"López" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 371.
-
GALICIA
Escultor. Recibiu unha bolsa para ampliar estudios sobre escultura relixiosa na Escuela Superior de Santa Isabel de Hungría, da que foi profesor. Foi catedrático e director da Escola de Artes e Oficios da Coruña e desde 1953 foi académico de número da Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario. Realizou Paisaje (1942) e Cabeza de joven (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Facendista. Foi director xeral de Timbre, subinspector xeral de Facenda e conselleiro delegado da Compañía Telefónica Nacional de España. Cultivou o xornalismo baixo o pseudónimo de Fantasio e escribiu El placer de amar (1909) e El camino de la dicha (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Porteiro de fútbol. No ano 1994 ingresou na canteira do Club Deportivo Lugo, onde permaneceu ata o 2000, ano no que asinou co Real Madrid como porteiro titular do Real Madrid C, na Terceira División. Na seguinte temporada foi cedido á Agrupación Deportiva de Alcorcón, na Segunda B e en 2002 regresou ao Real Madrid, onde pasou 3 anos entre o Real Madrid C e o B, co que conseguiu o ascenso á Segunda División. Na temporada 2005/06 saltou ao primeiro equipo como segundo suplente, debutando o 30 de abril de 2006 ante o Osasuna. Na temporada seguinte non xogou na Liga pero si na Copa do Rei. Dende a temporada 2007/08 xoga no Villareal CF, é porteiro titular, aínda que comezase como suplente. No 2008 foi elixido pola web oficial da UEFA como porteiro revelación da Liga española. Debutou na selección española en marzo do 2009
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Coñecido como Francisco López Barxas, colaborou en diversos periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16, El Mundo e El Sol, e revistas como Ínsula, Quimera e Leer; ademais, elaborou guións para a TVG, Top People News e Yurital News. Docente na Universidad Menéndez Pelayo (1984) e na Complutense (1990 e 1993), foi director de Xornal Diario (1991-1992), xefe de prensa do Consorcio de Santiago (1993-1996) e xefe de gabinete da Consellería de Agricultura (1998-2000). En 2004 é xefe de informativos da TVG. Publicou Mazurca para Camilo José Cela (1986), En torno a Antonio Machado (1988), a edición de La Cartuja de Parma de Stendhal (1988), Zelos no ofenden al sol (1988), Antología de la poesía gallega última (1991), en colaboración con César A. Molina, Eugenio Granell (1999) e Ferrán Pérez Churruchao (2001). Como...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Delegado de El Norte de Castilla en Zamora e de Diario 16 de Galicia en Santiago de Compostela, foi responsable de prensa na Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e na Consellería de Educación. É autor de O anano enredador (1992), Outros heroes (1993), Días de desterro (1996), A serea do deserto (1997), As aventuras das cores (1998), Catro pitas (2000) e Castiñeiro e compañía (2003). Recibiu o I Premio Novela Corta Ciudad de Alcorcón (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Estudiou química na Universidad de Granada e doutorouse na Universidad de Madrid en 1958. Foi presidente do Consello de Intervención do Estado na central nuclear de Lemóniz e gobernador por España no Organismo Internacional da Enerxía Atómica. Desde 1974 colabora coa Real Academia de la Lengua Española na definición de vocábulos científicos. Publicou numerosos traballos de investigación científica e divulgación, e é autor, entre outras obras, de Lexicoloxía nuclear (1974) e Dicionario nuclear (1979), ambos en colaboración con outros autores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Foi redactor gráfico de Gaceta Ilustrada (1970-1976), Cuadernos para el diálogo (1976-1978) e El Periódico (1978-1982). Director da edición española da revista Photo (1981) e fundador da revista Foto (1982), foi membro fundador do Foro de Editores Gráficos de Prensa e vogal no apartado de fotografía para a elaboración da vixente Lei de Propiedade Intelectual.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Comezou a expoñer regularmente en 1985. Ademais de colaborar en revistas especializadas, como Álbum, Arte Fotográfico e Diorama, expuxo a súa obra no Centro Nacional de la Cultura de La Habana, na Real Sociedad Fotográfica de Madrid e na Casa de Galicia en Madrid. En 1997 creou e dirixiu a galería Artegrafía, dedicada a expor obra gráfica en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. A súa obra reflicte unha realidade transformada por unha visión poética ou imaxinativa. Escribiu Celos del aire (1950), La venda en los ojos (1954), Nunca es tarde (1964) e La puerta del ángel (1986). En 1982 ingresou na Real Academia Española e en 1994 recibiu o Premio Nacional de Teatro e a Medalla de Oro de las Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Naturalista. Realizou numerosos estudios