"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • División do núcleo da célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cariocinese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñecían os teólogos anglicanos do s XVII, especialmente os que viviron en tempos de Carlos I (1625-1649) e de Carlos II (1660-1685).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante francés. Entre 1540 e 1560 traballou co grupo manierista de Fointainebleau, e entre 1573 e 1581 en París. No campo do debuxo destacan os seus 28 cartóns da tapicería de Ártemis (1562) e os 28 debuxos do compendio para a historia de Francia. Entre as súas pinturas sobresaen: As matanzas dos triunviros. Augusto e a Sibila do Tibur (1580?), O triunfo do inverno (1569?) e O triunfo da primavera (1569?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido artisticamente como David Carradine, conseguiu un dos seus maiores éxitos na serie de televisión Kung Fu (1972-1974). Traballou con directores de renome, como Ingmar Bergman ou Martin Scorsese, e realizou traballos como guionista, realizador, produtor e incluso, compositor de bandas sonoras. Interpretou, entre outras películas: Taggart (1964), The Serpent Egge (O ovo da serpe, 1978), Río abajo (1984), Bird on a Wire (Dous paxaros a tiro, 1990) e The Robinson’s New Adventure (As novas aventuras da familia Robinson, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Formouse na State University de Colorado. Pertence á saga familiar dos Carradine e estivo moi ligado aos círculos liberais de Broadway. Interpretou, entre outros filmes: A Gunfight (O gran duelo, 1971), Welcome to the L.A. (Benvido a Los Angeles, 1976), The Long Riders (Foraxidos de lenda, 1980), The Ballad of Sad Cafe (A balada do Sad Café, 1991) e A Thousand Acres (Douscentos acres, 1998). Gañou un Oscar á mellor canción pola longametraxe titulada Nashville (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como John Carradine, traballou xunto co director John Ford e fundou unha saga familiar de actores coñecidos a nivel mundial. Interpretou, entre outros filmes: The Sign of the Cross (O signo da cruz, 1932), The Garden of Allah (O xardín de Alá, 1936), Drums Along the Mohawk (Corazóns indomables, 1939), The Hound of the Baskervilles (O can dos Baskerville, 1939), The Grapes of Wrath (As uvas da ira, 1940), House of Dracula (A mansión de Drácula, 1945), The Adventures of Huckleberry Finn (As aventuras de Huckleberry Finn, 1960), The seven minutes (Os sete minutos, 1971), The Sentinel (A sentinela, 1977), Revenge (Vinganza, 1986) e Buried Alive (Enterrado vivo, 1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Profesor de dereito político e de teoría do estado, director do Instituto de Estudios da Administración Local e membro do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas. Forma parte do corpo de letrados do Consejo de Estado, do corpo de secretarios de administración local e do corpo de técnicos da administración civil e do estado. Foi presidente da comisión de sanidade e asistencia social do I Plan de Desarrollo (1959), procurador en Cortes e secretario xeral técnico do ministerio da Gobernación. En 1973 foi nomeado director xeral da Administración Local e en 1974 ministro da Presidencia, cargo que exerceu ata marzo de 1975. En 1976 participou na formación de Alianza Popular (AP) e foi elixido deputado por este partido nas Cortes constituíntes de 1977. Entre 1982 e 1986 exerceu como vicepresidente segundo do Congreso de los Diputados. Colaborou nas revistas Documentación Administrativa, Ciencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento xurídico da Hispania romana pertencente á provincia Tarraconense, aparecido despois da reorganización administrativa de Augusto no 27 a C e con capital en Cartago Nova ou Cartago Espartaria. Converteuse en provincia durante o goberno do Emperador Diocleciano entre os anos 297 e 305 d C, e comprendía a costa mediterránea da Península Ibérica desde Sagunt, ao N onde limitaba coa Tarraconense, ata o golfo de Almería, ao S, onde limitaba coa Bética, e incluía o antigo territorio dos oretanos, dos carpetanos e parte dos celtíberos, ademais das Illes Balears desde o 385. A división perdurou durante o reino visigodo, ata o 554, cando unha parte do territorio foi conquistada polos bizantinos, que a incorporaron á Mauritania Secunda. A outra parte da provincia comprendía Toledo, que se converteu en capital do reino visigodo. Despois da reconquista dos visigodos (615-624), a provincia recibiu tamén o nome de Cartaxinense Espartaria e, probablemente, os de Aurariola e Oróspeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia eclesiástica Cartaxinense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación territorial eclesiástica tamén denominada Cartaxinense ou Cartaxinense Espartaria (ss VII-VIII), baseada na provincia romana civil correspondente. Toledo era a súa metrópole. Desapareceu definitivamente durante a época islámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cartago ou aos cartaxineses.

    2. Individuo dun pobo fenicio que habitou a cidade de Cartago.

    3. Pobo de raíz fenicia, tamén denominado púnico, que tivo como centro a cidade de Cartago, no actual territorio de Tunes. Orixinariamente era unha factoría comercial que os fenicios estableceron no Mediterráneo central e occidental e, excepcionalmente, chegou a ser unha colonia de poboamento. Durante os ss VII e VI a C espallaron a súa influencia sobre outras colonias fenicias, na costa do N de África, ao O de Cartago, e no estreito de Xibraltar. Desde o s VI a C toparon coa competencia grega e mantiveron unha serie de guerras cos gregos de Sicilia, que acabaron sen unha conquista total malia estableceren factorías no oeste da illa. A política expansiva cara ao Occidente dirixiuna a familia dos bárquidas: Amílcar Barca, Asdrúbal e, sobre todo, Aníbal, pero viuse atrancada pola nova potencia que se creara no Occidente, Roma. As loitas entre cartaxineses e romanos orixinaron as tres Guerras Púnicas. A primeira (262-241 a C), acabou coa consolidación do dominio romano en Sicilia; a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada no centro histórico de Vigo, entre a praza de Almeida e a rúa Real. Construída en estilo renacentista a finais do s XV ou principios do s XVI, consta dun corpo rectangular feito en granito e a falta de adornos dos muros rómpese coa presenza de dous escudos: un cadrado coas armas dos Fitado e outro curvo coas dos Pazos de Figueroa. Na fachada sur está situado un balcón apoiado en ménsulas de pedra. A rehabilitación, realizada en 1997, para acoller o Instituto Camões afectou tamén á torre ou casa de Ceta, á casa dos Pazos de Figueroa e a unha pequena casa da rúa Real. Todo o conxunto conforma o local da institución portuguesa que conta con biblioteca, aulas, salas de exposicións, cafetería e dependencias administrativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e narrador. Cursou estudios de dereito na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa obra poética comprende os libros: Rexistro de menores espantos (1973), Os preludios (1980) e   Libro de Caldelas (1982). Algúns dos seus poemas foron musicados por Miro Casabella, como “O meu país”, ou por Bernardo Xosé, como “O afiador”. Realizou en colaboración co seu pai, Manuel Casado Nieto, unha escolma de poetas europeos titulada Mostra antolóxica de poetas contemporáneos (1981). Como narrador é autor das novelas O inverno do lobo (Premio Blanco Amor 1985) e Os brasileiros (1986). Xunto con X. M. Salgado publicou   X. L. Méndez Ferrín   (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi cirurxián da familia real e catedrático de Obstetricia do Real Colegio de San Carlos de Madrid (1814). Destituído en 1824 polas súas opinións políticas, foi rehabilitado tempo despois. Impulsou o plan de reforma do ano 1827 que uniu as ensinanzas de medicina e cirurxía. Entre os seus escritos destaca Memoria sobre el arreglo de la ciencia de curar (1836). En 1846 outorgóuselle o título de marqués de la Salud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de castiñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Castiñeiras, concello de Ribeira, situada fronte á praia do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada e praia da beira occidental da península do Grove, no litoral da parroquia de San Vicente do Grove, concello do Grove, comprendida entre as puntas de Pateiro, ao N, e de Borreiro, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia, baixo a advocación de san Mateo, do concello de Viana do Bolo. Pertenceu durante o Antigo Réxime á xurisdición de reguengo de Viana do Bolo, e incluíuse no seu concello ao establecerse en 1835. A finais do s XIX adscribiuse á parroquia de Sever.

    VER O DETALLE DO TERMO