"Icía" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto do ilustrado Xosé Andrés Cornide Saavedra Folgueira do que se conservan preto dun milleiro de folios inéditos no Arquivo Histórico de Galicia, en Betanzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución establecida en aplicación da Constitución promulgada en Cádiz o 19 de marzo de 1812 para o goberno do Reino de Galicia, constituído en provincia. Integrábana un presidente e un vicepresidente (designados polo goberno), sete vocais en representación de cada unha das antigas provincias (Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui), ademais dun secretario e dun vicesecretario. Constituíuse o 19 de marzo de 1813 en Santiago de Compostela, cidade que xa fora sede da Xunta Xeral do Reino de Galicia, á que a nova deputación substituía. Asumiu competencias na creación de concellos consonte o novo sistema municipalista de ordenación territorial, cálculo e recadación de tributos, e elaboración do catastro. Converteuse na instancia intermedia entre o poder central e as administracións municipais, xa que as sete provincias tradicionais perderon calquera entidade orgánica que puideran ter con anterioridade á proclamación da Constitución, e no seu período de vixencia unicamente...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación gratuíta editada a partir do 1 de decembro de 1925 na Coruña e subtitulada “Revista mensual”. Dirixida por Horacio Rodríguez, contou coa colaboración de Alberto Insua, Félix Estrada, Xesús Carro García, Anxo do Castillo, Xoán Rof Codina, Ramón Fernández Mato, Luís L. Riobóo, Manuel Ortiz e Antón Villar Ponte, entre outros. Nos seus artigos incluíu información propagandística da casa patrocinadora, pasatempos e novas referidas a temas de Galicia e Hispanoamérica. Na súa sección “Figuras del Parnaso gallego”, inseríronse biobibliografías de Aurelio Aguirre e Manuel Lugrís Freire, así como diversos poemas. Xunto coas edicións normais publicou números extraordinarios, como o aparecido en xullo de 1926, referido de forma íntegra a Galicia e subtitulado “Fiestas de verano en Galicia”, no que contaba coa colaboración de Ramón Otero Pedrayo, Enrique Hervada e Narciso Correal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do latín Domitianus, de orixe discutida. Unha hipótese faino derivar de domus e dunha divindade que protexía a presenza da muller na casa do seu home. Tamén hai quen pensa que podería vir da voz domitus ‘rendido’, forma derivada do verbo domare ‘domar’. Con este nome figuran no santoral san Domiciano de Huy (s VI), bispo de Langres, e san Domiciano de Mitelene (s VII), bispo desta cidade de Capadocia. A súa festividade celébrase o 9 de agosto.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (81-96). Fillo de Vespasiano, sucedeu o seu irmán Tito. Venceu os catos (83) e iniciou a construción dunha liña de fortificacións ao longo da fronteira romana, os Campos Decumanos, entre o Rin e o Danubio. Enfrontouse a Decébalo (86) e aos xermanos, e tivo que asinar un acordo de paz (89). No interior do Imperio emprendeu a reorganización e a centralización da administración e designou a membros da orde ecuestre para os principais cargos públicos. Loitou contra a corrupción dos gobernadores provinciais e legalizou a ocupación de terras. Para financiar os gastos do exército e a construción de grandes obras aumentou os impostos e promoveu a confiscación dos bens da aristocracia, que viu limitados os seus poderes no Senado. Acumulou os títulos de cónsul (82-88) e de censor perpetuo (85-96). A súa política de ataques e confiscacións á aristocracia provocou a revolta de Lucio Antonio Saturnino, lugartenente na Xermania Superior, durante a guerra na Dacia (89). Sufocou a revolta...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista visual. Licenciouse en Deseño e Audiovisuais na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. O seu traballo desenvolveuse no mundo audiovisual. Participou, entre outras mostras colectivas, na exposición Eidos 96, 97 e 98 en Ferrol, Artxove (Pontedeume, 1997-2001), no Premio de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos 1998 e 1999), no Premio de Gravado Máximo Ramos (Ferrol, 1999) e na mostra Funxibles e inventariables (Madrid, 2001). Acadou un accésit no I Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 2001) polo vídeo Narciso, 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. En 1970 ingresou na Universidade de Santiago de Compostela para estudar filosofía e letras e en 1999 na Universidade da Coruña na facultade de Ciencias da Educación. Empezou a colaborar en 1994 na Revista Educativa Padres y Maestros e publicou Cuentos para educar (1997), Soños de Carme (2000) e Voa cascuda! (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome étnico procedente do xentilicio de Dubris, cidade de Inglaterra. Celébrase o 14 de novembro.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación semanal aparecida en La Habana en 1917 e que cesou a súa edición en 1936. Dirixírona, sucesivamente, Manuel Gondell Linares, Manuel Fernández Doallo e Mercedes Bieito Bouza. Definiuse como “Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba”. Dedicou espacios á historia, á situación da muller na sociedade, á economía, e incluíu artigos sobre Galicia e América, xeografía, arte e literatura. Situada politicamente no ámbito das Irmandades da Fala, contou coa colaboración de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Lois Peña Novo, Manuel Banet Fontenla, Xoán Vicente Viqueira e Basilio Álvarez na súa “Páxina nazonalista”. No eido literario destacan os poemas de Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Ramón Cabanillas, Modesto Moure, Gonzalo López Abente e Eladio R. González. Entre os narradores cómpre salientar a Avelino R. Elías, E. Correa Calderón, Roxelio Rivero e Domingo Quiroga. Inseríronse tamén artigos de Concepción Arenal, Xoán Barcia Caballero, Xulio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán aparecida en Montevideo a partir de 1941. Subtitulouse “Casa de Galicia de Montevideo”. Contou coa colaboración de J. Martínez Garda e contiña información sobre as actividades ou proxectos da sociedade. Incluíu ilustracións, entre elas unha de Rosalía de Castro. Entre xullo de 1925 e maio de 1933 apareceu unha publicación co título de El Eco de Galicia, que pode corresponder á súa primeira etapa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación fundada en Santiago de Compostela por Antonio Neira Mosquera, que apareceu dúas veces por semana desde o 30 de febreiro de 1851 ata o 10 de marzo de 1852. Tiña como principal obxectivo a mellora da industria e do comercio da provincia, para o que presentaba a defensa dun liberalismo moderado e un rexionalismo insurxente. Unha das súas pretensións era defender a capitalidade de Galicia para Santiago de Compostela mediante un debuxo esquemático que aparecía na cabeceira do periódico, no que reflectía a súa localización xeográfica no centro de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación trisemanal fundada en Lugo por Manuel Vázquez de Parga Somoza en 1872. Dirixida por Víctor Castro Somoza, Nicandro García Taboada, Antonio Villamarín, Emilio Tapia Rivas e o seu propio fundador, contou coa colaboración de Lorenzo Gómez Quintero e Ramón Iglesias Camino. Interrompeu a súa publicación en 1875 e reapareceu en 1882. Comezou a súa terceira e definitiva etapa en 1891. Neste periódico, o conde de Pallares levou a cabo unha campaña sobre a “Cuestión Foral” e, xunto con Antonio Medina, outra sobre a “Construción del Ferrocarril, línea general del Noroeste”.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario fundado en La Habana polo xornalista Waldo Álvarez Insua o 8 de marzo de 1878. Dirixido por Eduardo Núñez Sarmiento, en compaña do seu propio fundador, cesou o 5 de outubro de 1901. Contaba con espacios dedicados ás ciencias, ás artes e á literatura, con colaboracións da autoría de Fortunato Cruces, Manuel García Barros, Antonio de la Iglesia, Lamas Carvajal, Galo Salinas, Luís Otero Pimentel, Lugrís Freire, Lisardo R. Barreiro, Eduardo Núñez Sarmiento ou F. Romero Blanco. No eido poético cómpre salientar os poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, A. García Ferreiro, Lamas Carvajal e Eduardo Pondal. Tamén se recollen traballos sobre literatura galega, como o de José Criado, titulado “Galicia y su literatura”; o de Salvador Lema sobre Queixumes dos pinos; o de Máximo Leyes Posse sobre “La poesía de la Edad Media”; e o de Emilia Pardo Bazán sobre Eduardo Pondal e Nicomedes Pastor Díaz. Entre 1885 e 1889 publicou como suplemento A gaita gallega, de Xoán M....
