"Loxia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 396.

  • Parte da anatomía que estuda os músculos desde o punto de vista estrutural, morfolóxico e funcional e a súa disposición en relación cos elementos do esqueleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da entomoloxía que se dedica ao estudo das formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de estudos que fan referencia á actividade misioneira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aversión ao discurso ideolóxico ou ao razoamento ao xeito escolástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de mitos dun pobo, dun conxunto de pobos ou dunha zona xeográfica. Tamén pode facer referencia a unha relixión, divindade ou a unha obra literaria ou artística como a mitoloxía de Góngora ou Rubens.

    2. Ciencia que estuda os mitos. Pódense sinalar catro tendencias na investigación desde o último terzo do s XIX: a mitoloxía comparada, a escola antropolóxica, o simbolismo e o funcionalismo. A mitoloxía comparada, con Max Müller como principal representante, recorre ás etimoloxías e ás comparacións para chegar á raíz dos feitos que estuda, que considera como enfermidades da linguaxe. A escola antropolóxica inglesa tivo como representantes a E. B. Taylor, Andrew Lang e J. G. Frazer e optou por explicacións de tipo naturalista. Nestes enfoques de estudo dos mitos ten un papel importante o contraste entre as civilizacións chamadas primitivas e a grecolatina. O simbolismo fixa unha especie de universais míticos comúns a todas as civilizacións sen constituír ningún sistema e o funcionalismo atende ao contexto histórico-cultural sen fixarse tampouco no sistema, como na obra de Malinowski. Das correntes posteriores destacan a liña antropolóxica de base sociolóxica das análises de M. Mauss, que pretendeu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina fundamental de G. W. Leibniz en que defendeu que o Universo é un conxunto de mónadas. Expúxoa sistematicamente na súa obra Principia philosophiae more geometrico demonstrata (1714), máis coñecida como Monadologia. OBS: Tamén se denomina monadismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da fonoloxía que, segundo N. S. Trubeckoj, analiza a estrutura fonolóxica dos morfemas, estuda as modificacións fónicas de combinación que afectan aos morfemas en grupos de morfemas e decide a totalidade de mutacións fónicas con función morfolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da bioloxía que estuda a forma e a estrutura dos seres vivos, intenta explicar a disposición e a estrutura dos órganos, aclara o seu significado biolóxico e axuda na investigación da adaptabilidade e a reacción ante o medio.

    2. Parte da gramática tradicional que estuda as formas das palabras, independentemente das súas relacións ou funcións na frase ou oración, que constitúen o obxecto da sintaxe. A morfoloxía divídese en flexiva cando se dedica ao estudo das flexións gramaticais e léxica cando estuda o proceso de formación de palabras. A gramática clásica reservaba o termo flexión para designar a morfoloxía, e diferenciaba, ademais, outras dúas partes: derivación (ou formación de palabras) e sintaxe.

    3. Forma do relevo terrestre.

    4. Estudo das formas de calquera ciencia, ámbito ou materia.

    5. Forma que amosa a concentración parcelaria dun territorio.

      1. Parte da xeografía urbana que estuda a forma das cidades.

      2. Aparencia externa da cidade, formada pola trama das rúas e os espazos urbanos que orixinan o plano da cidade, polos seus edificios e pola función destas rúas e edificios que lle proporcionan unhas características determinadas de animación.

    6. Parte da botánica que estuda a estrutura e a forma das plantas e que inclúe a citoloxía, a histoloxía e a organografía vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo dedicado á arte popular relixiosa, situado na antiga casa dos condes Aldemira, en Allariz. A súa fundación debeuse á doazón da colección privada de arte sacra realizada por Aser Seara á vila. Presenta pezas do s XII ao XIX, principalmente románicas, góticas e barrocas. Destacan a colección de virxes románicas e góticas e as iconas da escola rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Vilalba. Trátase dunha fundación pública municipal rexida por un padroado e pertencente ao Consello Galego de Museos. Ten como obxectivos a investigación, custodia, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia. Conta cunha exposición permanente con restos das diversas culturas do noroeste peninsular desde as orixes ata a romanización e realiza mostras individuais e outras actividades. As súas investigacións céntranse na reconstrución paleoambiental do norte peninsular e a caracterización das sociedades paleolíticas e epipaleolíticas galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de teorías sobre os museos como institución e sobre a súa función dentro da sociedade. Tras a Primeira Guerra Mundial intensificouse en Alemaña a estruturación destas teorías que deron lugar á tipificación dos museos como expoñente dunha nacionalidade concreta. Georges-Henri Rivièr estruturou dunha maneira coherente os estudos museolóxicos, e xunto con Hughes de Varine-Bohan estableceu a teoría do ecomuseo. A museoloxía describe como os museos se desenvolveron ata o que son, prescribe como debe ser e define as súas estruturas de organización e actividades. Segundo esta concepción, a museoloxía divídese en tres ramas: a museoloxía xeral, que estuda o museo, a súa historia, o seu papel social, os seus sistemas de investigación, de conservación, de educación e de organización; a museoloxía especial, que examina os diferentes tipos de museos, e a museoloxía aplicada ou museografía, que se ocupa da técnica museolóxica, práctica utilizada polo museo para cumprir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de disciplinas que estudan a música como feito de cultura. Comprende numerosas ramas que son obxecto dunha grande especialización: a estética e a socioloxía musicais, a socioloxía e a psicoloxía do son, a mecánica dos instrumentos, a etnoloxía musical e a rama histórica, que estuda a evolución do ritmo, da melodía, do contrapunto, da harmonía, as formas e os xéneros musicais, e tamén a evolución dos instrumentos. Ciencias auxiliares da musicoloxía son a paleografía, a cronoloxía, a bibliografía e a iconografía, entre outras. En 1927 foi fundada en Basilea a Sociedade Internacional de Musicoloxía, entidade que publica a revista científica Acta Musicologica, e que ten celebrado congresos por todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artigo ou discurso breve que se escribe ou pronuncia en eloxio dunha personalidade defunta, xeralmente acompañado dunha breve biografía.

    2. Notificación ou lista onde se rexistran as persoas falecidas nun determinado período de tempo e lugar, que constitúe a sección dunha publicación periódica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que estuda as características e as patoloxías do ril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da zooloxía que estuda os nematodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da pediatría que se ocupa especialmente do neonato e dos seus trastornos no decurso do período que vai desde o nacemento ata o primeiro mes de vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da neuroloxía que estuda a fisioloxía, a bioquímica, a endocrinoloxía e a farmacoloxía do sistema nervioso. Estuda como as substancias mediadoras, os estimuladores neuronais e os neurotransmisores están relacionados coas alteracións do sistema nervioso, o psiquismo e as ciencias do comportamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia que estuda as relacións entre os sistemas nervioso e endócrino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da fisioloxía que estuda as funcións biolóxicas do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estuda a anatomía, a fisioloxía e a patoloxía do sistema nervioso. A súa orixe pode estar nos traballos dos ingleses Thomas Willis e Thomas Sydenham, aínda que adoita situarse o seu inicio moderno a comezos do s XIX, coas primeiras investigacións sobre a fisioloxía nerviosa de Magendie e Fluorens. No aspecto anatómico e histolóxico representaron un gran paso as investigacións de S. Ramón y Cajal e a formulación da teoría da neurona.

    VER O DETALLE DO TERMO