"RCA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 608.
-
ENTRADA LARGA
Comarca natural e administrativa do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as concas do río homónimo e a do Arnego, delimitadas por un conxunto de pequenos sistemas montañosos que a rodean polo L (serras do Farelo e do Faro), S (montes do Testeiro) e O (serra do Candán), e polo río Ulla, colector deses dous ríos, ao N. Abrangue unha superficie de 1.026,06 km2, nos que acolle 49.697 h (1996) distribuídos entre os concellos de Agolada (147,5 km2; 4.915 h), Dozón (74,18 km2; 2.538 h), Lalín (326,62 km2; 20.515 h), Rodeiro (154,8 km2; 4.578 h), Silleda (167,84 km2; 9.572 h) e Vila de Cruces (154,87 km2; 7.624 h). Limita ao N coas comarcas de Arzúa e de Terra de Melide, ao L coa Ulloa e Chantada, ao S co Carballiño e ao O con Tabeirós-Terra de Montes e con Santiago. A cabeceira comarcal é a vila de Lalín, favorecida polo seu emprazamento central no conxunto da comarca e por ser nó das comunicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida nos anos vinte do s XIX na Coruña. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Sebastián Iguereta.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa setentrional, situado entre o mar do Norte, ao O, e o Mar Báltico, ao L, e entre o continente europeo, ao S, e a Península Escandinava, ao N. Limita ao S con Alemaña, concretamente co land de Schleswig-Holstein; polo NO, o estreito de Skagerrak sepárao de Noruega; ao NL o Kattegat sepárao das costas de Suecia. O país está formado pola península de Xutlandia e un total de 406 illas do Mar Báltico, das que só 79 están habitadas; entre elas destacan Sjælland, Lolland, Fyn e Bornholm. A illa de Groelandia e o arquipélago das Feroe pertencen á coroa danesa, aínda que manteñen plena autonomía. O territorio metropolitano (43.095 km2; 5.313.577 h [estim 1999]) esténdese entre os 58° e 55° de latitude N e os 8° e 15° de lonxitude O. A capital é Copenhaguen, situada na beira oriental da illa de Sjælland.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
No territorio danés, a altitude media é de 35 m. A parte peninsular carece... -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa Groenlandia de Islandia e que comunica o mar de Noruega co Océano Atlántico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía aeronáutica estadounidense creada en 1920 por Donald Wills Douglas, É coñecida non só polos seus avións militares, senón tamén polos avións de transporte de pasaxeiros, designados coas iniciais DC (Douglas Comercial). A produción comezou en 1933 co DC-1 por encargo da TWA, da que o modelo máis famoso foi o DC-3 (1935), coñecido como Dakota. A partir de 1957, coincidindo co lanzamento do Sputnik por parte da Unión Soviética, a Douglas Aircarft Co Missiles and Space Division desenvolveu unha serie de lanzadores Delta para poñer en órbita numerosos satélites. En 1967 a compañía foi absorbida pola McDonnell Company e creouse a McDonnell-Douglas Corporation.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado nos contrafortes occidentais de Sierra Nevada e drenada polo río Dúrcal (6.062 h [1996]). A agricultura (cereais e árbores froiteiras), a cría de gando lanar e as industrias alimentarias, son as principais fontes económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mª de los Ángeles de las Heras Ortiz.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na University of Buffalo (1948-1953) e na New School for Social Research (1957). Continuou a súa formación en Ciudad de México con John Golding. Foi profesor na School of Visual Arts de Nova York (1957) e no Institute of Humanistic Studies de Aspen (1965). Dende 1963 realizou composicións sobre acrílico, inspiradas nos carteis publicitarios e nos letreiros da rúa que representan o estilo de vida norteamericano, encadradas na pop art.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de información económica aparecido na Coruña entre o 16 de xaneiro e o 10 de febreiro de 1847. Publicou nove números e saíu tres veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ramón Peralta e incluíu artigos de creación literaria.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade quincenal e de tendencia católica que se editou en Pontevedra entre os anos 1911 e 1913.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Construción impermeable e resistente, dotada de medios para navegar con seguridade (cumprindo unha serie de condicións, como a flotabilidade, a estabilidade, a solidez, o goberno e a velocidade), que serve para transportar persoas ou cousas por mar, ríos, lagos ou calquera outro medio acuático. Na Lexislación Marítima española, acorde co Convenio Internacional sobre Arqueo de Buques (Londres, 23.6.1969), denomínanse así só os barcos de ata 24 m de eslora, fronte ao buque, que sería a embarcación cunha medida superior a esta. Non obstante , segundo o Regulamento Internacional para Previr as Abordaxes no Mar (1972) o termo “buque” designa toda embarcación que se pode utilizar como medio de transporte acuático, incluíndo as embarcacións sen desprazamento e os hidroavións, amais dos aeroescorregadores e hidroalas. Por outra parte, cómpre distinguir entre embarcacións de navegación marítima, de navegación fluvial e mixtas. En canto á súa clasificación, poden dividirse en función do servizo ao...
-
Embarcación de menos de 20 t de desprazamento ou, na arquitectura naval, navío cunha eslora menor de 24 m.
-
As embarcacións tradicionais galegas presentan unha gran variedade tipolóxica dependendo do seu uso e orixe xeográfica. Malia esta diversidade, todas comparten unha serie de trazos comúns: proa alta e pouco lanzada, construción a tope (agás a dorna e o barco do río Miño), boas cinguideiras na navegación a vela, sen necesidade de lastre, e uso xeneralizado da vela de relinga. De acordo co uso que se faga delas, estas embarcacións poden destinarse ao transporte e á pesca, tanto marítima como fluvial. En Galicia só se teñen empregado as embarcacións de vela destinadas á cabotaxe; entre elas, o patache, o galeón, o trincado ou o sancosmeiro. O patache é un barco de vela de tamaño medio e de tonelaxe inferior ás 200 t. Construído, sobre todo, nos estaleiros do Freixo, faenaba en toda a costa peninsular; coa incorporación do motor, aínda se construía na década de 1950. O galeón é un barco duns 13 m de eslora e dunhas 15-20 t, que se empregou especialmente nas Rías Baixas ata...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde se embarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada de embarcar.
-
-
Meter mercadoría, persoas ou calquera outra cousa nunha embarcación, avión, tren ou noutro medio para proceder ao seu transporte.
-
Meter a alguén nun negocio ou asunto que pode implicar algún risco.
-
Traballar nunha embarcación que está longos períodos en mar aberto.
-
Subir a unha embarcación, avión, tren ou calquera outro medio de transporte para emprender unha viaxe.
-
Comezar alguén a traballar a bordo dun barco.
-
Meterse nun negocio ou asunto arriscado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tirarse unha persoa ou un animal ao chan dando voltas e refregándose contra el.
-
-
Botar fóra o contido dun recipiente.
-
Poñer boca abaixo ou inclinar algo.
-
Dar a volta ou inclinarse algo cara a un lado.
-
-
-
Encher algo ou a alguén de porcallada ou sucidade.
-
Encherse algo ou alguén de porcallada ou sucidade.
-
-
-
Encher algo ou a alguén de porcallada ou sucidade.
-
Arrimar terra ao pé dunha planta para fixar forte a súa raíz no chan.
-
Enterrar unha póla para que bote raíces e saia unha nova planta.
-
Encherse algo ou algúen de porcallada ou de sucidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación de auga que se forma na depresión dun terreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode encher ou cubrir de auga.