"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de comunicación publicitaria a través da que unha empresa pretende vender a outra os seus produtos ou servicios. Neste caso o consumidor individualizado non existe como tal, senón que o potencial comprador é outra empresa ou organismo. Esta publicidade é un elemento máis do márketing industrial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural editada en 1982 pola Irmandade Galega Lóstrego, formada por un grupo de galegos establecidos en Madrid. De tendencia política nacionalista de esquerdas, defendía as teses reintegracionistas de aproximación lingüística entre o galego e o portugués.
-
PERSOEIRO
Condottiero italiano coñecido co pseudónimo de Il Carmagnola. Comezou a súa carreira servindo ás ordes do rexente de Milán, Facino Cane, e pasou despois ás ordes do duque de Milán, Filipe Maria Visconti, de 1416 a 1423. Contribuíu a asegurar o seu dominio sobre o Milanesado e conquistou as cidades de Bérgamo, Brescia, Piacenza, Novara, Alexandría, Parma e Xénova. Recibiu de Filipe o condado de Castelnuovo. Logo dunha intriga cortesá, abandonou a corte de Milán e púxose ao servizo de Venecia en 1425. Acusado de traizón á República veneciana en favor de Milán, foi condenado a morte e decapitado. É o heroe dunha traxedia de Alessandro Manzoni.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Entre as súas novelas destaca Het recht van den sterkste (O dereito do máis forte, 1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Anastomose vascular cirúrxica, referida especialmente á aortocoronaria (bypass coronario ou ponte coronaria), na que un enxerto de vaso sanguíneo ou un tubo de material plástico fai de ponte entre a aorta e a arteria coronaria eludindo o segmento vascular obstruído ou estenosado.
-
bypass extracorpóreo
circulación extracorpórea.
-
-
álvula ou conduto secundario instalado en derivación con respecto a outro principal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giuseppe Balsamo.
-
CIDADES
Cidade romana da Hispania Tarraconense situada no convento cesaraugusto. Construída sobre as ruínas dunha poboación anterior, foi destruída polos romanos durante as guerras contra Sertorio despois de resistir o cerco de Pompeio. Foi reedificada por Xulio César e Augusto recoñeceulle o dereito de cidadanía, outorgándolle o título de Julia. Identifícase coa actual Calahorra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador, periodista e debuxante. En 1936 deuse a coñecer en L’Esquella de la Torratxa e publicou a colección de contos El primer arlequí (O primeiro arlequín) e a novela La glòria del doctor Larén (A gloria do doutor Larén). Exiliouse a Francia e despois a México ata 1963, onde desenvolveu tarefas periodísticas e editoriais. Da súa produción destacan as obras: Gent de l’alta vall (Xente do alto val, 1957), El desordre públic (A desorde pública, 1985) e Cròniques de la veritat oculta (Crónicas da verdade oculta, 1954). Postumamente, publicouse Cartes d’amor (Cartas de amor, 1996). Foi galardoado co Premi de Honor de les Lletres Catalanes (1986) e investido doutor honoris causa pola Universitat Autònoma de Barcelona (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Sicilia, Italia (62.708 h [1998]). É un centro comercial dunha área agrícola e mineira. Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o palacio Montcada e a catedral, ambos os dous barrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia, Italia (2.128 km2; 283.433 h [1998]). A capital é Caltanissetta.
-
PERSOEIRO
Cardeal brasileiro. Ordenado sacerdote en agosto de 1931, foi designado bispo auxiliar de Rio de Janeiro en 1952 e posteriormente secretario xeral do episcopado brasileiro. No Concilio Vaticano II actuou como animador do grupo da Igrexa dos Pobres. Despois do Concilio creou o Movimento da Violência dos Pacíficos, que preconizaba un socialismo non totalitario. Loitador dos dereitos humanos e contra a inxustiza social, en 1973 asinou, canda outra ducia de bispos, o documento titulado Escoitei o berro do meu povo, no que denunciaba a situación de miseria do NL do Brasil. Despois de exercer como bispo de Recife entre os anos 1965 e 1985, presentou a súa renuncia e principiou unha campaña pola paz en todo o mundo. En 1974 foi galardoado co Premio Nobel Popular da Paz, distinción creada polo movemento das ONGs norueguesas á marxe das academias oficiais. Foi nomeado doutor honoris causa pola Université de La Sorbonne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estableceuse en París. Influído polo cubismo e pola arte exipcia, a partir de 1928 desenvolveu un estilo achegado á arte estrusca e ás terracotas cartaxinesas. Entre as súas obras destaca Paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político asturiano. Concibiu un plan para ocupar militarmente o Milanesado, proxecto que lle presentou á Raíña Isabel Farnesio. En 1741 ocupou, entre outros, os cargos de secretario de Mariña, Guerra e Indias, gobernador do consello de Facenda e lugartenente do infante Filipe. As súas ideas sobre política económica recóllense fundamentalmente no libro Nuevo sistema de gobierno económico para la América (1743), obra de grande influencia, que circulou manuscrita ata a súa publicación en 1789. Escribiu ademais Apuntes sobre el bien y el mal de España e o Tratado de los intereses de Europa, publicadas postumamente en 1759 e 1819, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima e da rexión de Molise, Italia (51.518 h [1998]). A cidade antiga (Campus de Prata) está formada por un recinto amurallado situado sobre un outeiro e a nova (Campus Bassus) construíuse a partir de 1732 na chaira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da rexión de Molise, Italia (2.909 km2; 237.156 h [1998]). A capital é Campobasso.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. A súa obra caracterízase polo emprego dos materiais autóctonos e polo rigor construtivo. Realizou as vivendas sociais de Badajoz (1965) e, entre 1960 e 1968, as de Vite e do Burgo das Nacións en Santiago de Compostela, onde empregou a galería tradicional galega. O ladrillo é o material dominante nas vivendas sociais da rúa Basilisca de Madrid, realizadas entre 1966 e 1974. En 1974 construíu o edificio da Universidade Laboral de Ourense e en 1986 o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Realizou o pavillón de España da Exposición Universal de Sevilla de 1992 e a sede da compañía Nationale Nederlanden de Madrid en 1991. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes e recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e crítico literario. Entre as súas novelas destacan El pobre Baby (1915), El eterno milagro (1918) e La huelga de los poetas (1921). Como crítico publicou La nueva literatura (1917-1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Evolucionou desde a pintura figurativa, vinculada á Scuola Romana, ata a linguaxe de signos e símbolos. Foi membro, ademais, dun dos fundadores do grupo Origine (1950) e en 1952 integrouse no grupo espacialista de Milán. Entre as súas obras sobresaen Superficies (1952) e Rilievi (1966). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Graziano da Bienal de Venecia de 1954 e unha distinción na Bienal de São Paulo de 1971.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento francés de Aude e condado do mesmo nome (43.470 h [1990]). A vila está situada nas marxes do río Aude, nunha chaira fértil. O leito fluvial divide a cidade en dúas La Ville-Basse e La Cité. A primeira sitúase nunha chaira, con amplos bulevares. A segunda é a cidade antiga, situada nun outeiro. A actividade económica principal é a industria téxtil. Foi unha antiga colonia romana desde o s I a C, tamén ocupada polos visigodos, que construíron as primeiras fortificacións (s VI) e polos árabes (728-752). En 1247 pasou a formar parte da coroa francesa. As fortificacións medievais, con dobre recinto e con numerosas torres, teñen dúas portas: a Narbonnesa e a Aude, rematadas no s XIII e restauradas completamente por Viollet-le-Duc a mediados do s XIX. Na cidade vella encóntrase a catedral de Saint-Nazaire (1096-1150), románica, restaurada en parte no período gótico (1270-1320) e o castelo dos condes. Na vila, formada na chaira a partir da expulsión, despois da revolta de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi cantante e organista da catedral de Tivoli e mestre de capela do Collegio Germanico de Roma. Considerado como un dos grandes mestres da cantata e do oratorio latino, posuía un notable sentido dramático e unha gran variedade de expresión melódica. Compuxo arredor de 130 cantatas con recitativos e arias, máis de 200 motetes, misas, pezas para órgano e, sobre todo, oratorios latinos.
VER O DETALLE DO TERMO