"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Pedro do Incio (O Incio). O seu cumio acada os 842 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sal’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘salgadoiro’.
-
CIDADES
Cidade do estado de Edo, Nixeria, situada na chaira do río Osse (126.000 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Árbore que pertence ao xénero Entandrophragma da familia das meliáceas. Son de dimensións medianas, de follas paripinnadas, lanceoladas e asimétricas. Dáse desde Costa de Marfil ata Uganda, en Guinea, Guiné-Bissau, Guinea ecuatorial e Camerún.
-
Madeira que se obtén desta árbore e que se emprega en ebanistaría.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros, da familia dos cerambícidos, que se caracterizan por presentar o corpo amarelento e con debuxos de cores diversas nos élitros, e por ser parasitos de árbores provocándolles tumores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de sápido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten algún sabor ou gusto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre polonesa orixinaria de Lituania. O seu nacemento remóntase a Sunigal Sapieha (?-1330). O seu fillo recibiu o nome de Simón Sapieha e foi admitido dentro da nobreza polonesa. De dous netos seus formáronse as liñas existentes: os Sapieha-Rožański, que obtiveron a dignidade de príncipes do Sacro Imperio Romano-Xermánico (1700) e os Sapieha-Kodeński, cuxos membros foron condes (1572) e príncipes (1633) do Sacro Imperio. A súa ascensión foi obra de Lew Sapieha (1557-1633), gran chanceler de Lituania (1589-1623). Lew Sapieha (1802-1878) e o seu fillo Adam Sapieha (1828-1878), distinguíronse na loita pola liberación de Polonia. Adam Sapieha (1867-1951), foi arcebispo de Cracovia (1925) e cardeal (1946), en cuxa figura se personificou a resistencia do pobo polonés contra o dominio nazi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sabedoría.
-
-
Relativo ou pertencente á sabedoría.
-
Conxunto de libros do Antigo Testamento integrado polo Libro de Xob, o Libro dos Proverbios, o Eclesiastés, o Cantar dos Cantares e os deuterocanónicos: o Libro da Sabedoría e o Eclesiástico. A maior parte deles foi escrita en poesía e en formas literarias diversas como diálogos ou cantos de amor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se caracteriza pola súa sabedoría e erudición.
-
-
Relativo ou pertencente ás sapindáceas.
-
Planta da familia das sapindáceas.
-
Familia de sapindais de distribución pantropical, constituída por unhas 1.100 especies. Son plantas leñosas, a miúdo lianoidas, con follas alternas e frecuentemente compostas, con flores cigomorfas, hipóxinas e xeralmente hermafroditas, dispostas case sempre en inflorescencias cimosas, e con froitos moi diversos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás sapindais.
-
Planta da orde das sapindais.
-
Orde de dicotiledóneas dialipétalas, integrada por plantas leñosas segregadoras de resinas ou esencias, con follas alternas e flores hermafroditas. Compoñen esta orde importantes familias como as rutáceas ou as aceráceas.
-
-
PERSOEIRO
Lingüista. Doutorouse na Universidade de Columbia (1909) e foi profesor das universidades de California (1907-1908), Pennsylvania (1908-1910), Chicago (1925-1931) e Yale (1931-1939), e director da sección de antropoloxía do Museo Nacional Canadense en Ottawa. A partir do seu estudo das linguas amerindias, ao que chegou por influencia de Franz Boas, tratou de poñer en relación lingua e cultura e propuxo unha nova tipoloxía das linguas baseada na consideración de datos formais. Na súa obra de síntese, Language (1921), intentou construír unha nova ciencia da linguaxe á marxe das consideracións históricas e insistindo nos feitos lingüísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina relativista que mantén que as diversas concepcións do mundo dependen das diferenzas lingüísticas existentes. Está inspirada nas teses de E. Sapir e formulada por B. L. Whorf.
