"Marc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 524.

      1. Poñer unha marca en algo ou alguén para distinguilo e recoñecelo.

      2. Poñer o prezo a un produto comercial.

      3. Facer que algo se distinga ou recoñeza mediante unha marca.

    1. Indicar un aparato cantidades ou magnitudes.

    2. Anotar un tanto.

    3. Accionar, no disco ou teclado dun teléfono ou noutro aparato dixital,un número.

    4. Servir de marca ou sinal para recoñecer ou indicar algo.

    5. Deixar marca sobre algo ou alguén.

    6. Facer que algo se distinga dun xeito destacado.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia central que está bañada ao L polo Mar Adriático, e comprende as provincias de Ancora, Áscoli Piceno, Macerata e Pesaro e Urbino (9.694 km2; 1.463.868 h [2001]). A capital é Ancona. Ten unha morfoloxía moi variada, predominantemente montañosa e culmina no Monte Vettore (2.478 m) nos Apeninos. Os principais cursos fluviais son o Metauro, o Foglia, o Esino, o Pontenza e o Trento. Os núcleos máis importantes son Ancona, Pesaro e Macerata. Destacan os cultivos de millo, trigo, forraxe, oliveiras e viña. A industria é modesta aínda que destacan algúns centros tradicionais como a industria téxtil e de cerámica en Pesaro e Recanati.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disulfuro de ferro, de fórmula FeS2. Cristaliza no sistema rómbico e ten o hábito tubular ou piramidal. É de cor amarela que escurece en contacto co aire e ten brillo metálico. Ten unha dureza de 6-6,5 e unha densidade de 4,89. É dimorfa da pirita. Preséntase formando maclas en forma de lanza ou crista de galo. OBS: Tamén se denomina pirita branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de marcar un xogador a outro do equipo contrario.

    2. Liña que indica a separación entre dúas terras.

    3. Procedemento mediante o que se substitúe un ou varios átomos dunha molécula por un indicador ou isótopo radioactivo. Deste xeito, a radioactividade destas moléculas permite seguirlle o rastro e as reaccións químicas que sofren. Para as aplicacións á química, á bioloxía e á medicina, disponse dun gran número de móleculas marcadas (por exemplo con  14 6 C e 36 16 S) que permiten estudiar cuantitativamente o metabolismo dunha serie de elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tempo desapracible e cambiante, en que se mesturan claros e chuvias, propio do mes de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer un tempo variable, propio do mes de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcel Mangel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Nomeado preboste dos mercadores de París en 1355, foi o representante principal da burguesía nos Estados Xerais iniciados en 1356. Foi membro do Conseil Municipal de París en 1358 e exerceu un poder persoal, ata que a súa morte, a mans dun axente da coroa, puxo fin á revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Participou no movemento da filosofía do espírito e o seu pensamento filosófico, que se iniciou a carón do idealismo, caracterizouse despois pola oposición máis rotunda a todo sistema. Das súas obras destacan Existence et Objectivité (1925), Journal métaphysique (1927), Être et Avoir (1935), Le Mystère de l’Être (1951), L’Homme problématique (1955) e Pour une sagesse tragique (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matrona . Foi a primeira en impulsar os principios do monacato. Foi cativa de Alarico. A súa festividade celébrase o 31 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, irmán de san Marcos. Morreu decapitado xunto co seu irmán durante a persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 18 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Merlín (Agolada). O seu cumio acada os 663 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa, filla dun funcionario imperial e irmá maior de santo Ambrosio e de san Sátiro, educados por ela. Aparece representada con dous nenos (os seus irmáns). A súa festividade celébrase o 17 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcelino Martínez Cao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio do mes de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (296-308). Foi mártir durante a persecución de Diocleciano xunto cun tal Pedro, segundo a inscrición atopada nunha catacumba romana. Viste de pontifical co sagrado palio e a tiara na cabeza e como atributos persoais leva o pergamiño e unha espada ou puñal. A súa festividade celébrase o 2 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Marcellinus, diminutivo de Marcellus e este de Marcus. Presenta os hipocorísticos Cheluco, Nucho, Manino (para o masculino) e Nucha e Manina (para o feminino). Destacan con este nome san Marcelino, que se celebra o 2 de xuño e santa Marcelina, que se celebra o 17 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Baña baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Acadou fama internacional coa súa obra mestra Estro poetico-armonico, unha colección de 50 salmos. Tamén compuxo a sátira sobre a ópera contemporánea Il teatro alla moda (1720), a pastoral Calisto in Orsa (1725) e as óperas Dorinda (1729) e Arianna. O seu irmán Alessandro Marcello (Venecia 1684-1750), foi violinista, discípulo de Tartini, e deixou música instrumental e relixiosa, unha cantata de cámara e concertos.

    VER O DETALLE DO TERMO