"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Alfonso Martínez de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de rede de área local que funciona como unha rede do modelo token-ring coa excepción de que as conexións entre os ordenadores non precisan estar en forma de anel.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción dunha curva. As características dun arco (lonxitude, corda, frecha) dependen da curva á que pertenza. No caso dunha circunferencia, mídense os arcos en unidades de ángulo e un arco vale igual ca o ángulo no centro que limita. O principal problema que se determina a propósito dun arco é o do cálculo da súa lonxitude. No caso dunha circunferencia de radio r, a súa lonxitude é s = rnπ /180 onde n é o ángulo en graos sesaxesimais. Na práctica, o cálculo da lonxitude dun arco dunha curva calquera de ecuación coñecida redúcese a unha integración.

      2. arco capaz dun ángulo dado

        Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α. A construción do arco capaz fundaméntase nas propiedades dos ángulos inscritos.

      3. arcos concéntricos

        Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.

      4. función de arco

        Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.

      1. Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco, como o anastomótico, o branquial ou o dental.

      2. arco angular

        Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.

      3. arco aórtico

        Cada un dos vasos circulatorios en forma de arco que se orixinan a partir da aorta ventral e que se reúnen para formar a aorta dorsal nos embrións dos vertebrados. Nos animais adultos perduran só nos peixes.

      4. arco cigomático

        Óso da meixela formado pola unión da apófise cigomática do óso temporal e o malar; é o punto de articulación do maxilar inferior.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario da Falange Española Tradicionalista y de las JONS, aparecido na cidade de Ourense en 1937.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego voceira da formación anarquista homónima, nada en xullo de 1980 na Coruña e subtitulada “Agrupación cultural O Facho”. Colaboraron nela Xavier Seoane, Nacho Taibo e Xaquín Villar, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anarquista en galego aparecida en Santiago de Compostela en 1981 e subtitulada “Pensamiento libertario gallego”. Foi coordinada e editada pola Federación Anarco-comunista Galega. Colaboraban Valentín Alvite, Margarita Ledo, Henrique Monteagudo, Dionisio Pereira e Albino Prada, xunto a outros autores que asinaron con pseudónimos como María Balteira e O Corsario Negro. Incluía debuxos de Misán, Xulio Gaioso e Gondar, e contiña diversos apartados, entre eles: “A lingua”, “Carta a Galiza”, “No agro”, “Apicultura” e “Cociña natural”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘barco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘embarcar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento construtivo característico da arquitectura gótica que transmite o impulso da bóveda da nave central aos contrafortes laterais. Tamén conduce a auga da chuvia fóra do recinto do edificio.

    2. Soporte de aceiro, en forma de V, soldado na parte exterior da cavidade, que ten exclusivamente a misión de soster a parte final da árbore da hélice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco de circunferencia que ten de cotanxente un valor dado. A súa abreviatura é arcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco de circunferencia que ten de cotanxente un valor dado. A súa abreviatura é arccotg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia mineral empregada polos oleiros, especialmente polos de Buño (Carballo, A Coruña), para vidrar os cacharros de barro. Realízase a partir do mineral en pedra que se reduce a po e se peneira; de seguido, bótase nun recipiente de barro e alí engádeselle auga aos poucos, remexendo ata obter o produto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alto maxistrado dalgunhas cidades gregas antigas. Na primitiva monarquía ateniense os arcontes epónimo e polemarca formaban un triunvirato vitalicio co Rei (basileo). Expulsados os reis, o seu número ascendeu a nove, e a súa xestión pasou a durar un ano (a partir do 680 a C). A elección era regulamentada polo areópago, no que se integraban ao rematar o seu mandato. As leis de Solón estableceron a reserva do cargo para as dúas clases sociais máis altas. No 487, Temístocles proscribiu a elección, pasando a sortearse o cargo. Baixo o goberno de Pericles (457), os zeuxitas, terceira clase social, acadaron o acceso ao cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia os cargos e as dignidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e científica. Estudiou Botánica e Anatomía, adheríndose ás teses de Voltaire, Lavoisier, etc. Entre as súas obras destacan Sobre a amizade (1761), As paixóns (1764), Vida de María de Médicis (1774) e o seu Tratado sobre a putrefacción (1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace a 480 m de altitude no lugar das Paxareiras. Antes de desembocar na marxe esquerda do Xallas atravesa o concello de Mazaricos tomando diversos nomes (rego das Viñas, río de Adraño ou rego Bao das Bestas) e recibindo augas de diferentes regueiros (rego do Bao, rego da Pedra Bilouro ou rego do Espiño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO