"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

    1. Proceso de transformación dun material suficientemente plástico, que se obriga a pasar, someténdoo a unha certa presión, por un ou máis canóns ou fileiras aos que se lles dá a forma desexada. No campo dos polímeros aplícase aos materiais termoplásticos, especialmente aos PVC, polietileno, polistireno, polipropileno, poliamida e algúns derivados celulósicos, e obtéñense tubos, barras, films e perfís diversos. En metalurxia aplícase ao aluminio e ás súas aliaxes, ao latón, ao bronce e ao cuproaluminio. A extrusión do aceiro foi posible en 1941 coa utilización de vidro fundido como lubricante, e empezou a aplicarse amplamente na produción de diferentes tipos de alimentos a partir dos anos setenta.

    2. Xurdimento de materiais nunha capa sedimentaria debido a presións tectónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sucesión de números enteiros positivos, (un)n?0, dada pola lei de recorrencia un=un-1+un-2, onde n?2. As diferentes sucesións resultan dunha elección concreta dos dous primeiros termos u0 e u1. Denomínase normalmente sucesión de Fibonacci a aquela que fai u0=u1=1, que ten por termo xeral un=[(1+?5)n+1-(1+?5)n+1]?2n+1?5, e por primeiros termos 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34, 55,..., chamados números de Fibonacci. Esta sucesión é un modelo matemático representativo de moitas situacións distintas e fenómenos do mundo real, e está relacionada con outros conceptos como o número áureo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de transmisión de programas, especialmente musicais, por medio de radioondas de lonxitude de onda moi longa, transmitidas a través das liñas telefónicas destinadas ao servizo telefónico normal entre abonados. Os distintos programas pódense sintonizar mediante un aparello receptor especial.

    2. Sistema de transmisión de programas de televisión mediante a utilización de cables coaxiais de banda ancha ou de cables de fibra óptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Reprodución asexual propia de determinados tipos de animais nos que o organismo se divide en dúas ou máis partes.

      2. Tipo de división celular no que, tralo crecemento da célula, esta se divide en dúas idénticas mediante a formación dun septo.

    1. Reacción nuclear exoenerxética consistente na partición dun núcleo atómico noutros dous núcleos de masas comparables. Foi descuberta ao bombardear uranio con neutróns, coa idea de obter, artificialmente, elementos descoñecidos. En 1934 Fermi utiliza os neutróns como proxectís de bombardeo contra núcleos, especialmente de uranio, e termina por descubrir un isótopo do elemento 93 (neptunio). En 1939 Hahn e Strassmann, con experiencias semellantes, identificaron un isótopo do bario (elemento 56) e o seu descendente radioactivo, o lantano (elemento 57), polo que foron considerados como descubridores da fisión. As características esenciais da fisión son unha gran liberación de enerxía (200 MeV), a formación de núcleos radioactivos e a emisión de neutróns. A emisión de novos neutróns en cada fisión provoca novas fisións polo que ten lugar unha reacción en cadea, que pode ser incontrolada (caso dunha bomba nuclear) ou controlada (caso dun reactor nuclear). Dun xeito xeral, a excitación necesaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aspecto característico dunha persoa derivado da combinación dos trazos do seu rostro.

    2. Aspecto ou aparencia externa de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fisionomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa con capacidade para recoñecer e lembrar a fisionomía doutras persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo complementario da Comunidade Económica Europea dedicado a proxectos que contribúan a acadar os obxectivos fixados no Tratado da Unión Europea, nos sectores de medio ambiente e das redes transeuropeas de infraestruturas de transporte e nos estados membros cun produto nacional bruto inferior ao 90% da media comunitaria. O seu fin é fomentar a cohesión económica e social e a solidariedade entre os estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación dunha pinza nun vaso sanguíneo con finalidade hemostática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de electróns dende un sólido ao recibir este unha radiación electromagnética. Coñécese tamén como efecto fotoemisivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fisión do núcleo dun átomo que provoca unha radiación γ.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso dunha substancia do estado sólido ao estado líquido. Ao aumentar a temperatura dun sólido cristalino, aumenta tamén a amplitude de vibración dos átomos da rede cristalina, ata que, ao chegar a unha certa temperatura, chamada temperatura de fusión ou punto de fusión, a orde cristalina empeza a desaparecer e iníciase a fusión do sólido, durante a que a temperatura se mantén constante. O punto de fusión é fixo e diferente para cada substancia cristalina. Chámase calor de fusión á calor necesaria para fundir un gramo ou quilogramo dunha substancia determinada.