sobre fauna e contribuíu ao establecemento do coñecemento científico na Galicia da súa época. Mantivo contacto con moitos científicos notables da época, como Darwin, cos que colaborou dunha forma activa. Das súas obras destacan Fauna Mastológica de Galicia (1861-1863), Reseña de la historia natural de Galicia (1870), Identidad de Lacerta schreiberi (Bedriaga) y Lacerta viridis, var Gadwii (Boulanger) e investigaciones herpetológicas de Galicia (1884), Bosquejo histórico de la botánica española (1897) e Nouvelle espece de batracien anoure des Iles Philippines (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Desde 1815 foi membro da Sociedade Filosófica e foi un dos fundadores de El Europeo. Escribiu poemas neoclásicos, diversas novelas históricas, Los bandos de Castilla o el caballero cisne (1830), inspirada en Ivanhoe; a novela costumista Las señoritas de hogaño y las doncellas de antaño (1832) e Memorias del príncipe de Wolfer (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. En 1976 creou a empresa Ángel Lopez Soto SL (Alfrío), dedicada á importación e exportación de produtos do mar. En 1981 fundou a empresa Ibérica de Congelados, SA (Iberconsa) e en 1988 adquiriu a factoría Produtos Congelados S.A. (Procsa/Gelvigo). Membro da sociedade World Fish Site S.A., a primeira lonxa española de peixe en Internet, foi fundador e vicepresidente do Club Financeiro Vigo, que presidiu a partir de 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. En 1979 creou a compañía Teatro Xalgarete. Participou en espectáculos do CDG como Un soño de verán (1992), A fiestra valdeira (1995), Lugar (1998) e Xelmírez ou a groria de Compostela (1999). Tamén participou en espectáculos de Sarabela Teatro, Uvegá Teatro, Producións do Noroeste, Teatro do Aquí e Cachirulo, ademais de realizar diversos traballos para o cine e televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Estableceu os seus primeiros obradoiros tipográficos en Ferrol, entre 1836 e 1837, para trasladarse posteriormente á Coruña. Alí, en 1837, imprimiu Poesías de un gallego (anónimo) e Novena de la Virgen del Carmen (1841).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Participou na fundación da Misión Biolóxica de Galicia e investigou sobre a diabete e sobre o cultivo de tecidos. Destacou na defensa e catalogación do patrimonio arqueolóxico e como mecenas na defensa da cultura galega. Organizou exploracións naturalistas e viaxes arqueolóxicas a distintos puntos da xeografía galega e impulsou a catalogación dos pazos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. É doutor en Económicas e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu Cara unha visión crítica da economía galega (1975), Problemática nacional e colonialismo: o caso galego (1978), en colaboración con Francisco Rodríguez, Dialéctica do desenvolvimento: naçom, língua, classes sociais (1983), Estudio del sector forestal en Galicia (1989), O outro desenvolvemento (1990) e A Sede da terra: economía da áuga (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestra e escritora. É autora de Cantares (1983), unha achega á poesía infantil. Escribiu tamén a peza breve, O muíño baleiro (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Doutor en Filosofía e Letras e profesor titular na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, escribiu Precios do trigo, centeo e millo na segunda metade do século XIX en Galicia (1986) e La Población de Galicia 1860-1991: crecimiento, movimiento natural y estrutura de la población de Galicia (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi director artístico da Sociedad Literario-Musical Euterpe e colaborou no semanario Ecos del Eume, no que publicou versos humorísticos. Realizou un estudo completo da súa comarca, que foi aproveitado para os libros Historia de Puentedeume y su comarca e Pontedeume y la comarca. Postumamente, editouse Do tear esquecido (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor teatral e cinematográfico. Coñecido como Luís Tosar, na súa época de estudante coñeceu a Jorge Coira, co que traballou nas curtametraxes Contos de Alentraia: Tornabón (1994), As xoias da señora Blanconero (1994) e Matachín (1995). En Santiago de Compostela entrou en relación co teatro, e participou en diversas montaxes de Mofa e Befa e Ollomol, así como en varias producións do CDG, como Nau de amores (1995). En 1998 participou na serie de televisión Mareas vivas, que lanzou a súa carreira cinematográfica. Participou en diversas películas, entre as que destacan Trece badaladas (2002), O agasallo de Silvia (2002), O lapis do carpinteiro (2003) e La vida que te espera (2003). En 2000 estivo nominado aos Goya como mellor actor revelación pola película de Icíar Bollaín Flores de otro mundo. En 2003 conseguiu un Premio Goya por Los lunes al sol (2002) e en 2004 outro Goya e o Fotogramas...
VER O DETALLE DO TERMO