Gas Galicia
Gas Galicia
Empresa constituída en 1992 tralo acordo entre o ministerio de Industria, a Xunta de Galicia e o Grupo Gas Natural para distribuír gas canalizado en Galicia. No momento da súa constitución o maior accionista era Gas Natural SDG, cun 62% das accións, a Xunta controlaba un 28%, e Caixa Galicia o 10% restante.