"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ter un desexo vehemente dalgunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desexo vehemente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cheo de anhelo por conseguir algo, por ter algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade multinacional norteamericana, con domicilio en Saint Louis, no estado de Missouri. Iniciou as súas actividades como fabricante de cervexa -Budweiser-, e despois ampliounas ao sector alimenticio. É o terceiro grupo americano no campo das bebidas. En España controla a sociedade Bimbo SA e é un dos accionistas maioritarios do parque de atraccións Port Aventura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima dos eritrocitos, da mucosa gástrica e da cortiza renal, que contén un átomo de cinc por molécula, e que cataliza basicamente a deshidratación reversible do ácido carbónico. Intervén, no sangue, no transporte de CO2 e na súa eliminación a través dos pulmóns; no estómago, na secreción de ácido clorhídrico, e no ril, na retención dos bicarbonatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da cantidade de plasma no sangue.
-
-
Óxido que forma un oxiácido ao combinarse coa auga. A denominación de anhídrido, que non está admitida pola IUPAC, utilizábase para denominar os óxidos dos non-metais.
-
Denominación xenérica dos compostos orgánicos que conteñen o grupo -CO-O-CO- e derivan formalmente dos ácidos dicarboxílicos (con formación dunha estrutura heterocíclica) ou de dúas moléculas de ácido monocarboxílico por eliminación dunha molécula de auga. Cando as dúas moléculas de ácido monocarboxílico son diferentes, obtéñense anhídridos mixtos. Os anhídridos prepáranse por deshidratación dos ácidos ou por reacción dun sal do ácido co correspondente cloruro. Por hidrólise, rexeneran o ácido ou os ácidos primitivos. Denomínanse como o ácido do que proveñen cambiando a palabra ácido por anhídrido. Empréganse como axentes acilantes e dan ésteres ou amidas por reacción con alcohois ou aminas, respectivamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de calcio anhidro, CaSO4. Cristaliza no sistema rómbico, formando agregados granulosos, compactos ou fibrosos; de exfoliación perfecta, cor azul, gris azulada, branca ou incolora, e brillo vítreo. Ten dureza 3,5 e peso específico 2,9-3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise da substancia destituída de auga, especialmente dos sólidos sen auga de cristalización, cando poden cristalizar con auga, e dos compostos inorgánicos líquidos que disolven auga. Dos líquidos orgánicos, os gases e os sólidos sen auga absorbida, dise que son secos, non anhidros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de suspensión temporal das actividades vitais que permiten que un animal ou un vexetal poida sobrevivir durante un tempo indeterminado nun medio falto de condicións bióxenas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perclorato de magnesio anhidro usado como desecante de gases, por exemplo na análise orgánica elemental. Continúa activo incluso despois de fixar tres moléculas de auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia ou deficiencia da secreción de suor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia das anhímidas ao que pertence a especie A. cornuta; ave omnívora, robusta, de 80 cm de altura e 2 m de envergadura, cun apéndice córneo implantado na cabeza e curvado cara a adiante ata sobrepasar a punta do bico.
-
-
Que pertence á familia dos anhímidos.
-
Ave da familia dos anhímidos.
-
Familia da orde dos anseriformes integrada por aves de aspecto bastante diferente dos anátidos, pero anatomicamente parecidas a elas, polo que se agrupan na mesma orde. Son aves robustas, de bico curto, coas patas fortes e as dedas anteriores unidas parcialmente por unha membrana rudimentaria. As ás están bastante desenvolvidas e cada unha ten dúas esporas na articulación do carpo, que lles serven de defensa. Son propias exclusivamente de América do Sur. Os representantes máis destacados son as do xénero Anhima e os chajás.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves tropicais da familia dos anínxidos. Son semellantes no aspecto a un corvo mariño, de pescozo e cola moi longos. Pesca nadando tralas presas nos ríos tropicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
insomnio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise das estruturas dos seres vivos non organizadas en tecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Á marxe da historia, non clasificable nun período histórico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Wade: Anhwei] Provincia da China (139.900 km2; 60.700.000 h [estim 1997]), na rexión do leste. A capital é Hefei. Situada ao N do río Huai He ao S do río Iangtsé, comprende dúas rexións moi diferenciadas: ao N, a chá, é ao S, unha rexión pobre. A agricultura é de tipo monzónica: arroz, trigo, cánabo e algodón, e hai unha considerable gandería porcina. A minería é tamén importante. O Yangzi Jiang aprovéitase para o transporte fluvial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anhui.