"ICE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 774.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de displicente.
-
-
Que amosa falta de interese, entusiasmo ou afecto.
-
Que se caracteriza polo seu mal humor.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos ditiosteliomicetos.
-
Fungo da clase dos dioctiosteliomicetos.
-
Clase de fungos mixomicetos formados por células vexetativas ameboides que, no momento de frutificar, se xuntan formando un pseudoplasmodio. Encóntranse no humus, na madeira en descomposición e no esterco de herbívoros. Comprende catro xéneros e o máis frecuente deles é Dityostelium.
-
-
PERSOEIRO
Economista. Profesor na Cambridge University e dirixente do partido comunista, estudiou a transición do feudalismo ao capitalismo e a orixe deste último. Entre as súas obras, destacan Studies in the Development of Capitalism (Estudios sobre o desenvolvemento do capitalismo, 1946) e Economic Theory and Socialism (Teoría Económica e Socialismo, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento do Paleolítico superior fóra de covas, en forma de grupos de habitacións, descuberto en 1947 ao NL de Hustopeče, na rexión de Brno. Dátase entre o 28000 e o 26000 a C. Ao carón localizouse un gran depósito de ósos de mamut e o sepulcro dunha muller co cadáver en posición fetal. Tamén se atoparon figuras animais de terra cocida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero carnívoro, do xénero Mustela, de entre 15 e 33 cm de lonxitude entre a cabeza e o corpo, cunha cola que varía entre os 4 e 13 cm. Presenta un pescozo longo, corpo alongado, flexible e cilíndrico, e patas moi curtas con cinco dedos; a cabeza é aplanada e o fociño curto, con orellas pequenas e arredondadas. Os machos poden pesar entre 60 e 170 g, e as femias entre 40 e 65 g; estas son de menor tamaño ca os machos e teñen oito glándulas mamarias. O dorso e a totalidade da cola é de cor acastañada clara -que no inverno se torna máis intensa- e a parte ventral de cor branca. O nariz é negro. As poboacións que viven en zonas frías adquiren unha cor totalmente branca no inverno, feito que lles facilita a camuflaxe entre a neve. Ademais, estas donicelas son máis pequenas ca as de zonas máis quentes. De cando en vez nacen individuos albinos. En catividade acadan os dez anos de idade pero a lonxevidade media é dun ano. As femias poden entrar en celo entre xaneiro e principios de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos ornitomímidos, de ata 3,5 m de lonxitude. Presentaba as extremidades inferiores moi longas e esveltas, co cerebro e os ollos de gran tamaño. Eran animais veloces e intelixentes, que cazaban na penumbra dos densos bosques da actual Norteamérica, a finais do Cretáceo.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi correspondente de guerra e ministro de Cultura (1973-1974). Da súa produción destaca Les grandes familles (As grandes familias, Premio Goncourt 1948), Rendez-vous aux enfers (Cita nos infernos, 1951) e Le pouvoir (O poder, 1965). Tamén publicou Rois maudits (Os reis malditos), unha historia novelada dos Valois. Membro da Académie Française dende 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e filósofo. Investigou sobre a historia da ciencia e da cosmoloxía, baseándose sempre nas concepcións filosóficas de tipo positivista. Segundo el, calquera teoría física é un sistema de proposicións matemáticas deducidas a partir dun pequeno número de principios, que teñen por obxectivo representar, da forma máis simple, completa e exacta posible, un conxunto de leis experimentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado canadense. Foi xefe do Partido Conservador da provincia de Québec (1933-1935) e fundou a Union Nationale, partido co que foi primeiro ministro do goberno da provincia (1936-1939 e 1944-1959). Defendeu unha actitude autonomista fronte ao goberno de Ottawa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que está formado por dúas partes.
-
Aplícase ao mosteiro ou convento cunha comunidade de relixiosos e outra de relixiosas.
-
-
Que finxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal durilignosa constituída por arbustos e matogueiras de follas duras, típicas da rexión mediterránea do S de Europa, como o maquis ou a garriga, de África do S, do centro e sur de Australia ou en diversas zonas de América, como California e os Andes de Perú e Bolivia, onde recibe a denominación de chaparral.
