"ues" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 481.
-
PERSOEIRO
Político. De nome Jules Bazile, introduciu o marxismo en Francia e organizou o movemento obreiro de bases socialistas. Participou con J. Jaurès na organización do partido socialista unificado (SFIO) e foi ministro de Estado (1914-1916). Fundou a revista L’Égalité (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Filipe V o 30 de setembro de 1716 a frei Pedro de Mosquera e Pimentel de Soutomaior, prior en Castela da orde de San Xoán de Xerusalén, para o seu sobriño Antonio Miguel Mosquera e Villar Pimentel e Sarmiento de Meira, señor de Vilar de Paio Muñiz e da casa de Guimarei. No s XIX o marquesado pasou á casa de Rubiáns. Trae as armas dos Mosquera: en campo de prata, cinco cabezas de lobo, de sable, lampasadas de goles, postas en aspa; no timbre presenta a coroa de marqués.
-
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi profesor da facultade de Ciencias de Bordeos, a Sorbona, o Collège de France e a École Polytechnique de París. Traballou en case todos os campos das matemáticas, especialmente no de cálculo integral, onde creou as bases da teoría da análise funcional.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Hamburgo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Hamburgo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa de carne de vaca ou de tenreira picada, de forma plana e redondeada, a miúdo condimentada con manteiga, allo, perexil, cebola e ovo. A hamburguesa foi levada aos EE UU polos emigrantes alemáns en 1850, e ao cabo duns anos converteuse no arquetipo de comida americana. Adoitase comer como bocadillo, a miúdo acompañada de condimentos (cogombro, cebola, leituga, tomate, queixo, etc) ou salsas (ketchup, maionesa ou outras).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde se venden hamburguesas.
-
PERSOEIRO
Político revolucionario francés. Fundador do diario Le Père Duchesne (1790) e membro do Club des Cordeliers. Foi dirixente da á máis revolucionaria dos montagnards. Crítico con Robespierre, foi condenado e executado na guillotina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Helsinqui ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Helsinqui.
-
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Centrado nun correcto nu feminino de contornos nebulosos, converteuse nun abandeirado da Alsacia perdida por Francia en 1871. O seu estudo de París foi convertido nun museo que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Traballou con F. J. Bélanger e C. Percier, e foi arquitecto real ata 1848. En París fixo a igrexa de Saint-Vicent-de-Paul (1832), os circos de verán (1841) e inverno (1852) e o Hôtel du Louvre. Tamén comezou a urbanización das prazas da Concorde e da Étoile (1840). Na estación du Nord empregou o ferro como elemento estrutural.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao S da serra de Cazorla (2.732 h [2001]). A súa economía baséase nos recursos agropecuarios (cultivo de oliveiras e cereais e cría de gando ovino) e na explotación das canteiras de xeso e das minas de potasa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Aragón (46.243 h [2001]). A súa principal función é a administrativa, base da economía local. Poboado ibero co nome de Bolsca, converteuse en Osca en época romana. Conquistada polos musulmáns no s VIII, foi recuperada por Pedro I de Aragón en 1096, aínda que continuou a ser un importante núcleo urbano no que estaban representados musulmáns, cristiáns e xudeus. No s XVI iniciou a súa decadencia, pero a súa importancia estratéxica fíxoa centro de importantes accións militares durante a Guerra Civil. Do seu patrimonio cultural destacan o mosteiro de San Pedro el Viejo (ss XI-XIII), declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1985; a igrexa catedral da Transfiguración del Señor (ss XIII-XVI), declarada BIC en 1931; as igrexas de Nuestra Señora de Salas, San Miguel e San Lorenzo (s XVIII); o edificio da antiga universidade (s XII); o antigo colexio de Santiago (ss XVI-XVII); e o edificio modernista Casino del Palacio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Aragón (15.636 km2; 206.502 h [2001]). Integrada por 202 municipios, a súa capital é Huesca. Limita ao L coa provincia de Lleida (Catalunya), ao O con Nafarroa, ao S con Zaragoza e ao N cos Pireneos que marcan a fronteira con Francia. A maior parte do seu territorio sitúase por riba dos 400 m de altitude; tan só a zona máis meridional, ocupada pola depresión do Ebro, queda por baixo. A rede hidrográfica artéllase ao redor dos afluentes do Ebro (Aragón, Gállego, Cinca e Noguera Ribagorzana, entre outros). Á parte do Parque Nacional de Ordesa, nos Pireneos, existen outros moitos lugares de interese natural, como os Mallos de Riglos, Los Monegros, ou o Canal de Berdún. A densidade de poboación é baixa, debido ao carácter montañoso do territorio. O poboamento baséase en pequenas cidades, incluso a capital, que aglutina case que a cuarta parte da poboación, ten un tamaño modesto. Barbastro (15.053 h), Monzón (14.920 h), Fraga (12.100 h) e Jaca (11.398 h) constitúen...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na serra de La Sagra (7.910 h [2001]). A súa economía baséase na explotación dos recursos agropecuarios propios do ámbito mediterráneo (cultivo de cereais, vide e oliveiras, cría de gando ovino e caprino e cunicultura) e na súa transformación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Investigador cinematográfico. É catedrático de Historia do Cine do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado en Cinematografía pola Cátedra de Historia e Estética da Cinematografía da Universidade de Valladolid, desenvolveu un importante labor académico e investigador coa publicación de numerosos artigos e estudios sobre o medio cinematográfico. Neste aspecto destaca a súa dirección de diversos e importantes proxectos de investigación no seo da Universidade de Santiago de Compostela, con publicacións derivadas dos mesmos, como Catálogo dos fondos cinematográficos nos arquivos públicos galegos (1990), Fontes e documentos sobre cine en Galicia nos arquivos da Administración Central (1992), Filmografía Galega. Longametraxes de Fición (1998) e Filmografía Galega. Curtametraxes (2002). Outras das súas liñas de investigación foron as relacións entre historia contemporánea e cine, o estudo dos xéneros cinematográficos e a reflexión sobre o cine histórico...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é cuestionable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga colonia portuguesa constituída polos territorios de Goa e Daman e Diu. Pasaron á Unión India en 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institut des Sciences de l’Éducation.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural dependente da Fundación Provigo y su Área. Edita o Boletín do Instituto de Estudios Vigueses e monografías.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo iroqués ou a súa lingua.
-
Individuo do pobo iroqués.
-
Pobo indíxena de América do N que na época dos seus primeiros contactos cos colonizadores europeos habitaba no actual estado de New York, no val do río Mohawk e na rexión dos Grandes Lagos. Dedicábanse á agricutura e a súa sociedade era de tipo matriarcal. A unión das cinco tribos iroquesas máis importantes, coñecida como a Liga das Cinco Nacións, converteunos no principal inimigo dos colonizadores franceses e, posteriormente, dos ingleses e estadounidenses. A súa poboación concéntrase en reservas no estado de Oklahoma.
-
Lingua dos iroqueses.
-