"Perez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 270.
-
PERSOEIRO
Escultor. As súas obras amosan unha preocupación pola integración no contorno urbano e xeográfico, amodo de restos arqueolóxicos dunha futura civilización. Reflite unha peculiar xeometría, que lle proporciona á escultura un carácter inédito. Inicialmente traballou co bronce e co ferro, despois incluíu o vidro e a escuma de poliuretano. Da súa produción destaca Mite.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Catedrático de Filoloxía Latina na Universidad de Granada, estudou nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, e completou a súa formación en Bruxelas e Amsterdam. Divulgador da cultura galega no ámbito universitario salmantino a través das “Semáns galegas”, estudou a obra de diversos poetas galegos, como Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Colaborador do CSIC e de diversas publicacións especializadas, como Cuadernos de Filología Clásica, Estudios de Filología Latina, Anuario de Estudios Americanos, Dorna e Grial, fundamenta a maior parte da súa obra no estudo da literatura latina, especialmente a dramática. Autor do poema Versos para Aurora (1999), dos seus estudos e ensaios cómpre salientar Terencio, Eunuchus (1977), Los historiadores imperiales, los emperadores y el teatro latino (1981), Vida del Emperador Enrique IV de Alemania (1983), de carácter histórico; El tragediógrafo latino Lucio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e músico. Como membro do Teatro Artello participou nos espectáculos Viaxe ao país de Ningures (1977), de M. Lourenzo, e A cantante calva (1981), de E. Ionesco; mentres que co Centro Dramático Galego participou en Woyzeck (1984), de G. Büchner, e Os vellos non deben de namorarse (1985), de Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Creador do Coro Gallego e da Sociedad Artística de Pontevedra, fundou tamén en Pontevedra as publicacións La Voz de Helenes e A Tía Catuxa, e colaborou en A Monteira, Galicia, O Tío Marcos e O Galiciano, ademais de exercer como correspondente de La Correspondencia de España. Escribiu Coleución de poesías gallegas dalgúns autores (1882), unha das primeiras antoloxías de poetas galegos con trinta e dous autores contemporáneos, Apuntes biográficos acerca de los Marinos Nodales, hijos de Pontevedra (1891) e Notas descriutivas sobre as romarías de Galicia (1896). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Tierra de Barros, ao S de Zafra (2.887 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría e no termalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intestino recto.
-
PERSOEIRO
Escultor. Con formación de canteiro, entre 1985 e 1995 traballou nos obradoiros de Francisco Leiro, Manuel Paz e Silverio Rivas. Elaborou as súas obras con diferentes materiais que mesturou. Resituou os obxectos de pedra en contextos non habituais e en diálogo con obxectos de chumbo ou madeira, e a partir de 1995 empregou a parafina, coa que realizou valeirados de figuras en series. Da súa produción destacan El peso de la vida (1994), Embalajes ou Tres peones (2000). Recibiu o Premio de Escultura Novos Valores da Deputación de Pontevedra (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, avogado e economista, conde de Campomanes. Foi ministro do Consello de Facenda e fiscal do Consello de Castela (1762). Xunto con Floridablanca promoveu o reformismo ilustrado nos últimos anos do reinado de Carlos III. Colaborou co conde de Aranda na expulsión dos xesuítas (1766-1767). Foi o máximo representante do regalismo de Carlos III, que defendeu en Tratado de la regalía de amortización (1765). Ademais, propugnou unha reforma agraria, reflectida en Memoriales ajustados de 1771 e 1784, promoveu a creación das sociedades económicas de amigos do país e definiu os obxectivos destas en Discurso sobre el fomento de la industria popular (1774) e en Discurso sobre la educación popular de los artesanos y su fomento (1775). En 1783 foi nomeado conselleiro de Castela e en 1789 presidiu as cortes que aboliron a lei sálica. Desde 1792 desempeñou o cargo de conselleiro de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi elixido deputado polo distrito de Padrón en catro ocasións entre 1918 e 1923, e pola provincia da Coruña pola ORGA (1931-1933) e polo Partido Republicano Radical (1933-1936). Formou parte da redacción da Constitución de 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e farmaceútico. Foi deputado na Deputación Provincial de Lugo entre 1979 e 1991, alcalde do concello de Bóveda (1984-1985), deputado do Parlamento de Galicia (1985-1999) e senador electo por Lugo (2000-2004). Presidiu e fundou a asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor (1991-1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Durante a Primeira Guerra Carlista e ata 1834 foi encarcerado por supoñer a súa afiliación aos carlistas e pola publicación de El secreto revelado (1827).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. En 1951 gañou o Premio Nadal con La noria (1952), que iniciou un ciclo de temas realistas e ligados a un mundo de baixos fondos. Posteriormente, publicou El cacique (1963, Premio Planeta) e diversas obras de carácter histórico, como Cara y cruz por la República (1980) e Por qué y cómo mataron a Calvo Sotelo (1983, Premio Espejo de España), xunto con obras en catalán como La finestra (1956), El carrer (1959) e Castell de cartes (1991, Premio Ramon Llull).