      1. Unión de dous partidos, intereses ou ideas que antes eran distintas ou se opoñían.

      2. Creación dunha sociedade a partir de dúas ou máis existentes que traspasan o seu patrimonio en bloque á de nova formación, ou absorción de dúas ou máis sociedades por outra xa existente que adquire o patrimonio das extinguidas. A fusión pode ser vertical, que tende a abarcar todas as transformacións dos produtos, dende a materia prima ata o artigo rematado, ou ben horizontal, que ten como obxectivo a reunión de industrias cun mesmo tipo de produción.

    2. Proceso polo que dous fonemas ou máis se converten nun só. Ás veces, pode producirse unha fonoloxización.

    3. Alteración dos terreos municipais pola unión de dous ou máis municipios limítrofes co fin de construír un novo.

    4. Reacción nuclear exoenerxética consistente na reunión de dous núcleos atómicos para formar outro máis pesado, con posible emisión dun neutrón ou dun protón. A produción de enerxía mediante fusión nuclear xa foi considerada en 1928, pero os primeiros experimentos serios non comezaron ata 1950. A fusión nuclear, ao contrario ca a fisión, non produce residuos radioactivos perigosos. A enerxía de enlace dos núcleos atómicos por nucleón pasa por un máximo para núcleos de número atómico A arredor de 60; é por iso que os núcleos lixeiros (A<60) liberan enerxía ao fusionarse, e os pesados (A>60) fano ao fisionarse. A necesidade de empregar temperaturas moi elevadas, arredor de centos de millóns de graos, fixo que se lle dera á enerxía de fusión o nome de enerxía termonuclear. A estas temperaturas os átomos son totalmente ionizados e o gas recibe o nome de plasma. Para controlar a fusión hai que levar o plasma a unha temperatura moi elevada; a estabilidade do plasma conséguese...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir dúas ou máis cousas a unha mediante unha fusión, especialmente entidades.

    2. Reducirse dúas ou máis cousas a unha mediante unha fusión, especialmente entidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é partidario da fusión de dous ou máis partidos, intereses ou ideas que están en pugna ou son diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Etapa da historia dos EE UU que se iniciou coa caída da bolsa de Nova York en 1929, que abriu paso a una profunda depresión económica, e se prolongou durante a década de 1930. Estendeuse polo resto dos países industrializados e deu lugar ao aumento do intervencionismo estatal na delimitación das políticas económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento da tensión dun líquido contido nun recipiente fixo. Pode ser por aumento de líquido ou por redución do recipiente.

    2. Aumento da presión normal do sangue das arterias. Considérase que hai hipertensión cando a presión sistólica pasa de 150 mm Hg e a diastólica de 95 mm Hg. Pode ser esencial (de causa descoñecida) ou secundaria (que representa o 20% dos casos). Pode dar lugar a complicacións orgánicas, especialmente nos ollos, nos riles e no corazón.

    3. Hipertensión esencial que durante moitos anos non produce sintomatoloxía.

    4. Hipertensión que se produce cando a presión sistólica aumenta proporcionalmente máis ca a diastólica.

    5. Descenso da presión sistólica, con mantemento da diastólica, a causa dun fallo do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminución da tensión dun líquido contido nun recipiente fixo. Pode ser por diminución do líquido ou por aumento do recipiente.

    2. Diminución da presión sanguínea normal do sangue das arterias. Considérase que hai hipotesión cando a presión sistólica está por debaixo de 100 mm Hg e de 60 mm Hg a diastólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Error de percepción, de xuízo ou de razoamento provocado por unha aparencia.

      2. Error de intrepretación dun dato ou contido sensible ou mental.

      1. Esperanza sen fundamento real.

      2. Entusiasmo ou alegría que se experimenta coa esperanza ou realización dalgunha cousa agradable.

    1. Recoñecemento subxectivo da estabilidade do valor do diñeiro sen ter en conta as variacións do seu poder adquisitivo. Considérase que unha unidade monetaria, ao manter un prezo fixo, conserva tamén o valor ao longo do tempo, pero esta aparencia agocha os efectos das variacións dos prezos dos outros bens.

    2. Fenómeno óptico consistente nunha percepción errónea das formas e as dimensións dun obxecto, debido á mala interpretación das imaxes que chegan aos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar ilusión.

    2. Facerse unha ilusión ou ilusións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de producir fenómenos que, aparentemente, contradín as leis naturais. Utilízanse, xunto coa habilidade manual, cartas e material especialmente preparado.

    2. trompe-l’oeil.

    3. Doutrina que limita ao fenómeno, considerado como un simple estado da propia consciencia, a certeza do coñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO