"SF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 419.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación de fosfatos polos ouriños en maior cantidade do normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das substancias fosforiladas que se atopan nos tecidos animais e que constitúen un almacén celular de enerxía química en forma de enlaces fosfato de alta enerxía. Cómpre destacar o fosfato de creatina, que se atopa no músculo e no nervio dos vertebrados, e o fosfato de arxinina que se atopa en moitos invertebrados. Durante a contracción do músculo, por exemplo, a transferencia de fosfato a partir dun fosfáxeno sobre a molécula de ADP produce ATP.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impresión luminosa que se produce na retina por unha causa diferente á luz; por exemplo, cando se realiza unha presión sobre o glóbulo do ollo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gas velenoso, incoloro, de olor aliáceo, liquidable a -87,7°C, espontaneamente inflamable en presenza de P2H4. Emprégase na síntese orgánica e na preparación de haluros de fosfonio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido fosforoso, de fórmula H3PO3. Os fosfitos alcalinos empréganse como redutores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fosf(a/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado fosfórico da creatina que se atopa nos músculos e outros tecidos dos vertebrados, onde é unha reserva de fosfatos de elevado potencial. A fosfocreatina cede o ácido fosfórico necesario para a fosforilación das hexosas que derivan do glicóxeno muscular con intervención do ácido adenílico, e fórmase o ATP a partir do ADP.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éster fosfórico da forma enólica do ácido pirúvico. Intervén na degradación anaerobia da glicosa (glicólise), durante a que se produce por deshidratación do ácido 2-fos-foglicérico, reacción que cataliza o enzima enolase. O enlace 0~P ten unha enerxía libre estándar de hidrólise moi negativa, suficiente para permitir a transferencia do grupo fosforilo ao ADP, no seguinte paso da glicólise, para liberar ácido pirúvico. Intervén tamén nos procesos de biosíntese de glicosa. O ácido fosfoenolpirúvico tamén actúa como substrato para a fixación de dióxido de carbono durante a fotosíntese das plantas C4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éster fosfórico do ácido glicérico no que o grupo hidroxilo do carbono 2 ou do 3 está fosforilado. Intervén como intermediario na glicólise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos fosfolípidos que derivan da glicerina. Dous dos grupos hidroxilo da glicerina esterifícanse por ácidos graxos, dos que un é normalmente insaturado. O grupo hidroxilo de posición 3 é esterificado polo ácido ortofosfórico, que, ao mesmo tempo, esterifica outro alcol. Existen nas membranas celulares e nas lipoproteínas de transporte. Denomínanse tamén glicerilfosfátidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos lípidos complexos que conteñen ácido fosfórico e un ou máis ácidos graxos. Atópanse, case exclusivamente nas membranas celulares, onde son o compoñente principal, e en pequenas cantidades, nas graxas de depósito. O tecido nervioso é especialmente rico. Quimicamente son di- e triésteres que derivan de ácidos carboxílicos e ácido fosfórico, que esterifica, dunha banda, un dos alcois, e da outra, a glicerina (fosfoglicéridos ou glicerilfosfátidos) ou ben a esfingosina (esfingolípidos).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que se obtén por fermentación de cepas de Streptomyces fradiae. É activa contra bacterias Gram-positivas e Gram-negativas. O seu mecanismo de acción baséase na inhibición do enzima que participa na biosíntese dos peptidoglicanos da parede bacteriana. Adminístrase en forma de sal sódico ou cálcico, e por vía oral.
-
-
Catión de fórmula PH 4 + , que resulta da unión dun protón a unha molécula de fosfina.
-
Cada un dos sales de fórmula xeral PH 4 X, onde X é un halóxeno. Na súa disolución acuosa admítese a presenza do ión PH 4 + .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das proteínas conxugadas que conteñen fosfato. Xeralmente o ortofosfato está presente nestas proteínas esterificando os grupos hidroxilo das cadeas laterais dos aminoácidos serina e treonina. As caseínas do leite conteñen fosfato abundante. Son tamén fosfoproteínas a albumina da clara do ovo, a ovovitelina da xema do ovo, a pepsina e moitas outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adicionar fósforo a unha substancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de fósforo no sangue. A concentración normal sitúase entre 3 e 4,5 mg/100 ml, aínda que se poden atopar valores máis altos nos nenos. O fósforo sérico ou plasmático atópase principalmente en forma de fosfato inorgánico. O seu metabolismo relaciónase co do calcio e tamén coa hormona de crecemento. En ausencia de enfermidade paratiroide ou renal elévanse os niveis nos períodos de crecemento activo, nos nenos ou nas enfermidades con actividade excesiva da hormona de crecemento. Contrariamente diminúe no proceso de transferencia activa dos glícidos dende o sangue ata as células.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de radiación que se debe a transicións electrónicas nas que o estado excitado e o estado normal teñen diferente spin. Esta emisión, a diferenza da fluorescencia, persiste durante un tempo despois de que se suprima a excitación. Primeiramente a súa intensidade diminúe segundo unha función exponencial do tempo (como a fluorescencia), e despois máis lentamente, segundo unha cinética máis complicada. Os espectros da emisión fluorescente e da fosforescente adoitan ser idénticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten fosforescencia.
-
-
Producir fosforescencia un corpo.
-
Brillar algo na escuridade.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao fósforo.
-
Que contén fósforo.
-
Aplícase aos compostos de fósforo que teñen unha valencia ou número de oxidación de +5.
-
Ácido tribásico que se obtén industrialmente dos depósitos de fosfato tricálcico.
-
Óxido que se obtén comercialmente por combustión do fósforo, en corrente de aire. Emprégase como axente deshidratante.
-