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político, irmán de Xoán X. e Luís Rosón Pérez. Presidiu a Deputación Provincial de Lugo (1949-1951) e a Cámara Oficial Sindical Agraria de Lugo. Como procurador en Cortes en representación familiar pola provincia de Lugo durante a IX e a X Legislatura (1967-1977) defendeu o uso da lingua galega. Tivo unha grande actividade pública como incentivador e presidente de diversos movementos agrarios e cooperativistas en Galicia. Fundou a Agrupación Electoral Lucense, que se integrou en UCD (1977) pola que foi deputado por Lugo no Congreso de los Diputados na lexislatura constituínte (1977-1979) e senador electo pola mesma provincia na I lexislatura (1979-1982). No Parlamento de Galicia foi deputado por UCD (1979-1982) e por Coalición Popular (1982-1986). Presidiu a primeira Xunta preautonómica (1978), desde onde impulsou o Estatuto de Galicia, e o Parlamento de Galicia (1981-1986). Impulsor da tradución ao galego da Constitución de 1978, participou no consello de redación da Revista...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e avogado, irmán de Antonio e Xoán X. Rosón Pérez. Ingresou no exército en 1917 e no corpo de interventores en 1941. Acadou o grao de xeneral en 1975. Xefe da Intervención Xeral do Exército, en 1984 pasou á reserva e sufriu un atentado de ETA. Foi profesor no Instituto de Estudios Políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Politicólogo e político, irmán de Antonio e Luís Rosón Pérez. Foi secretario do Sindicato Español Universitario (1962-1964), conselleiro nacional de Educación (1964-1965), e director-coordinador e secretario xeral de Televisión Española (1964-1970). Foi gobernador civil de Madrid (1976) e ministro de Interior (1980-1981). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Cisneros e a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor. En 1809 asociouse con Pere J. Mallén e iniciou un negocio de libraría, que expandiu a moitos países. Introdutor de Rousseau, Chateaubriand e Saint-Pierre en España, durante o Trienio Liberal foi elixido deputado a cortes por València (1822-1823). Como secretario do Congreso de los Diputados defendeu a liberdade de imprenta e os dereitos de autor. En 1824 abriu en Londres a Spanish and Classical Library. Foi profesor do Ateneo Español e colaborou con Andrés Bello. Redactou unha Gramática de la lengua castellana (1830) e un Nuevo dicionario de la lengua castellana (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. En 1960 integrouse na empresa familiar Casa Claudio, fundada en 1889, que converteu na cadea de Supermercados Claudio, accionista do Grupo IFA SA, da que foi conselleiro e vicepresidente (1983-1988). Foi un dos fundadores do polígono de Pocomaco (1967) e ocupou diversos cargos na Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, entre eles o de vicepresidente primeiro desde 1982. En 1981 accedeu á presidencia do consello de administración da Caixa de Aforros da Coruña e Lugo e promoveu a fusión das caixas que deu lugar a Caixa Galicia, que tamén presidiu. Foi presidente de Superficies Comerciales Coruñesas SA (Superco SA) e conselleiro de Sodiga (1978-1982). Morreu asasinado polo GRAPO. Recibiu, a título póstumo, a Medalla al Mérito do Consejo Superior de las Cámaras de Comercio de España e a Gran Cruz da Real Orde de recoñecemento civil ás vítimas do terrorismo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista, conde de Torre Penela. Foi xuíz de Lugo (1836), oidor da Real Audiencia de La Habana (1849) e maxistrado decano da Audiencia de Manila (1869). Membro do Partido Moderado, foi deputado en Cortes pola provincia de Ourense (1839-1841, 1844-1846) e polo distrito de Bande (1850-1854, 1857-1858, 1863-1865). O seu irmán Manuel Pérez Sanjurjo , foi deputado polos distritos de Ordes (1853-1854) e Ponteareas (1857-1858) e pola sección da Coruña (1867-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e musicólogo. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e co gaiteiro de Penalta aprendeu a técnica de tocar pechado coa gaita. En 1903 ingresou no corpo administrativo do Ministerio de la Gobernación e iniciou un periplo profesional que o levou por distintos organismos públicos, dos que destacou o seu posto de Secretario do Goberno Civil de Ourense. Ao mesmo tempo investigou na música tradicional galega e colaborou con Casto Sampedro na elaboración do seu Cancionero Musical mediante a recompilación de melodías antigas e profundizou na técnica de fabricación de gaitas de forma artesá. En 1922 comezou a súa colaboración como gaiteiro no coro ourensán De Ruada, que durou ata 1927, co que participou en múltiples actuacións e para o que gravou varios temas. Tamén formou parte do coro Os Enxebres, co que realizou un importante labor de divulgación da música tradicional galega. En 1951 creou, grazas ao patrocinio de Antonio Fernández López, o Taller-Escuela de Instrumentos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Canteiro. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo e en Madrid. Estivo implicado no levantamento republicano de Juan B. Topete (1868) e foi deportado a Orán. Cofundador do Casino de Camposancos, traballou na Biblioteca e no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, na torre da igrexa de San Pedro de Burgueira (Oia) e, na Guarda, no convento de Carmelitas e nos palacetes de Eloy Domínguez e da familia Candeira, no Centro Sanitario, convertido no Centro Socio-Cultural, e na Casa das Torres en Camposancos.
VER O DETALLE DO TERMO