Gallega. En 1911 foi correspondente de El Nuevo Mundo. Ao longo da súa vida publicou fotografías en distintas publicacións españolas como ABC, Agora, La Esfera, Mundo Gráfico, LaVanguardia, Céltiga e noutras arxentinas como La Nación, La Prensa e Diario de la Marina. Expuxo en Ponferrada, Betanzos, Vigo, Bos Aires e Madrid. En 1928 editou Estampas Compostelanas, unha colección de fotografías que incluía monumentos, rúas e panorámicas da cidade compostelá. Relacionouse co círculo de intelectuais galeguistas do Seminario de Estudos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde da súa cidade natal (1916-1917 e 1925-1927), promoveu a celebración do I Congreso de Estudios Gallegos (1919) e organizou, por vez primeira en Galicia, cursos de extensión universitaria impartidos por catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela. No seu último período na alcaldía realizou un notable labor construtor, reflectido nos edificios da Audiencia Territorial de Galicia, a Delegación de Facenda, o Banco de España, o edificio de Correos e o Cárcere. Desde o concello xestionou a creación de bibliotecas anexas aos monumentos dedicados a Pondal, Concepción Arenal e Rosalía de Castro. Autor de numerosas obras e folletos sobre temas diversos, destacou no eido do dereito e da lexislación e publicou, entre outras obras, Causa del crimen de las Grañas del Sor (1902) e El Código del menor. Índice de normas jurídicas para la protección de menores. Informe presentado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Discípulo de Gabriel de Las Casas, rematou o claustro da catedral de Lugo (1709-1714) que comezara en 1705 o seu mestre. Nesas datas deseñou os púlpitos desta catedral, fundidos en Santiago de Compostela polo broncista francés Miguel Jardines en 1712. En 1711 foi nomeado mestre de obras da catedral compostelá e recibiu o encargo de terminar as obras que Domingo Antonio de Andrade deixara inacabadas: a Casa da Conga e a sancristía da catedral que, baixo a advocación da Virxe do Pilar, se converteu na capela funeraria do arcebispo Monroy (1713-1724). Así mesmo, co obxecto de embelecer o empalme entre a fachada do Tesouro e o lenzo meridional do claustro da catedral, erixiu entre 1717 e 1720 unha fachada coñecida como o Esconce de Praterías. Por iniciativa de Monroy ampliou o Colexio das Orfas de Santiago (1711), reemprendeu a obra da igrexa das Capuchinas da Coruña e probablemente trazou o campanario do convento de San Domingos de Betanzos (1714-1715). En 1727 proxectou a reconstrución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Estarque Casás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Loitou en México, Cuba e Santo Domingo (1862-1871). Dominou a insurrección cantonalista de Cartagena (1873) e destacou na Terceira Guerra Carlista. Foi ministro da Guerra (1887) con Sagasta, deputado por Cartagena e senador por Canarias. Propuxo unha polémica reforma militar que non foi aprobada e dimitiu en 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador portugués. Marchou á India en 1528, onde permaneceu dez anos. Neste período recolleu a información coa que elaborou a súa Historia do descobrimento e conquista da Índia pelos portugueses (1551-1561), en dez volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado do Tribunal Supremo. Foi subsecretario do Ministerio de Cultura, secretario xeral do Instituto de Cooperación Iberoamericana, director xeral de RTVE e presidente do Banco Hipotecario. Exerceu como profesor de Dereito Civil e Mercantil na Escuela de Inspección Financiera y Tributaria e no colexio universitario Cardenal Cisneros. No eido político foi deputado e senador por Madrid. Entre as súas obras figuran: La Constitución como fuente de derechos, El recurso de amparo constitucional, La potestad reglamentaria del Consejo General del Poder Judicial, El papel de la cultura en la España de los 80, Estado y RTVE e El mercado Hipotecario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi cabo de milicias de Galicia e publicou a obra Historia del Apóstol de Jesús Christo, Patrón y Capitán de las Españas (1610?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecta e deseñadora. Entre 1959 e 1973 estivo asociada con Ignazio Gardella e exerceu a docencia no Politécnico de Milán (1984-1986) e na Domus Academy (1985). O seu labor como deseñadora centrouse na creación de mobles en material plástico. Traballou nas revistas Casabella, da que foi redactora xefe, e Architectural Digest. Recibiu a Medalla de Ouro da VIII Bienale di Milano.

    VER O DETALLE DO TERMO