-
SERRAS
Serra de Malawi situada ao SL do distrito de Mulanje. O cumio máis elevado acada os 3.002 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Anfibio anuro na súa etapa de posmetamorfose, coas extremidades posteriores moito máis longas ca as anteriores, aínda que non tanto como nas ras, e tampouco están tan adaptados para o salto coma nestas. A pel é caracteristicamente rugosa, con espullas e de aspecto seco ou moito menos húmido ca no caso dunha ra. A ligazón á auga é moito menor ca nas ras, acudindo os adultos aos cursos de auga ou charcas soamente para reproducirse. Na época reprodutora os machos croan incansablemente, grazas aos sacos vocais membranosos que se sitúan na gorxa, para atraer as femias. A fecundación é externa, cando unha femia se achega ao macho este agárraa polas axilas e fecunda os ovos a medida que a femia realiza a posta, que se realiza na auga, e os ovos rodéanse dunha masa xelatinosa. Os cágados, que nacen sen patas e con branquias internas, pasan na auga por distintos estadíos ata completar a metamorfose, momento no que son idénticos aos adultos pero de menor tamaño. Aínda que os cágados son xeralmente...
-
sapo comadrón [port: sapo-parteiro-comun; cast: sapo partero común; ingl: midwife toad] [Alytes obstetricans, Fam dos dicoglósidos]
Sapo pequeno tamaño coa pupila vertical, pequenas parótidas con forma de ril, e pel con pequenas espullas. Presenta unha cor parda ou agrisada apintarada de pequenas manchas verdosas ou agrisadas, ás veces vermellas. É de costumes nocturnos e o celo vai desde febreiro a xuño, cando é común escoitar o seu canto similar ao tintinar dunha campaíña. As femias poñen entre 50 e 150 ovos que os machos, facendo honor ao seu nome, cargan entre as patas traseiras ata o momento da eclosión, cando deixan as larvas nalgunha poza que non seque polo verán. As larvas poden acadar gran tamaño antes de sufrir a metamorfose. É común no N da Península Ibérica é máis escaso no centro. En Galicia é común en todo tipo de hábitats, podendo acadar os 1.600 m de altitude.
-
sapo común/cunqueiro [port: sapo-comun; cast: sapo común; ingl: common toad] [Bufo bufo, Fam dos bufónidos]
Sapo de cor moi variable, do gris a pardo alaranxado, aínda que a máis frecuente é a cor parda agrisada cun deseño irregular pardo escuro. Os individuos máis novos teñen a miúdo as parótides rubias sobre fondo escuro. As femias son maiores ca os machos, e acadando os 18 cm, mentres que estes só chegan aos 11,2 cm. Presentan unha pel con moitas espullas e na cabeza destacan as grandes glándulas parótides oblicuas entre si e os ollos de cor laranxa. Vive en gran variedade de hábitats, desde fragas e prados a zonas agrícolas ou espazos degradados. Aliméntase de toda clase de pequenos animais, e é depredado pola víbora de Seoane, cobras de auga, aves de presa, londras, ourizos ou armiños. É de hábitos nocturnos, e comenza o celo arredor de marzo e sobre todo a finais da primavera (maio). Os ovos aparecen en cordóns xelatinosos e as larvas son totalmente negras e sempre pequenas. Distribúese por toda a Península Ibérica e por toda Galicia desde a beira do mar ata os 1.600 m en Pena Trevinca...
-
sapo corriqueiro [port: sapo-corredor; cast: sapo corredor; ingl: natterjack] [Bufo calamita, Fam dos bufónidos]
Sapo máis pequeno ca o anterior, e cun aspecto moi similar, aínda que con deseños dorsais que poden ser tamén verde pardentos, espullas manchadas de encarnado e negro, unha liña vertebral clara ou amarelenta e pupilas de cor amarela verdosa. Caracterízase porque, ao contrario ca os outros sapos, en vez de desprazarse a pequenos saltos cando se ve apurado, esta especie faino mediante rápidas carreiras. Atópase en todo tipo de hábitats e é común de zonas con precipitacións impredicibles, xa que se caracteriza por facer a posta en todo tipo de augas, entre elas, en pozas temporais. Aliméntase de toda clase de pequenos animais e é depredado pola víbora de Seoane, cobras de auga, aves de presa, londras, ourizos ou armiños. Distribúese por toda a Península Ibérica e por toda Galicia desde a beira do mar ata os 1.600 m en Pena Trevinca ou os 1.900 m na Serra dos Ancares.
