"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida coma Marilar Aleixandre, é profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculada ao movemento feminista, participou na creación da Asociación Galega da Muller e encabezou a lista do Movemento Comunista de Galicia nas primeiras eleccións municipais (1979). Participou nos movementos de renovación pedagóxica e pertence ao colectivo poético do Batallón Literario da Costa da Morte. Colaboradora de numerosas revistas, é coautora dos primeiros libros de ciencias en galego Xilbarbeira (1981), Setestrelo 1 (1988) e Setestrelo 3 (1989); tamén é coautora de diversas publicacións de didáctica das ciencias, dun vocabulario de ciencias naturais e autora de Dubidar para Aprender (1997). En canto á súa produción literaria, no apartado infantil e xuvenil publicou A formiga coxa (1989), O rescate do peneireiro (1990), Nogard (1994), A expedición do Pacífico (Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Seguidor de M. Fortuny, cultivou a pintura de ambientación do s XVIII (El nieto del general) e o realismo (Una desgracia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico xeriatra. Foi presidente da Sociedade Galega de Xeriatría, xefe do Servicio de Xeriatría da Cruz Vermella Española na Coruña, director da Revista Española de Geriatría y Gerontología e profesor de xeriatría nas universidades da Coruña e Santiago de Compostela. É autor de diversos traballos e libros sobre a súa especialidade e publicou Iniciación a la Geriatría (1981) e Salud Pública y envejecimiento (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro, probablemente de orixe galega. Desenvolveu a súa actividade en Portugal entre 1325 e 1350. Segundo a rúbrica da súa cantiga de escarnio tivo bens en Pavia, no distrito de Évora. Relacionouse con Johan de Gaia, Estevan da Guarda e o xograr Johan de León na corte do conde de Barcelos. Atribúenselle só dúas composicións recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: unha cantiga de amor fragmentaria, que mantén os motivos tradicionais, e un escarnio político, que emprega o artificio das rimas macho-femia, un dos trazos característicos da escola galego-castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr galego. Non se teñen datos documentais sobre el, pero, a xulgar pola súa colocación nos cancioneiros e por elementos internos da súa obra, debeu estar activo a mediados ou no terceiro cuarto do s XIII. Posiblemente visitou tamén a corte de Afonso X. O topos “san Servando”, repetido nas súas cantigas de amigo, talvez faga referencia á capela de San Servando de Pazos, situada na parroquia de Barxés (Muíños) ou en Becerreá. Consérvanse 23 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, que se caracterizan pola variedade de estruturas estróficas e de rima: 17 cantigas de amigo (6 de romaría), 2 cantigas de amor e 4 escarnios sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Foi gobernador de Tenessee (1853) e senador de EE UU desde 1855. Vicepresidente con A. Lincoln, á morte deste sucedeuno na presidencia (1865-1869). Simpatizante de certas teses sudistas, opúxose ao programa de reconstrución despois da Guerra de Secesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso do Mont Blanc, na fronteira franco-italiana. A súa maior altitude acádase no monte Walker, de 4.209 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral sueco. A súa traxectoria está ligada basicamente á obra de Ingmar Bergman, con obras como Nara Livet (1957), Vargtimmen (1967), Em passion (1970), Scenner ur ett aktenskap (1973) e Fanny och Alexander (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e moralista francés. O seu ciclo de Chaminadour revelouno como un gran estilista e, sobre todo, un renovador da inspiración novelesca. Está considerado como un dos precursores da nouveau roman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario de filiación liberal (Nova Alemaña), ao que a Dieta federal prohibiu a publicación de calquera escrito (1835). Eran individualistas, racionalistas e inimigos da reacción política; rexeitaban os prexuízos morais e sociais, e preconizaban a emancipación das mulleres e a liberdade sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Coñeceu a Napoleón I Bonaparte no Sitio de Toulon e distinguiuse nas campañas de Italia e Exipto, onde acadou o grao de xeneral (1798). Gobernador de París (1804) e embaixador en Lisboa (1805), dirixiu o exército que ocupou Portugal (1807), polo que recibiu o título de duque de Abrantes e foi nomeado gobernador do país. Vencido por Arthur Wellesley en Vimeiro (1808), tivo que capitular en Sintra e abandonar Portugal. Malia que xa manifestaba síntomas de demencia, Napoleón confioulle o goberno das Provincias Ilirias (1813) e suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista británico. Profesor na Cambridge University (1951-1972). En 1931 introduciu o concepto de multiplicador do emprego, recollido máis tarde por J. M. Keynes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Pontevedra o 2 de abril de 1998. Desde un principio especializouse na edición de libros e contos infantís, caracterizados por unha coidada presentación e contidos novidosos. Presenta as coleccións: “Tras os montes”, “Demademora”, “Os contos do trasno”, “Biblioteca de Panteno”, “Maremar”, “Sondeconto”, “Minilibros para soñar”, “Seteleguas”, “Tiramillas” e “MAKAKIÑOS”. Entre outros galardóns, recibiu o Premio Nacional de Ilustración polas obras O coelliño branco (1999) e Onde perdeu Lúa a risa? (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral creado en 1989 por Antón Lamapereira, Manuel F. Vieites e varios alumnos da Aula de Teatro da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Entre os seus espectáculos destacan Tripi, Trapa e o pirata Malapata (1990), con dirección de Manuel F. Vieites, Lisquemos, Marqués, lisquemos (1991), con dirección de Antón Lamapereira, O ponche (1992), con dirección de Emilio Goyanes, O hobbit (1993), con dirección de João Luíz ou Narnia (1994), con dirección de Manuela Rodríguez Lorenzo. Posteriormente, a compañía centrou as súas actividades na realización de traballos de animación á lectura, de intervención escénica en diversas celebracións ou de promoción da tradición oral para, finalmente, potenciar a creación da editorial homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Publicou unhas vinte Odas (1824-1826), influídas polo neoclasicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (3.568 km2; 1.075.125 h [1998]. A súa capital é Takhmau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Baía situada ao N do Mar Branco, Rusia. Ten 185 km de lonxitude, 67 de largo e 330 m de profundidade máxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo estadounidense. Traballou desde 1984 no Instituto Médico Howard Hughes, da Universidade de Columbia (Nova York). En 2000 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con Paul Grengard e Arvid Carlsson, polos seus traballos que permiten comprender os mecanismos da memoria e do Parkinson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso.   Nacionalizouse alemán (1927) e francés (1939). Impactado por   unha exposición impresionista, decidiu dedicarse á pintura e trasladouse a Múnic en 1896. Foi un dos iniciadores da arte abstracta (Acuarela, 1909; series de Composicións, Improvisacións e Impresións, 1910-1913) e un dos animadores de Der blaue Reiter (1911). Foi profesor na Bauhaus (1921-1933). A súa pintura evolucionou desde o impresionismo (ata 1907) cara a un fauvismo lírico (A montaña azul, 1909) e un expresionismo de influencia oriental (1910). Afastouse do obxecto e interesouse pola forma (1920) e as figuras xeométricas (O cadrado negro, 1925). Reuniu as súas teorías estéticas en Über das Geistige in der Kunst insbesondere in der Malerei (Do espiritual na arte e especialmente na pintura, 1912).

    VER O DETALLE DO TERMO