"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
PERSOEIRO
Fundador e primeiro rei (632?-654) do Reino de Mercia. Someteu Cheshire, Shrophire e Herefordshire. Morreu na Batalla de Winwaed, enfrontado a Oswy de Northumbria.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Enfrontamento entre dúas ou máis persoas que pode chegar á violencia física.
-
-
Circunstancia de estar unha cousa sen resolver.
-
Estado dun xuízo que está pendente de resolución.
-
-
-
-
-
-
Sacramento encamiñado a perdoar un individuo ou unha colectividade que cometeran pecado. Ata o s IV practicouse a penitencia pública, á que se sometían os que, despois do bautismo, cometeran os pecados de homicidio, adulterio e idolatría ou apostasía. Ata o s IX houbo unha progresiva desaparición da penitencia pública, considerada demasiado rigorosa, e apareceu a penitencia privada ou confesión, en que cada tipo de pecado tiña unhas penas determinadas. O Concilio de Trento (1545-1563) fixou para a Igrexa Occidental a práctica da confesión individual. Finalmente, froito da reforma do Concilio Vaticano II, o novo ritual (1973) volveu subliñar os aspectos comunitarios, coa reinstauración das celebracións colectivas e cunha insistencia no sentido eclesial que ten tamén a confesión privada.
-
Pena imposta ao penitente como satisfacción dos pecados cometidos, que se reduce á recitación dalgunhas pregarias.
-
Mortificación que alguén se impón a si mesmo para pedir perdón polas súas culpas diante de Deus.
-
Arrepentimento que sente o pecador pola súa falta e propósito de non volver a cometela nunca máis.
-
-
-
Castigo público que impuña o tribunal da Inquisición a algúns reos.
-
hábito de penitencia
estido distintivo dos reos da Inquisición, adoptado despois polos penitentes das procesións.
-
-
Castigo que se impón a alguén como escarmento por algunha acción indebida.
-
O que resulta incómodo ou desagradable, especialmente se se realiza como acto de mortificación.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á penitencia.
-
salmos penitenciais
Grupo de salmos (6, 31, 37, 50, 101, 129 e 142) que mandaba recitar en diversas ocasións o pontifical romano. Chámanse así polo sentimento de penitencia que conteñen.
-
-
Libro medieval que contiña catálogos de pecados e regras que determinaban a correspondente penitencia.
-
-
-
Impoñer penitencia.
-
Sufrir ou facer penitencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro dos tres tribunais da curia romana, dedicado ao foro interno, é dicir, a todas as cuestións de conciencia, como absolución dos casos reservados á Santa Sé, a solución de casos difíciles de conciencia, as dispensas, as sancións e as conmutacións de votos. Foi fundado por Inocencio IV e Pío V (1569) fixou as súas competencias. OBS: Tamén se denomina penitenciaría apostólica.
-
-
Relativo ou pertencente á pena ou ao penal.
-
Cóengo de oficio dos capítulos das catedrais e anteriormente tamén das colexiatas, que ten como obriga escoitar as confesións dos fieis, con potestade de absolver os pecados e censuras reservadas ao bispo. Foron creados polo Concilio IV do Letrán (1215) e o Concilio de Trento regularizou a súa función.
-
Cardeal que preside a penitenciaría.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ferrol a partir do 1 de setembro de 1865. Cesou o 15 de marzo de 1866. Fundada e dirixida por Ventura Pueyo, subtitulouse “Revista quincenal de ciencias, literatura, industria, agricultura, comercio [...] con la cooperación de los principales hijos de Galicia notables en las ciencias y en las letras”. Na súa redacción participaron, ademais do propio director, Leandro de Saralegui e Bieito Vicetto. Dividiuse en tres partes, unha doutrinal, outra creativa, e unha terceira referida a novas e descubrimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período de paz comprendido entre o final da Segunda Guerra Médica (479 a C) e o inicio da do Peloponeso (431 a C), que se caracterizou pola hexemonía de Atenas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condutancia efectiva dun illador, que constitúe unha medida da calidade do illamento. Nun condensador é a medida das fugas do dieléctrico.
-
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia (1975), centrou a súa investigación nos temas gandeiros. Da súa produción destacan La Lanzada a principios del s XVIII. Población y economía (1975), Un Modelo de sociedad rural de antiguo régimen en la Galicia costera: la península del Salnés: (Jurisdición de La Lanzada) (1979) e Un Modelo social leonés en crecimiento: la Vega Baja del Esla entre 1700 y 1850 (1998). Membro da Societé de Demographie Historique.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica, habilidade ou experiencia na realización de algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao perito ou experto.
-
PERSOEIRO
Prehistoriador. Formouse na Universitat de Barcelona, onde foi discípulo de P. Bosch i Gimpera. Catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, trasladouse á de València e logo exerceu como profesor de etnoloxía na Universitat Autònoma de Barcelona. Os descubrimentos de Parpalló e doutras covas valencianas levárono a especializarse no Paleolítico Superior. Da súa obra destaca Prehistoria de la Península Ibérica (1923), Los vasos campaniformes de la colección La Iglesia (1927), La España primitiva y romana (1934), Las raíces de España (1952) e Cincuenta años de prehistoria (1964). Vicepresidente do Consello Superior de Investigacións Científicas, foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tipo de relevo característico das terras ou dos mares de clima frío con temperaturas invernais inferiores aos 0°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de erosión e tipo de modelado característico das rexións frías da Terra, non recubertas de xeo dun xeito continuo e onde as alternancias de xeo e desxeo son o factor erosivo esencial. O termo foi introducido en 1909 por W. Lozinski para describir o tipo de clima e os trazos morfolóxicos superficiais controlados polo mesmo. Aproximadamente, unha sexta parte da superficie das terras emerxidas están baixo os efectos do periglaciarismo. Durante os períodos de clima frío do Cuaternario, esta superficie foi considerablemente maior, e os sinais do modelado periglacial aínda son perceptibles. O sistema periglacial localízase nos sectores de latitudes moi elevadas e nos sectores de alta montaña. Nas latitudes elevadas hai dous tipos de áreas cubertas de xeo durante longas tempadas cada ano; as áreas de clima polar continental, como ao NL de Siberia, e as áreas de clima polar oceánico, como Islandia. Nas grandes altitudes, o xeo desenvolve un importante papel durante gran...
-
-
Acontecemento brusco e imprevisto que fai cambiar unha situación.
-
Cambio repentino de situación nunha obra dramática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen vive no círculo polar.
-
-
Calidade ou estado de permanente.
-
Estancia nun lugar durante certo tempo.
-