"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

    1. Persoa que conduce carros.

    2. Persoa que constrúe carros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia e concello de Laxe, situada na costa occidental do monte da Insua, ao NO da vila de Laxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Coñecido como Pepe Carreiro, desenvolveu a súa actividade como caricaturista dende os anos setenta. Traballou como deseñador gráfico para as editoriais Ir Indo e A Nosa Terra, e para diversas axencias de publicidade. Publicou en A Voz do Pobo, voceiro do PCG, as tiras de humor O fillo de Breogán e O tebeo do pobo; no semanario Teima e, ao desaparecer este no diario El Pueblo Gallego, a tira O galo Camilo; no Faro de Vigo, no suplemento semanal A Pizarra, a tira Maxistérico; no Faro del Lunes, a tira Canal privado; en A Peneira, a tira Robinsón. Ademais publicou tiras e viñetas de humor político, entre outros medios, en La Codorniz, A Nosa Terra, Diario de Galicia, La Voz de Galicia, El Mundo e na revista teatral Casahamlet. Por outra banda, realizou a tira O anano do tesouro para o programa da TVG A trabe de ouro. Fundou a revista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e deseñador portugués. Estudiou na Escola Superior de Belas Artes do Porto. Membro do Grupo Puzzle, realizou unha obra neofigurativa na que reflectiu os aspectos cotiáns da vida portuguesa. Recibiu, entre outros, o premio de pintura de Vila Nova da Cerveira en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Arousa, no límite entre as parroquias de Aguiño e Carreira, no concello de Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Carreiro Montero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia do Pindo, no concello de Carnota, situada no treito de costa comprendido entre as puntas do Porto de Quilmas, ao N, e Caldebarcos, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Corme e Laxe no litoral do concello de Laxe, entre as parroquias de Laxe, ao N, e Soesto, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do fondo da ría de Muros e Noia, na súa beira setentrional, no litoral da parroquia de Outeiro, no concello de Outes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da illa Sisarga Chica, que constitúe o punto máis meridional do arquipélago das Sisargas, no litoral da parroquia e concello de Malpica de Bergantiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral SO da Illa de Arousa, na parroquia e concello da Illa de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Corme-Porto, no concello de Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da vertente oriental da serra de Queixa, no macizo de Manzaneda, na parroquia de Cernado, concello de Manzaneda. O seu cumio acada os 1.592 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento que incorpora, xunto aos dereitos civís e políticos clásicos e aos dereitos de cidadanía europea, un conxunto de leis sociais e económicas que forman parte indivisible da dignidade da persoa nas sociedades democráticas. Ocupa un baleiro existente na Comunidade Europea, carente ata ese momento dunha declaración de dereitos propia e aplicable ás institucións e órganos comunitarios e aos estados membros. Esta Carta que proporciona un contido real á condición de cidadán, foi redactada por unha convención constituída por representantes de tres institucións: 16 deputados europeos, 30 parlamentarios das cámaras dos estados membros, 15 representantes dos xefes de estado e de goberno dos estados membros e un comisario, baixo a presidencia do ex-mandatario alemán Roman Herzog. O método empregado na súa elaboración foi o debate público e a busca de consenso, coa participación das ONG e dos sindicatos. Composta por 54 artigos, consagra o principio de indivisibilidade dos dereitos e presenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Colaborou como redactor en Faro de Vigo dende a súa fundación ata o ano 1861. Publicou a obra Razones de utilidad nacional en apoyo del Real Decreto de 7 de Agosto de 1853, por el que se manda la construción de un ferro-carril de Vigo a Madrid, Zaragoza y Barcelona (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino constituído sobre a base do condado de Castela trala entronización de Fernando I (1037-1065). Coa vitoria do val de Tamarón (1037) sobre Beremundo III de León, reuniu por primeira vez os reinos de Castela e León que, posteriormente, repartiu entre os seus fillos. Afonso, a quen lle correspondera León, conseguiu a soberanía de Galicia no ano 1071; un ano despois, trala morte de Sancho, uniu de novo León, e coa conquista de Toledo (1085), levou a fronteira ao Tajo. Aínda así, Afonso VII volveu dividir Castela e León. A reunificación definitiva chegou con Fernando III o Santo, fillo de Berengaria de Castela e Afonso IX de León (1230).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia e capital do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da Terra Chá, situado na provincia de Lugo no N da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos da Pastoriza e Cospeito, ao L co de Pol (comarca de Meira), ao S cos de Castroverde, Lugo e Outeiro de Rei (Lugo) e ao O co municipio de Cospeito (Terra Chá). Abrangue unha superficie de 177 km 2 cunha poboación de 5.744 h (2007), que se distribúen nas parroquias de Ansemar, A Azúmara, Balmonte, Bazar, Bendia, Castro de Rei, Coea, Duancos, Duarría, Dumpín, Goberno, Loentia, Ludrio, Mondriz, Outeiro, Pacios, Prevesos, Quintela, Ramil, Ribeiras de Lea, San Xiao de Mos, Santa Comba de Orizón, Santa Locaia, Triabá e Viladonga. A capital é a vila de Castro de Rei, na parroquia de Castro de Rei, situada a 43° 12’ 3’’ de latitude N e 7° 23’ 5’’ de lonxitude O, 136 km ao NL de Santiago de Compostela e 29 km ao N de Lugo. Está adscrito ao partido xudicial de Lugo e ás dioceses de Mondoñedo-Ferrol (arciprestado da Azúmara) e Lugo (arciprestados da Terra Chá e Lugo-Aguiar).
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO