Gas Natural SDG

Gas Natural SDG

Compañía de servicios enerxéticos que centrou a súa actividade no aprovisionamento, comercialización e distribución de gas natural en España e Latinoamérica. Creouse en 1991 coa fusión de Catalana de Gas, Gas Madrid e os activos de gas canalizado de Repsol Butano. Posteriormente adquiriu ENAGAS e en 1992 iniciou a actividade en Arxentina. En 1996 entrou en funcionamento o gasoduto Magreb-Europa que conectou a Península Ibérica cos xacementos africanos e impulsou a extensión do gas natural polo resto de España. En 1997 a compañía iniciou a súa actividade en Brasil, Colombia e México.