"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi un dos principais representantes do Neoclasicismo. Foi o autor da Nova Casa da Moeda de París (1768-1777), de estilo clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto preparado orixinariamente pola oxidación do antraceno, que na actualidade se obtén pola reacción de Friedel e Crafts entre o anhídrido ftálico e o benzol, e por condensación da 1,4 naftoquinona co butadieno (por exemplo, a alitzarina) e por nitración (entre outras, a 1-nitroantraquinona), que se emprega na síntese de colorantes. Úsase tamén no tratamento dos xermolos destinados á semente, como repelente de aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antraquinona, derivado da antraquinona.

    2. Substancia química derivada da antraquinona, empregada como purgante. Os antraquinónicos actúan estimulando o intestino groso. Son os principios activos de diversas plantas como o áloe ou o ameneiro.

    3. Colorantes sintéticos derivados da antraquinona, moi utilizados en tintura e moi apreciados pola súa solidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio dos Países Baixos, unha das dezasete antigas provincias. Cara ao 950 quedou baixo a autoridade do Sacro Imperio Romano-Xermánico, e no 1008 foi erixida como marquesado baixo a dependencia do Imperio e do duque de Brabante, a partir do cal seguiu as vicisitudes históricas da casa de Brabante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amadeo I de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lámpada de parede.

    2. Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa un tipo de encaixe que se une a outro, polo xeral nun extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertence aos aplousobranquiados.

    2. Individuo da orde dos aplousobranquiados.

    3. Orde de ascidiáceos integrados por animais procordados, que teñen o corpo alongado e dividido en dúas ou tres partes. Son coloniais. Reprodúcense sexualmente ou de foma asexual por xemación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada no 1803 polo ilustrado Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo do cabido compostelán, na que se defende a autenticidade histórica da Batalla de Clavijo como alicerce que fornece a Igrexa compostelá do dereito á percepción do Voto de Santiago, mediante o cal esta se vencellaba á Coroa. Forma parte do grupo de publicacións que entre finais do s XVIII e principios do XIX respostan a aqueloutras que, co mesmo afán por atopar xustificación nos datos históricos, opóñense ao tal voto dende os círculos apoloxéticos que proliferan na época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de inconsciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboación do Convento Xurídico Lucense e núcleo, xunto con Aquae Celenae, do populus prerromano dos cilenos. A localización actual aproximada estaría nos arredores de Cuntis, cando menos polo que se desprende dos traballos de Tranoy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Aquis Celenis Quinta mansión da vía romana número XIX, que conectaba Bracara (Braga) con Lucus (Lugo) polo interior, a vinte e tres millas (milia passvvm) da anterior mansión, Turoqua. Pertencía ao Convento Xurídico Lucense. Hai autores que dubidan, no relativo á súa localización, entre Cuntis, Caldas e mesmo Camiña; sen embargo, Tranoy sitúaa en Caldas de Reis, onde se atoparon abundantes restos romanos: aras, lousas sepulcrais, construcións e estruturas termais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Único municipium romano ben documentado pola epigrafía da Gallaecia. O trazado da cuadrícula deste núcleo urbano, situado no Convento Xurídico Bracarense en territorio do populus dos aquiflavienses, aínda é plenamente discernible na cidade portuguesa de Chaves, importante rexión mineira. Contiña interesantes estruturas urbanísticas, como amosan os achados arqueolóxicos da Ponte de Traxano co seu Padrón dos Pobos, un encoro, un acueduto e termas públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboación situada no Convento Xurídico Bracarense e capital, segundo Ptolomeo, do populus prerromano dos turodoros. A localización aproximada na actualidade estaría nas proximidades de Barbantes, ao sur de Chaves; Barros Silvelo situáraa preto de Freixo de Numão e Leite de Vasconcelos na área inmediata de Aqua Flaviae (Chaves).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboación situada no Convento Xurídico Lucense, citada por Ptolomeo como núcleo do populus prerromano dos seurros. Semella que a súa localización actual estaría na zona de Sarria, ao noroeste do actual Monforte e ao sur de Guntín. Convértese en mansión intermedia da vía romana secundaria de Lucus Augusti (Lugo) a Dactonium (Monforte). Este topónimo menciónase tamén nunha tesela militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da actual Aix-en-Provence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acuario situado na cidade da Coruña, inaugurado o 5 de xuño de 1999. Na súa piscina principal, cunha capacidade de 20.000.000 de litros, acolle exemplares de todas as especies que compoñen a fauna mariña galega. Tamén se coñece co nome da Casa dos Peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación Acuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONFEDERACIONS

    Confederación de doce cidades da Acaia, estruturada definitivamente contra o ano 280 a C. Adquiriu importancia a partir do ingreso nela de varias cidades da Argólida e a Arcadia. Desenvolvía unha política exterior única decidida por un sínodo común; comandábaa un estratega, e un dos máis importante foi Arato de Sicione (271-213). Aliada con Macedonia, derrotou a Esparta en Selasia (221). Coa axuda de Roma, xa no s II a C, procurou o dominio total da Grecia continental, ao que se opoñían Macedonia e Esparta. A mediados de século Roma tomou partido por Esparta e a Liga foi vencida e disolta no 146 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer ben, resultar agradable aos outros.

    2. Combinar ben unha cousa con outra.

    3. Sentar ben a alguén unha vestimenta ou adobío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calmar as alteracións do ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO