"Manuel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
PERSOEIRO
Escritor. Estudiou na Universidad Central, da que foi vicerrector. Posteriormente, foi director de Educación e Belas Artes no ministerio de Instrución Pública, ministro de Relacións Exteriores (1914) e ministro de Fomento (1916), embaixador en Italia (1919) e presidente dos estados de Nueva España e Sucre (1925 e 1926). Representante do modernismo en Venezuela, colaborou coas revistas Cosmópolis e El Cojo Ilustrado. Na súa obra, de carácter costumista, reflectiu unha concepción aristocratizante e esteticista, impregnada da súa formación francesa. En París, comezou a súa andaina como escritor con Sensaciones de viaje (Medalla de Ouro da Academia venezolana, 1896) e, posteriormente, publicou Confidencias de Psiquis (1897), Cuentos de color (1898), Sangre patricia (1902) e Camino de perfección (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Inspector de educación primaria. Realizou os seus estudios na Escuela Superior de Magisterio de Madrid e, a partir de 1921, exerceu o cargo de inspector-xefe de educación primaria na provincia da Coruña. Non obstante , durante a ditadura de Primo de Rivera, foi apartado do seu cargo e enviado a Huelva polas súas ideas republicanas. Durante a Segunda República regresou á Coruña ata que, co inicio da Guerra Civil, foi trasladado a Ávila, sen poder exercer cargos directivos dentro da inspección. Pouco despois foi afastado definitivamente da inspección e non foi ata os anos cincuenta cando se reincorporou á súa función profesional. En 1920 gozou dunha estancia de estudios pedagóxicos no Instituto Rousseau de Xenebra e, no ano 1921, visitou de novo varios países europeos para coñecer as súas realidades escolares, momento no que foi tamén a Londres; en 1930 volveu facer unha nova viaxe por varios países. Foi membro da Agrupación al Servicio de la República, dirixida por Ortega y Gasset, e despois...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidad Central de Madrid (1963), foi Director provincial do SERGAS en Lugo e deputado do Parlamento galego polo Partido Popular desde as eleccións do 2001, pola circunscrición de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Realizou, entre outras obras, a pintura do retablo maior da igrexa de San Mamede de Carnota (1791) e dos catro colaterais da igrexa de Bastavales (1795).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Gramático español. Coñecido co pseudónimo de El Misántropo, escribiu traballos de ortografía e gramática. É autor de Primera Gramática española razonada (1884), Tratado elemental de gramática española razonada (1885) e Nomenclatura de la gramática española (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro de camiños. Foi inspector xeral do Cuerpo de Ingenieros de Caminos e traballou en Ourense, onde participou na construción da estrada nacional N-120. Interesado pola arqueoloxía, dedicouse á investigación e estudiou do campamento militar de Aquis Querquennis e o Itinerario de Antonino. Foi vogal da Comisión Provincial de Monumentos Históricos de Ourense e colaborou no seu boletín, onde publicou “Epifanía latina en la provincia de Orense” (1906), “Los caminos antiguos y el itinerario número 18 de Antonino en la provincia de Orense” (1906) e, con Arturo Vázquez Núñez, “La epigrafía latina en la provincia de Orense”. Escribiu De Clunia a Intercocia, según el itinerario número 18 de Antonino (1916). Pertenceu dende 1908 á Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Mestre especialista en Ciencias Sociais, licenciouse en Xeografía e Historia (1997). Durante a súa etapa universitaria, na Ditadura, participou no movemento estudiantil, nos Comités de Curso, xermolos sindicais clandestinos, militando en Larga Marcha e en Información Obreira, para logo confluír no proceso de unificación no Partido de Traballo. Sindicalmente foi secretario xeral da UTEG, da Federación de Ensino da Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG), da súa comisión executiva, e da Confederación Intersindical Galega (CIG), e presidente da CIG ensino. Representou o profesorado galego en varias lexislaturas, tanto no Consello Escolar de Galicia como no Consejo Escolar del Estado. Tamén formou parte da dirección do PSG-EG e de UG. Non obstante , dende 1996 abandonou toda militancia sindical e política para dedicarse ao seu labor educativo como membro fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, dende o que promove a celebración do Día Escolar...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de música e literatura na Universidade Laboral e de galego e lingua e literatura española no instituto Otero Pedrayo de Ourense ata a súa xubilación. Cursou os primeiros estudios musicais con sor Luísa Galiano e despois continuounos no seminario de Ourense e con Antonio Jaunsarás. Foi mestre do coro masculino do instituto de Ourense e director da Coral Ruada (1955-1990), para a que compuxo música e letra de diversos temas populares e polifónicos. Colaborou no Boletín Auriense, con traballos como “Cinco villancicos del siglo XVI” ou “O primitivismo do alalá”. Parte da súa obra poética está contida en Sete poetas ourensáns (1992) e en Ourense craro río verde val, e moitas das súas composicións musicais editadas en traballos discográficos de diferentes artistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1916. Despois de traballar como funcionario de Facenda, trasladouse a Barcelona, onde exerceu como tradutor e guionista cinematográfico. Posteriormente, marchou a Madrid á redacción de El Liberal. De aí pasou a elaborar Estampa, a revista de maior difusión da época. Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi encarcerado na revolución de outubro de 1934. Unha vez en liberdade, marchou a París ata que decidiu regresar a España para axudar á recuperación da República. Co inicio da Guerra Civil exiliouse en México, onde foi secretario de redacción da revista Reconquista de España. Escribiu as novelas Lamentación (Premio de novela Gregorio Pueyo, 1922), En lo más hondo, Cándido, hijo de Cándido, Un hombre de treinta años (1933), El último pirata del Mediterráneo (1934), Los nuevos profetas (1942), La escuadra la mandan los...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Medicina pola Universidade Central. Catedrático de Hixiene e Sanidade na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, na Universidad Complutense de Madrid. Completou os seus estudios no Instituto de Medicina Preventiva do Exército, no Instituto Pasteur de París, no Tropeninstitut de Hamburgo e no Instituto Pasteur de Bruxelas, entre outros centros. Realizou investigacións sobre epidemioloxía e medicina xeográfica galega, en colaboración cos profesores da universidade compostelá Gestal, Daporta, Míguez e Fontán. Elaborou informes sobre os efectos das armas químicas no conflito Irán-Iraq, por petición do Secretario Xeral das Nacións Unidas, e formou parte da misión médica que se ocupou de estudar estes axentes en Angola en 1990. Colaborou de forma habitual en revistas especializadas. Membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de Farmacia, foi xefe de Sanidade Militar e Civil de Santiago e director do Hospital Militar da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Restaurador. Propietario do Restaurante Combarro de Madrid. Recibiu, entre outros galardóns, o Colar Internacional de Gastronomía, o Premio Nacional de Gastronomía e o Colar Gastronómico da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e comerciante. Colaborou en diversas revistas e xornais galegos. É autor de varias narracións breves. A súa peza dramática, A tola xuiciosa, recibiu o Premio de Teatro Abrente de Ribadavia en 1974.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Autor teatral e militante anarquista. Emigrou a Uruguay e actuou nos círculos teatrais de Montevideo, onde participou na creación da Universidad Popular (1931) e no Teatro del Pueblo (1936). A súa traxectoria estivo marcada pola preocupación social e a identificación coa cultura galega, que se plasmou na dirección da representación de O fidalgo, de Xose Luís Romero (1958), e na fundación da Compañía de Teatro Popular Galego (1962). Presidiu o Centro Republicano Español de Montevideo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gaiteiro. Aos dez anos acadou o primeiro premio nun concurso celebrado en Santiago de Compostela e en 1903 emigrou a Arxentina, onde fundou e dirixiu un grupo de gaiteiros. Actuou, entre outros teatros, no Teatro Colón de Bos Aires e gravou varios discos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Combateu contra os realistas (1810) e foi gobernador de Bos Aires (1820). Partidario do federalismo, foi desterrado polos unitarios, aos que se opuxo no congreso de 1826. Continuou a guerra contra Brasil, pero en 1828 asinou a paz e os dous países comprometéronse a respectar a independencia da Banda Oriental (Uruguay). Fusilárono na revolta do xeneral Lavalle.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Traballou en talleres de cantería en Lugo e Madrid. Restaurou monumentos do cemiterio de Millerada, entre outros, unha imaxe do Corazón de María enmarcada por columnas salomónicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e industrial. Foi alcalde da Pobra do Caramiñal por Unión de Centro Democrático (1972-1977, 1979-1983) e por Coalición Progresista Galega (1983-1990). Ocupou tamén os cargos de deputado provincial pola Coruña, pola UCD (1979-1983) e por CPG (1983-1987); e de deputado do Parlamento galego, polo Partido Popular, na terceira lexislatura (1989-1993), na que formou parte, entre outras comisións, das de Obras Públicas, Sanidade, Política Social e Emprego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto e político. Foi catedrático de Dereito Romano e de Dereito Mercantil na Universitat de Barcelona. Como vogal da Comisión Xeral de Codificación redactou a Memoria acerca de las instituciones del derecho civil de Cataluña (1883), alegato básico do ordenamento legal catalán. Foi deputado provincial (1856-1862), deputado a cortes, senador electivo e vitalicio. En 1899, no goberno presidido por Silvela, rexentou a carteira de Gracia e Xustiza. Entre as súas obras destacan Consideraciones sobre la historia de la ciencia del derecho (1863) e La escuela jurídica catalana (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido cos pseudónimos de Ego e Man D’Uval, comezou a súa andaina no mundo periodístico como redactor deportivo en La Integridad de Tui. Posteriormente, trasladouse a Ourense e colaborou no diario La Zarpa, nunha sección titulada “Mostacilla”. Na mesma cidade foi un dos fundadores da sociedade artístico-recreativa La Troya. Ao seu regreso a Vigo, ingresou no xornal El Pueblo Gallego, no que asinaba a sección “Pedradas” e na que reflexionaba en verso sobre temas locais.
VER O DETALLE DO TERMO