"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Nome empregado polo poeta vangardista francés Wilhelm-Albert-Wladimir-Apollinaris Kostrowitzki. Fillo natural dun nobre italiano e dunha polaca. En 1899 instalouse en París. En 1903 fundou Le Festin de Esope, onde publicou as primeiras prosas de L´enchanteur pourrissant (1909). Nese mesmo ano comezou a edición de textos satíricos e libertinos, onde reeditou a obra do marqués de Sade. Con Alcools (1913) comezou a ser considerado un dos grandes poetas franceses de todos os tempos. Publicou Méditations esthétiques (1913), o primeiro libro dedicado aos pintores cubistas. Declarouse futurista e, a partir de 1914, escribiu caligramas. No 1918 morreu víctima da gripe. Moito tempo despois da súa morte foron publicados Ombre de mon amour (1947) e Le guetteur mélancolique (1952). Rompeu coas formas poéticas clásicas, conservando a musicalidade dos simbolistas e a linguaxe da tradición popular e de Villon. Influíu moito o seu interese pola arte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eppan An Der Weinstrasse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao galo ou galiña con esporóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao barco que ten quilla, que non ten o fondo plano.

    2. Que ten forma de quilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da batalla que contra o 25 a C rematou coa última resistencia dos cántabros durante as Guerras Ástur-cántabras. O militar romano vencedor, Caio Antistio, desenvolvera a campaña bélica á fronte das lexións X Gemina e VI Vitrix, coas que xa acadara as vitorias de Vellica e Mons Vindius, así mesmo contra os cántabros, tendo Bracara Augusta (Braga) como centro de operacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o filósofo aragonés (Pedrola, Aragón 1525 - Zaragoza 1581) Nobre e erudito. Conde de Ribagorza, duque de Luna e de Vilafermosa, casado con Luísa de Borja e de Aragón (1541). Foi educado en Santiago de Compostela e na corte como meniño da Emperatriz Isabel e do Príncipe Filipe, a quen acompañou a Flandres, onde tomou parte na Batalla de San Quintín (1557). Escribiu: Memorias Históricas de los Condes de Aragón, Historias de los reyes, condes y obispos de Ribagorza, Gistau, Pallás..., Vida del conde de Luna don Lope y de su hermano el arzobispo e Diálogos de medallas antiguas y de otros monumentos raros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de insculturas situado na parroquia de Catoira (Catoira). Representa unha serie de catro círculos concéntricos unidos por sucos de gran profundidade e varias coviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sardo. Cóengo de Bosa. Destacou pola súa poesía relixiosa en lingua sarda. Autor dunha biografía dos patróns de Sassari (1582) en verso e de composicións que reuniu, con outras castelás e italianas, en Rimas diversas espirituales (1597).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en Arapiles (cerca de Salamanca) en xullo de 1812, durante a Guerra da Independencia contra Napoleón. As tropas francesas do mariscal Marmont foron vencidas polo exército de Wellington, obrigándolles aos franceses a abandonar Andalucía definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla de Gangamela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e activista político. Estudiou Medicina en Santiago de Compostela, especializouse en Alemaña e chegou a ser un coñecido tocólogo, publicando neste eido Problemas fundamentales de la gestación (1929). Sensible ás ideas republicanas, participou na campaña antiforista. En 1913 publicou o artigo de axitación “Arranca Ferro” en El Tea, no que se mostra como un declarado partidario das iniciativas de Acción Gallega, organización política liderada por Basilio Álvarez. No 1916 comeza a súa transición cara ao socialismo propiciada pola dinámica xeral socialista, que se estaba abrindo cara ao agrarismo da bisbarra de Vigo nos anos previos á folga de 1917 nun intento de estruturar unha ampla conxunción republicano-socialista-agraria. Retomou o activismo político nos últimos anos da ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), cando asumiu a vicepresidencia do PSOE de Vigo. A súa actuación foi decisiva na elaboración das listaxes que concorreron ás eleccións municipais do 12 de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático, xornalista e poeta de orixe galega. Foi secretario da Embaixada de Guatemala en San José de Costa Rica (1958) e en Bogotá (1962-1965). Colaborou no Diario de Centro América e La Tribuna. Foi galardoado nos Xogos Florais de Guatemala (1928 e 1943) e membro correspondente da Real Academia. Entre as súas obras en español destacan El dolor supremo (1926), Romances de la barriada (1938) e Síntesis de Guatemala (1966). En lingua galega publicou o poemario Dende o fondo canta o río (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos rizópodos que segregan unha cápsula quitinosa de forma aplanada, composta de pequenos prismas hexagonais e impregnada de compostos ferruxinosos. Por unha abertura saen os lobopodios. Viven libremente nas augas doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cospeito baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego voceira da formación anarquista homónima, nada en xullo de 1980 na Coruña e subtitulada “Agrupación cultural O Facho”. Colaboraron nela Xavier Seoane, Nacho Taibo e Xaquín Villar, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anarquista en galego aparecida en Santiago de Compostela en 1981 e subtitulada “Pensamiento libertario gallego”. Foi coordinada e editada pola Federación Anarco-comunista Galega. Colaboraban Valentín Alvite, Margarita Ledo, Henrique Monteagudo, Dionisio Pereira e Albino Prada, xunto a outros autores que asinaron con pseudónimos como María Balteira e O Corsario Negro. Incluía debuxos de Misán, Xulio Gaioso e Gondar, e contiña diversos apartados, entre eles: “A lingua”, “Carta a Galiza”, “No agro”, “Apicultura” e “Cociña natural”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta do NL da illa de Tambo, na ría de Pontevedra, concello de Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia rústica protexida como Espazo Natural situada no concello de Cangas.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 150 metros ANCHURA MEDIA: 15 metros GRAO OCUPACIÓN: Medio GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital Xeral-Cíes DIRECCIÓN: C/ Pizarro, nº 22. Vigo TELÉFONO: 986 81 60 00 DISTANCIA...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Neto de Enrique de Arfe e fillo de Antonio de Arfe. Formouse en León e Valladolid no obradoiro paterno. Dotado dunha sólida formación humanística e técnica, é autor dos tratados Quilatador de la plata, oro y piedras (1572), onde analiza o grao de pureza dos metais e pedras nobres, e De varia conmensuración para la Escultura y la Arquitectura (1585-1587), no que analiza unha das temáticas máis representativas do Renacemento: as proporcións na arquitectura e na escultura. Entre as súas pezas máis salientables cómpre mencionar as custodias das catedrais de Ávila (1564-1571) e de Sevilla (1579-1587). Como escultor, aproveitando as súas habilidades no traballo do metal, dedicouse á realización de grandes estatuas de bronce. Filipe II nomeouno ensaiador da Casa da Moeda de Segovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude ou acción finxida coa intención de enganar.

    2. Cousa de pouca importancia.

    3. Actividade ou asunto difícil de resolver.

    4. Obxecto ou conxunto de obxectos para entreterse.

    VER O DETALLE DO TERMO