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario bilingüe de carácter liberal que apareceu en Montevideo o 13 de agosto de 1882 e que cesou o 2 de setembro de 1883. Defensor dos intereses de Galicia nas repúblicas do Mar del Plata, o seu redactor foi Xenaro Xoaquín Calvo. Incluíu poemas dos máis destacados autores do Rexurdimento galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación decenal fundada por Xosé Mª Cao Luaces o 7 de febreiro de 1892 en Bos Aires. No mesmo ano pasou a ser propiedade de Manuel Castro López, quen a dirixiu ata a súa morte en 1926. Mantivo un talante liberal e de compromiso co Partido Republicano Federalista, o que supuxo unha especial atención á información sobre a actualidade de Galicia e dos emigrantes galegos. Nas súas páxinas reivindicáronse a política e a lingua de Galicia, e defendéronse os intereses dos emigrantes repatriados en América. Incluíronse artigos dedicados a recesións, homenaxes e balances anuais dos libros editados en galego e castelán, con colaboracións de distintos escritores como Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Francisco Añón e Marcial Valladares. Inseríronse ademais relatos e poemas de Filomena Dato Muruais, Avelina Valladares, Benito Losada, Manuel Nóvoa Costolla, Roxelio Lois, Alberto García Ferreiro, Galo Salinas e Heraclio Pérez Placer. Como complemento desta publicación, Castro López...
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario católico aparecido na Coruña a partir de 1904. Cesou a súa edición en agosto de 1916. Dirixido polo sacerdote Xosé Martínez Zenitram, trátase dunha publicación relacionada co arcebispado. En 1913 tiña unha tiraxe que superaba os 2.500 exemplares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade irregular editada en Montevideo entre xullo de 1925 e maio de 1933. Subtitulouse “Órgano oficial de Casa de Galicia. Defensor de los intereses de la colonia gallega del Uruguay”. Dirixida por Ricardo Nóvoa, puido ter a súa continuidade nunha publicación da mesma sociedade aparecida a partir de 1941. Tirou do prelo 32 números.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico semanal de Radio Caracas. Emitíase todos os domingos entre as nove e nove e media da mañá, e anunciábase como un espazo informativo do Centro Galego de Caracas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez en Vigo no mes de outubro de 1979. Dedicada á edición de libros en lingua galega, pertence ao Grupo Anaya. Naceu coa vontade de abranguer todos os campos da comunicación impresa e para contribuír á normalización da lingua en Galicia. En 1980 creáronse as tres primeiras coleccións “Montes e Fontes”, “Ventobranco” e “Fonteliña”. A partir de 1981 comezou a edición de libros de texto para EXB. Nese mesmo ano incorporouse Luís Mariño Pampín á dirección editorial. O lanzamento dos libros de Bacharelato produciuse en 1982, coincidindo coa presentación de dúas novas coleccións “Extramuros”, para a edición de libros en castelán e “Arroás”, na que se incluíron libros ilustrados. Ao ano seguinte creáronse tres novas coleccións “Xabarín”, para a publicación de literatura xuvenil en galego, “Narrativa” e “Xerais Universitaria”. En 1984 convocouse a primeira edición do Premio Xerais de Novela, e resultou gañador Carlos G. Reigosa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada por un grupo de anarcosindicalistas galegos exiliados en Francia nos anos corenta do s XX, vencellados á Confederación Regional Galaica da CNT no exilio. Co seu selo publicouse o folleto do vigués Campio Carpio “Curros Enríquez: poeta épico de la España Heróica” (1949), cun prólogo de Miguel Vázquez Valiño, membro destacado do grupo editorial e da Confederación Regional Galaica no exilio.