"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as forzas expedicionarias do Exército Español con base no acuartelamento de Figueirido (Vilaboa). Destacadas dende 1994 no territorio da antiga Iugoslavia como cascos azuis para o desenvolvemento de misións de mantemento da paz, baixo o control das Nacións Unidas (UNPROFOR).
-
-
de agrupar.
-
Disposto formando un grupo ou conxunto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que reúne ou agrupa.
-
-
Acción e efecto de agrupar ou agruparse.
-
Unidade asociativa dentro da organización escolar, na que os rapaces e rapazas de todas as idades atopan a continuidade e a coordinación que esixe o proceso educativo.
-
División do intervalo que comprende todas as observacións dunha serie estatística en pequenos intervalos iguais. Cada un destes intervalos constitúe unha clase. O número de observacións dentro dunha clase chámase frecuencia deste intervalo.
-
Proba de tiro con arma de fogo (carabina, pistola, etc) consistente en reunir ao redor dunha referencia escollida o maior número de impactos cunha provisión de municións dada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de cooperación europea, constituído por persoas ou empresas pertencentes a dous ou máis estados. Os membros son responsables solidaria e ilimitadamente.
-
-
Reunir elementos nun ou máis grupos.
-
Colocarse en grupo, formando un conxunto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de agre.
-
IGREXAS
Igrexa románica do concello de Carballedo con nave e ábsida rectangular cuberta por unha bóveda de canón apuntada sostida por un arco faixón. Neste edificio, construído arredor do 1220 ou 1225, destaca a influencia dos modelos de basas, capiteis e ventás de Santa María de Oseira, mosteiro cisterciense ao que estivo vinculada dende 1207. Outro dos trazos característicos de Aguada é a diversidade de motivos figurados: serpe atacando a un peixe, arpías, aves afrontadas e figuras humanas portando obxectos nas súas mans.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa da parroquia homónima do concello de Barro. Románica de nave única e capela semicircular, conserva interesantes temas esculpidos, tanto nos capiteis do seu interior (nun deles aparece un músico), como nos da porta principal e o seu tímpano, con figuras humanas e animais. Na súa porta occidental denótase unha clara influencia da arte do obradoiro mateano, polo que debeu de ser construída cara ao final do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Orde real prusiana creada no ano 1701 por Federico I, Elector de Brandenburgo, cando foi coroado Rei de Prusia.
-
PERSOEIRO
Bispo de Lugo que destacou pola súa tendencia altruísta a prol dos pobres, para os que crearía na capital luguesa a casa das Hermanitas de los Pobres. Fundou tamén o Seminario Maior de xeito que o edificio antigo quedou como sede do convento franciscano. En 1909 foi nomeado Arcebispo de Burgos e en 1911, ao ser designado titular da Sé de Toledo, recibiu o capelo cardenalicio como Primado de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Victoria María Benedictsson
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. Discípulo de R. de Lassus en Múnic (cara ao 1582) e de A. Gabrieli en Venecia (1584). Foi un dos primeiros en facer uso na Alemaña do novo estilo do baixo continuo. Escribiu Sacrae Cantiones, Canzonette spirituale, misas, cantigas sobre letras litúrxicas latinas e obras para órgano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo que designa a variante rexional do final do Neolítico da cerámica de bandas na bacía de París.
-
PERSOEIRO
Astrónomo norteamericano. Realizou un estudo sistemático das estrelas dobres, das que descubriu unhas 4.500. Publicou o New General Catalogue of Double Stars (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade multinacional holandesa con sede en Arnheim, produto da fusión en 1964 de dous grupos da mesma nacionalidade. É, sobre todo, unha empresa química: fibras artificiais, produtos farmacéuticos, pinturas, e outros materiais.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela -A Mancha, na beira do Texo (2.797 h [1996]). Cultivos de cereal e vide. Xacementos de xeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ter fame, devecer pola comida.
-
Desexar algo ardentemente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo da parroquia de Alba, no concello de Pontevedra. A antiga edificación era unha obra románica que foi substituída en 1593 por outra mandada construír polo Arcebispo San Clemente. Da primitiva fábrica medieval tan só se conserva unha inscrición moi desgastada.