-
PERSOEIRO
Politicólogo e sociólogo francés. Profesor de socioloxía política na Universidade da París desde 1955. Aplicou o enfoque sociolóxico á análise dos temas constitucionais e está considerado como o introdutor dos conceptos micropolítica e macropolítica no ámbito da ciencia política. Colaborou en Le Monde, Le Point e Le Nouvel Observateur. Escribiu, entre outras obras, Les partis politiques (Os partidos políticos, 1951), Sociologie politique (Socioloxía política, 1966), Institutions politiques et droit constitutionnel (Institucións políticas e dereito constitucional, 1970) e L’Europe dans tous ses états (Europa en todos os seus estados, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter liberal aparecida en Ourense o 1 de abril de 1870 e que cesou a súa edición o 8 de outubro do mesmo ano. Subtitulouse “Revista semanal de literatura y ciencias” e, a partir do nº 11, “Revista semanal de literatura, ciencias y política”. A dirección estaba a cargo da xunta directiva da Academia de Literatura e Ciencias, constituída no Liceo ourensán e presidida por Xoán Sieiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Agustín Moldes e, a partir do nº 11, nos de Francisco Paz. Entre os seus colaboradores figuraban Xoán Manuel Paz, Alejandro Quereizaeta, Xosé García Mosquera, Antonio Valcárcel, Cesáreo Fernández e Arturo Soria. A temática era variada, trataba temas de literatura, ciencia, filosofía, economía, relixión e incluía unha crónica política. No eido literario inseriu un poema en galego de Xosé García Mosquera no último número.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Licenciouse en Medicina na University of Pennsylvania en 1954. Logo de exercer a medicina no corpo médico do exército estadounidense (1955-1957), ampliou a súa formación na Rockefeller University, onde exerceu como profesor dende 1960, data na que se doutorou. En 1927 obtivo o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, conxuntamente con R. R. Porter, polos estudios sobre a estrutura dos anticorpos. Descubriu que estas macromoléculas resultaban da unión, por enlace de xofre, de dúas cadeas proteicas, unha lixeira e outra pesada. Tamén traballou na aplicación da espectroscopía de fluorescencia ao estudo das proteínas e no desenvolvemento de novos métodos de separación de moléculas e células. As novas liñas de investigación dirixiunas cara ao estudo da estrutura primaria e tridimensional das proteínas, da estrutura e funcionamento de mitóxenos das plantas e da superficie celular. Publicou a triloxía Neural Darwinism: The Theory of Neural Group (1987), Topobiology: An Introdution...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e xornalista. Exerceu a carreira militar por diversos países americanos e chegou ao grao de comandante de infantería. Fundou os xornais El Pabellón Español, en México, La Integridad Nacional, en Puerto Rico, e La Unión Constitucional e La Legalidad en La Habana. Tralo seu regreso a España, formou parte da redacción de El Correo Militar e fundou La Voz de la Patria. Escribiu Los asturianos en el Norte y en Cuba (1876 e 1893) e Memorias íntimas de un periodista español.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como médico militar na Armada. Dos seus poemas, espallados por distintas publicacións da época, destacan “As follas secas” e “A miña nai”.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. De estilo románico, construíuse na segunda metade do s XII. Ten unha soa nave e unha ábsida, as dúas de planta rectangular. Cóbrese cunha bóveda de canón. A fachada consta dun arco de medio punto peraltado con tres arquivoltas tóricas, ventá rectangular e espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo francés. Estudiou no Conservatorio de París, no que posteriormente exerceu a docencia, e foi discípulo de E. Guiraud. Foi autor de obras dramáticas como Prométhée enchaîné (1918), Salamine (1928) e Amphitryon (1936), música sinfónica e sonatas. Así mesmo, escribiu Histoire de la langue musicale (Historia da linguaxe musical, 1911) e biografías de músicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e administrador. Enviado a América, foi gobernador e comandante xeral de Cumaná (1792-1804) e Xosé I Bonaparte nomeouno capitán xeneral de Venezuela (1809). A Junta Central Suprema confirmouno no cargo e trala proclamación de independencia venezolana (1810), expulsárono do país.
VER O DETALLE DO TERMO