-
sapo de esporóns [port: sapo-de-unha-negra; cast: sapo de espuelas; ingl: western spadefoot] [Pelobates cultripes, Fam dos pelobátidos]
Sapo de tamaño medio, sen glándulas parótides e con ollos grandes e con pupila vertical. É de cor cincenta ou parda clara moteada de negro e caracterízase por ter un esporón ou unlla córnea nas patas traseiras que lle dá nome e que usa para enterrarse no substrato rapidamente. Habita en zonas relativamente secas e con substratos areosos, coincidindo sobre todo con viñedos. Reprodúcese de decembro a abril, variando dun ano para outro en función da temperatura media e das chuvias intensas. En Galicia atópase soamente nas Rías Baixas, chegando ata Carnota e Corrubedo, e en certas comarcas do interior como Verín, Monforte ou a Limia. Nesta última é probable que desaparecese pola introdución de cangrexos de río, pero é escaso en toda Galicia.
-
sapo raxado [port: discogloso; cast: sapillo pintojo ibérico; ingl: painted frog] [Discoglosus galganoi, Fam dos discoglósidos]
Sapo que se caracteriza por ter aspecto de ra, unha pel lisa sen espullas nin glándulas parótides e ser de cor cinsenta con manchas pardas e a miúdo con deseños raiados. Está, ao igual ca as ras, moi ligado á auga, aparecendo sempre nas proximidades desta, en prados, zonas herbáceas e marismas. Pode tolerar augas con materia orgánica, o que lle permite aparecer en zonas suburbanas. Activo durante todo o ano, aliméntase de toda clase de pequenos insectos e é depredado pola víbora de Seoane, cobras de auga, aves de presa, londras, ourizos e algarias. Mostra preferencia por pequenas pozas temporais para reproducirse. Distribúese pola metade occidental da Península Ibérica e por toda Galicia, onde é bastante común, aínda que se comporta aquí como unha especie algo termófila, e evitando as serras (non pasa dos 1.000 m na Serra dos Ancares).
-
-
Animal rodeado de misterio, crenzas e supersticións de todo tipo ao crerse que é unha das criaturas nas que o demo toma forma. Está considerado velenoso e pezoñento, ao servizo de bruxas e meigas, e forma parte de infinidade de beberaxes e fórmulas maxicas. Causan o aire de sapo ou goxo, e para evitalo as mulleres colgábanos do pescozo metidos nun saquiño, o que deu como orixe o colgante con este nome. Anuncian treboadas coa súa presenza e co seu croar, e dise que lle cambiou á toupa o rabo polos ollos.
-
Adorno tradicional do traxe feminino galego. Trátase dun broche de dimensións variables composto por dúas ou tres pezas unidas entre si. Na parte superior vai a peza de maior tamaño e debaixo as seguintes en orde descendente. Adoita facerse cunha filigrana moi coidada e os principais materiais na súa elaboración son o acibeche, a prata e o ouro. Préndese á altura do peito e vai acompañado dunhas cadeas de ouro ou prata arredor do pescozo. Forma parte das xoias que usan as mulleres no traxe tradicional de gala de toda Galicia.
-
-
-
Tartaruga acuática ou semiacuática, que contrariamente ás terrestres, presentan a cuncha aplanada e son principalmente carnívoras. Aliméntase dunha gran variedade de animais acuáticos e preas. En Galicia están presentes as dúas especies que habitan en Europa, o sapoconcho común e o sapoconcho riscado.
-
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado en Fene a partir do 18 de decembro de 1994. Subtitulado “Boletín trimestral”, foi promovido polo Museo do Humor de Fene e dirixido por Xaquín Marín. O seu obxectivo foi a difusión do humor gráfico, para o que contou coa colaboración de destacados debuxantes galegos. Completou os seus contidos cos relatos premiados no concurso A Curuxa do Humor, convocado polo propio museo, así como artigos sobre as Xornadas do Humor de Fene.