"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • principio de exclusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán. Loitou na Primeira Guerra Mundial. Foi xeneral (1939) e participou, como xefe do estado maior do mariscal Reichenau, nas campañas de Polonia (1939) e Francia (1940). Destinado á campaña de Rusia (1941), en 1942 atacou Leningrado; cercado polos rusos, resistiu ata o 31 de xaneiro de 1943. Testemuña no proceso de Nuremberg, en 1953 foi liberado polos rusos e estableceuse na República Democrática Alemá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das paxiláceas, que presentan sombreiro convexo e láminas desiguais e de cor amarela tirando a parda. Non son aptas para o consumo pois provoca intoxicacións que poden ser mortais. En Galicia atópanse diversas especies como P. involutus, baixo calquera tipo de árbore, e P. panuoides, sobre madeira podre de coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade fortificada de Exipto, situada a uns 40 km ao SL de Port Saïd (actual el-Farama). Cambises II de Persia tomouna en 525 a C como paso previo para a conquista de Exipto. En 343 a C Artaxerxes III derrotou alí a Nectanebo II e así iniciou a invasión do Delta, que lle permitiu establecer a segunda dominación persa ou dinastía XXXI (343-332 a C). Na época romana (30 a C-395) foi un porto importante e en 639 o árabe ‘Amr ibn al-’As arrebatoullela aos bizantinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das faláceas, ao que pertence o carallán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos titónidos, ao que pertence a curuxa asiática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos quirópteros, da familia dos vespertiliónidos, ao que pertence o morcego de monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de manganeso, de fórmula MnO2. Cristaliza no sistema tetragonal. É de cor gris de ferro e, por veces, azulada. É opaco e ten un brillo metálico. Os principais xacementos atópanse en Rusia, India, África do Sur, Ghana, Marrocos, Brasil, e Zaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘máis alá’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tempo verbal do modo indicativo que expresa anterioridade a un referente pasado (Cando chegou ao concerto, xa empezara a actuación). Pode expresar un valor modal de cortesía (Quixera pedirlle un favor), un desexo (Quen me dera poder viaxar polo mundo adiante!), unha acción que cumpría ter feito (Se non o remataches, rematáralo) e tamén se pode empregar para indicar un distanciamento (Xura que llo levara). Morfoloxicamente presenta, nos verbos regulares, un sufixo modo temporal /ra/ para as tres conxugacións (and-a-ra-s, varr-e-ra-s, part-i-ra-s); este sufixo é tónico na P4 e P5 (and-a-ra-mos, and-a-ra-des). OBS: Tamén se denomina antepretérito de indicativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mellor marca obtida por un deportista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deportista que posúe a mellor marca nunha disciplina atlética.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aumento no valor dun obxecto por causas externas, sen que se lle fixese ningu-nha mellora.

      2. Aumento de valor dun inmoble por causa de investimentos efectuados polos entes públicos.

      3. Aumento do valor corrente dun inmoble o día en que remata o período de imposición en relación ao valor que tiña ao inicio do período.

    1. Expresión monetaria do valor incorporado á produción do traballo da que se apoderan os propietarios dos medios de produción, sen ningunha contrapartida. Este concepto, elaborado por Karl H. Marx, baséase no modelo de produción capitalista do intercambio de mercadorías efectuado segundo a cantidade de traballo socialmente necesario incorporado nelas, é dicir, polo seu valor de cambio. Para organizar a produción dunha mercadoría, o capitalista adquire os elementos necesarios, a maquinaria, as materias primas, a enerxía e forza de traballo, polo seu valor de cambio (c e v) e véndeos ao valor V, superior ao dos elementos utilizados para producila. Esta diferenza é a plusvalía (m). Isto explícase debido a que a mercadoría forza de traballo ou capacidade de traballar do obreiro ten un valor de uso especial, pois produce máis valor do que custa. O valor da forza de traballo non é máis ca o traballo socialmente necesario para que o obreiro viva e se...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores duns 20 ou 25 m de altura, da familia das salicáceas, de madeira lixeira e de pouca consistencia que serve para a fabricación de cestas. En Galicia danse o lamigueiro branco (P. alba) e o lamigueiro mouro (P. nigra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de comunidades indíxenas que, entre os romanos, tiñan o mesmo nome e vivían no mesmo territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e Dereito Canónico, foi presbítero (1901), cóengo tesoureiro (1918), deán (1930) e presidente do cabido da catedral de Santiago de Compostela. Foi tamén catedrático no Seminario Conciliar (1901-1902; 1929-1940). O Papa Paulo VI nomeouno prelado doméstico da Súa Santidade. Escribiu Catecismo Social (1910), Don Diego de Muros, deán de Santiago, obispo de Mondoñedo y de Oviedo y de su colegio de Salamanca (1944), Anotaciones al tumbo A de la Catedral de Santiago (1949), Orígenes del culto al Apóstol Santiago en España (1953), Galicia en los tiempos de los Fonseca (1957), Origen del topónimo Compostela (1958), La Guerra de la independencia en Galicia (1964) e O Cañón de pau (1976). Foi membro correspondente da Real Academia Española, académico de número da Real Academia Galega (1941) e membro do Seminario de Estudos Galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vigo a partir do 1 de abril de 1858. Cesou o 20 de agosto dese mesmo ano. Subtitulouse “Revista de comercio, industria, ferrocarriles, telégrafos y literatura”. Dirixida por Francisco Tenreyro Montenegro, editouse nos obradoiros tipográficos de Xoán Compañel. Defendeu a unión de toda a Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Foi o pintor animalista máis coñecido do seu tempo. Traballou en Amsterdam, Delft e na Haia (Brau, 1647).

    VER O DETALLE DO TERMO