"Tura" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 473.

  • Revista editada no verán de 1992 en Santiago de Compostela. Editada por Alveiro SL, estaba dirixida por Antón Rozas Caeiro. Todos os seus artigos estaban escritos en castelán e ían acompañados da súa correspondente tradución ao inglés. Incluíu información sobre a arte e a arquitectura de Galicia, referencias a museos e pintores, ademais de datos sobre gastronomía e actividades de ocio en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter literario editada en Ourense a partir de 1889. Fundouna e dirixiuna Xoán Neira Cancela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de carácter cultural creada en 1964 por universitarios en Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a cultura galega, e no caso do teatro a creación dramática e a realización teatral. Foi responsable da convocatoria do Concurso Castelao de Teatro Galego en 1964, 1965 e 1966, e doutras iniciativas como a Agrupación Dramática Galega, que dirixía Rodolfo López-Veiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e xornalista. Foi redactor de El Liberal Coruñés e de La Mañana (1896), e colaborador do Diario de Avisos. Sucedeu a Marcelino Dafonte na dirección de La Voz de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e escribiu Historia de la Guerra de la Independencia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñadora e pintora. Coñecida como Nena Ventura, a súa obra foi seleccionada polo Instituto de Comercio Exterior para participar no pavillón español de Frankfurt 90.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de servicios enerxéticos que centrou a súa actividade no aprovisionamento, comercialización e distribución de gas natural en España e Latinoamérica. Creouse en 1991 coa fusión de Catalana de Gas, Gas Madrid e os activos de gas canalizado de Repsol Butano. Posteriormente adquiriu ENAGAS e en 1992 iniciou a actividade en Arxentina. En 1996 entrou en funcionamento o gasoduto Magreb-Europa que conectou a Península Ibérica cos xacementos africanos e impulsou a extensión do gas natural polo resto de España. En 1997 a compañía iniciou a súa actividade en Brasil, Colombia e México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en 1983 co fin de promover o estudo e difusión da cultura galega en Madrid. O seu principal promotor foi Manuel Mourelle de Lema. Colobararon asiduamente con esta entidade, entre outros, X. F. Filgueira Valverde, A. Fraguas Fraguas, A. Meijide Pardo, B. Varela Jácome, X. L. Barreiro Rivas, F. I. González Lage, D. García-Sabell e E. Cornide Ferrant. Desde 1986, GRUGALMA diversificou as súas actividades a tres ámbitos principalmente: a organización anual dunhas Xornadas de Cultura Galega, publicación da revista Galicia en Madrid e a celebración anual dos premios Galicia en Madrid de artigos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á garganta.

    2. Que se produce na garganta.

    3. velar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira cultura da Idade de Ferro centroeuropea, que recibiu o nome dunha necrópole de túmulos de incineración e inhumación descuberta en 1846 na localidade austríaca de Hallstatt. A arqueoloxía indica que se trataba dunha sociedade fortemente xerarquizada que, desde finais do Bronce, iniciou a explotación das minas de sal da rexión, feito que lle permitiu o desenvolvemento do comercio do ferro coas poboacións de Grecia e Italia. Dividida en dúas fases durante o Ferro, Hallstatt C (750? a C-600 a C) e Hallstatt D (600 a C-450 a C), caracterizouse polos seus enterramentos con ricos enxovais funerarios que inclúen, entre outros obxectos, espadas de ferro e bronce, dagas, machados e cascos, cuncas e caldeiros de bronce, doas de ámbar e vidro, e cerámica, feita a man e decorada con motivos xeométricos. Esta cultura estendeuse desde o núcleo austríaco cara ao S de Alemaña, Suíza, Francia, o SL de Inglaterra e o N da Península Ibérica, onde prosperaron facies culturais con fortes influencias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sementeira que se fai, nun medio de cultivo apropiado, dunha pequena cantidade de sangue extraído dun enfermo, para coñecer o tipo de bacteria ou microorganismo que o infecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cultivo das hortas.

    2. Conxunto de técnicas e métodos que se empregan no cultivo de verduras, legumes, froita, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de cultivo de hortas e frutais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cultura oraniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte antiga de curar baseada nas propiedades terapeúticas das puncións con obxectos candentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural e artístico situado na ribeira do Lérez, en Pontevedra. O proxecto, ideado por Xosé Antón Castro e Rosa Olivares, reúne obras de doce artistas nunha área de 70.000 m2 que se mantén sen urbanizar, coa flora e fauna autóctonas, e á que se accede por medio de pontes e pasarelas. Baseándose nas propostas da land art (‘arte da terra’), as obras relaciónanse coa paisaxe, as tradicións autóctonas, a historia da escultura, a pedra e a relación das persoas coa natureza. Xunto a outros artistas internacionais, atópanse obras dos galegos Fernando Estarque Casás, Francisco Leiro e Enrique Velasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade dos cítricos de orixe vírica que se manifesta pola formación de bochas de goma baixo a cutícula do froito pero sen afectar a polpa; as bochas son visibles durante o cambio de cor, e no froito maduro queda una mancha escura afundida e dura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engano que consiste en facerse pasar por outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de cultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estrutura básica necesaria para o funciomamento de algo.

      2. Base ou estrutura económica dunha sociedade. A estrutura é o fundamento do que se parte para explicar a superestrutura nos aspectos xurídico-político e ideolóxico.

      1. Parte dunha construción sobre a que se asenta esta, xeralmente baixo o nivel do terreo.

      2. Conxunto de elementos de base que facilitan o funcionamento do sistema produtivo e a reprodución da forza de traballo, como son as estradas, os ferrocarrís, as instalacións sanitarias, as urbanizacións, os sistemas educativos, o aprovisionamento de auga e outras fontes de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á infraestrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO