"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Reacción de transposición que ten lugar cando se trata o éster dun fenol con cloruro de aluminio e se converte nunha orto- ou nunha para- hidroxicetona ou nunha mestura destas. A importancia desta reacción en síntese débese ao feito de que os fenois son difíciles de acetilar coa reacción de Friedel e Crafts.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cara principal dun edificio.

      2. Remate triangular da fachada dun edificio.

    1. Páxina inicial dun libro que vai antes da portada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de fruír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Axum e apóstol de Etiopia. A súa festividade celébrase o 27 de outubro (entre os latinos) e o 30 de novembro (entre os gregos).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de frustrar ou frustrarse.

    2. Estado de quen queda privado dunha satisfacción que cre que lle corresponde e séntese defraudado nas súas esperanzas. A frustración pode deberse á falta dun obxecto ou ben ao encontro dun obstáculo inesperado no camiño da satisfacción dos desexos. As dificultades proveñen do ambiente ou do individuo. O obstáculo é subxectivo, e unha mesma situación pode ser vista como favorable por unha persoa e como frustrante por outra. As reaccións á frustración son variadas e dependen do axente frustrado, da súa personalidade e da súa natureza.

    3. Execución de todos os actos necesarios para producir un delito e, non obstante, non o producen por causas alleas á vontade do autor. É un estado intermedio entre a tentativa e a consumación, máis grave có primeiro e menos ca o segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de frutificar.

    2. Proceso de formación do froito a partir da flor.

    3. Aparello esporífero dunha criptógama.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de fulgurar.

      2. Brillo luminoso do ouro ou da prata fundidos cando a capa de óxido metálico deixa ao descuberto a súa superficie.

      3. fulguración solar

        Aumento notable da luminosidade da superficie solar que se produce en rexións de área reducida durante un tempo xeralmente breve. As fulguracións resultan claramente visibles cando se observan nas lonxitudes de onda correspondentes ás liñas Hα, H e K do espectro solar. Normalmente obsérvanse sobre flóculos preexistentes.

    1. Electrocución mediante electricidade natural.

    2. Uso de chispazos de alta frecuencia e de alta tensión sobre a pel ou sobre un campo operatorio para modificar a nutrición dos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fulminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no adxectivo latino fulgentius ‘relucente, refulxente’. Presenta o hipocorístico Xencio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Bispo de Ruspe (507) foi desterrado por Trasimundo, rei dos vándalos, pero volveu do exilio no 523. Escribiu numerosas obras, entre as que destacan, Contra Arianos e Ad Thrasamundum regem, contra os arrianos. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo hispano, irmán dos bispos de Sevilla, san Leandro e san Isidoro. Bispo de Écija e logo de Cartagena, interveu no II Concilio de Sevilla (619). Na iconografía leva vestiduras de pontífice, sen o palio sagrado e, como atributo, un báculo. A súa festividade celébrase o 1 ou 16 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fumigar.

      1. Produción de fume ou vapores dunha substancia medicamentosa nun espazo pechado, con exposición do corpo ou dunha parte do corpo.

      2. Desinfección dun habitáculo por medio dun antiséptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción especial, propia ou normal dun órgano ou dun aparato dun ser vivo.

      2. función biolóxica

        Resultado da actividade dun órgano ou sistema.

      3. función clorofílica

        fotosíntese.

      1. Acción propia ou característica dunha facultade natural.

      2. función psíquica

        Acción propia dunha facultade psíquica ou dun proceso mental dentro da actividade total psicolóxica dun individuo. Cosntitúe un conxunto de operacións interdependentes.

    1. Acción propia dunha máquina.

      1. función pública

        Función que compete aos organismos, ás autoridades, aos axentes e aos auxiliares do poder público.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción especial, propia ou normal dun órgano ou dun aparato dun ser vivo.

      2. función biolóxica

        Resultado da actividade dun órgano ou sistema.

      3. función clorofílica

        fotosíntese.

      1. Acción propia ou característica dunha facultade natural.

      2. función psíquica

        Acción propia dunha facultade psíquica ou dun proceso mental dentro da actividade total psicolóxica dun individuo. Cosntitúe un conxunto de operacións interdependentes.

    1. Acción propia dunha máquina.

      1. Acción correspondente a unha persoa segundo o seu cargo, oficio, ou emprego.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás funcións.

    2. Aplícase ao trastorno ou á síndrome que non van acompañados de alteracións anatómicas.

    3. Que foi feito ou concibido atendendo principalmente á súa utilidade ou á adecuación nun contorno determinado e non á estética.

      1. Función dun espacio vectorial no seu corpo de escalares.

      2. funcional lineal

        Funcional que cumpre a propiedade f(α v + w =αf( v )+f( w ).

    4. funcionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de funcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de funcional.

    2. Posición teórica fronte á arquitectura, do moble e do deseño, que fai da estrita adaptación da forma á finalidade da obra o principio de actuación do deseñador. No s XIX, co renacemento do mundo goticista, implantáronse as teorías funcionais, e pódese considerar funcionalista nun primeiro grao a Eugène Viollet-le-Duc, quen, no Ditionnaire raisonné de l’architecture (1854-1868), propugnou o estudo da arquitectura medieval co fin de aplicar os principios que a rexeron ás necesidades modernas. Jean-Nicolas-Louis Durand, en Précis des leçons (1802-1805), xa subliñara que a utilidade é a finalidade da arquitectura e tamén a súa fonte de beleza. Gottfried Semper, en Der stil in dem technischen und tektonischen Küsten (O estilo nas artes técnicas e tectónicas, 1860-1863), estableceu que a estrutura depende do material empregado, do método construtivo e do uso proposto. Quen asentou, sen embargo, con máis claridade as ideas funcionalistas foi Louis Sullivan, en Kindergarten...

    3. Corrente lingüística continuadora do estruturalismo que supón unha alternativa ao enfoque abstracto defendido por L. Hjelmslev e o formalismo. Destaca o carácter instrumental da linguaxe e o papel dos falantes, considerando que a estrutura das linguas vén determinada polas funcións que lle dan os seus usuarios. Distínguese o funcionalismo continental, con autores como A. Martinet (funcionalismo francés), E. Coseriu (escola de Tübingen) ou S. C. Dik (funcionalismo holandés), e por outra o funcionalismo británico de M. A. K. Halliday (lingüística sistémica). No ámbito hispano, sobresae E. Alarcos Llorach (escola de Oviedo). Coseriu, igual que F. Saussure, estudiou o que hai de sistemático e opositivo na linguaxe, pero estableceu tres niveis como obxecto de estudo da lingüística -sistema, norma e fala-, fronte á dicotomía saussuriana entre lingua e fala. Polo tanto, a lingüística debe estudiar tanto o sistema -lingua en Saussure- como a norma, e nesta última entraría xa un primeiro grao de...

    4. Teoría, iniciada por D. Armstrong e H. Putnam, que considera que a condición para estar nun estado mental vén dada, máis que polas características intrínsecas do estado, polas relacións causais deste.

    5. Teoría sociolóxica creada por Talcott Parsons baseada no estruturalismo. Considera a sociedade como un sistema cun equilibrio estable no que as estruturas sociais, como a familia, posúen un carácter funcional. O sistema social mantense en equilibro na medida en que a cada unha das súas necesidades corresponde unha estrutura que lle dá satisfacción, cumprindo unha función determinada útil para esa sociedade. Calquera fenómeno social que rache ese equilibrio sería considerado disfuncional. Foi unha das correntes sociolóxicas máis importantes do s XX e aplicouse a outras áreas do coñecemento como o caso da antropoloxía cultural, coas obras de B. K. Malinowski.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao funcionalismo.

    2. Que ou quen segue as teorías do funcionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de funcionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Realizar a súa función ou funcións algo ou alguén.

    2. Dar algo ou alguén o resultado que se esperaba.

    VER O DETALLE DO TERMO