"Miguel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 298.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de El Salvador (2.077 km2; 455.270 h [estim 1997]). A súa capital é San Miguel (127.696 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario outorgado por Carlos II en 1698 a Fernando Arias Ozores, señor das casas de San Miguel das Penas e La Mota. En 1719 Filipe V estendeu o Real Despacho, co vizcondado previo de San Esteban de Oca, a súa irmá Constanza Arias Ozores (Lugo 1669, VII condesa de Amarante, considerada como a I marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. Iniciou co seu home, Andrés Gayoso Ozores e Sotomayor, a construción do pazo de Oca.   O título continuou nos seus descendentes directos ata a morte de Encarnación Gayoso de los Cobos e Téllez-Girón (1813-?) VI marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. O condado permaneceu vacante ata que foi rehabilitado en 1931 polo seu sobriño-neto Ignacio Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos (?-1948), VII marqués de San Miguel das Penas e La Mota e XVIII conde de Ribadavia, que cedeu o título a súa irmá Casilda Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Manzaneda baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave e capela rectangular. Destaca o arco triunfal con triplo arco abucinado, pero só o intermedio descansa sobre columnas, que teñen bases áticas e capiteis historiados. No capitel esquerdo atópanse tres figuras barbadas, con túnicas e aureolas arredor da cabeza; a do medio sostén un libro aberto diante do seu peito, agarrándoo coas dúas mans; e no dereito aparecen catro figuras humanas de características semellantes, pero unha está sentada e coas mans apoiadas sobre os xeonllos. Os cimacios están decorados con elementos fitomorfos moi estilizados. A porta principal ten dobre arquivolta de medio punto moldurada por medio de boceis e medias canas e rodeadas por unha chambrana de tacos. Están sostidas por catro columnas acobadadas que presentan capiteis de decoración vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no municipio de Gradelfes, na provincia de León, unha das máis representativas da arte mozárabe. Construída no s X, pertenceu a un antigo mosteiro. Ten planta basilical, con tres naves e tres ábsidas con planta de ferradura, e unha nave no transepto. Ten un pórtico lateral formado por doce arcos de ferradura, con columnas e capiteis doutros edificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Doutor en Ciencias Naturais pola Universidad de Madrid, en 1911 foi nomeado catedrático de Xeografía Física e Xeoloxía Dinámica da Universitat de Barcelona. En 1942 trasladouse a Madrid, onde foi catedrático de Petrografía e Estratigrafía. Director do Museo Nacional de Ciencias Naturales (1956-1961), fundou e dirixiu o Instituto Lucas Mallada do CSIC. Escribiu Las clasificaciones mineralógicas cualitativas y cuantitativas (1941) e Estudia de los minerales petrográficos (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Vicedo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Baralla. Construída sobre un castro aproveitando unha fortaleza medieval, conserva a ábsida románica, a bóveda de canón e capiteis historiados. Foi declarada BIC en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Penas (Monterroso). Ten forma de L, formado pola torre da homenaxe dun antigo castelo e o pazo propiamente dito. A torre ten planta rectangular, con tres pisos e soto, con seteiras e ventás nos muros. O pazo ten unha soa planta e patín. Está pechada por un muro cunha porta de acceso arquitrabada, flanqueada por escudos que fan referencia aos Ribadeneira e aos Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Rosal baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Tucumán, Arxentina, situada na rexión do Norte (527.607 h [2001]). Está situada na beira do río Salí, afluente do Dulce, e ao pé da cordilleira preandina. Ten industrias alimentarias, de materiais da construción e de calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Touro baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO