"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Magnitude inversa da relutancia. O símbolo empregado é Ë ou P, e a unidade de medida, o wéber por ampere volta (Wb/Av). OBS: Tamén se denomina condutancia [condutancia] magnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, na corte de Afonso X e probablemente tamén na de Afonso III de Portugal. Pola temática dalgunha das súas composicións, especialmente as dirixidas contra Deus, pensouse na súa orixe hebraica. Os tres cancioneiros principais recollen 52 composicións súas, que amosan a unha gran capacidade innovadora, mesmo no nivel lingüístico xa que empregou neoloxismos e recuperou algunhas expresións arcaicas. Segundo os xéneros, a súa produción divídese en 35 cantigas de amor, como “[A]y mia sennor e meu lum’e meu ben!”, con xogos de rima e o emprego do dobre e da palabra rima. Noutras composicións amorosas, relacionadas co amor cortés, o trobador amósase innovador e transgresor ao revelar o nome da amada, como en “Joana, dix’ eu, [S]ancha e [M]aria”, ou mesmo ao dirixirse a Deus achegándose á blasfemia, como “Nunca Deus quis nulha cousa gram ben”. Tamén é autor de dúas composicións de amigo e trece burlescas, como “Dom’na Maaria [N]egra, ben talhada” e “Maria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Trobador galego. Activo entre 1228 e 1260, e proveniente dunha familia da pequena nobreza, militou nas tropas de Rodrigo Gomez de Trastámara e estivo relacionado coas cortes de Fernando III e Afonso X. Mencionado nunha doazón ao mosteiro de San Martiño de Xubia (1228), participou na Reconquista nas campañas de Murcia (1244) e Jaén (1246), acompañando a Afonso X. Posteriormente ausentouse da Península coa intención de viaxar a Terra Santa, de onde regresou en 1253. Mantivo unha relación coa soldadeira Maria Perez a Balteira, feito polo que tivo que soportar críticas doutros autores, como Afonso X, Gonçal’Eanes do Vinhal, Johan Baveca, Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso e Vasco Perez Pardal. No seu corpus literario aparecen quince cantigas: unha de amor “Grave dia naçeu, senhor”, en que trata a coita e a morte por amor de forma paródica nunha composición con irregularidades métricas e rítmicas; unha de amigo “Ay, meu amigo, pero vós andades”, en que a namorada, malia saber...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 2 de marzo de 1859. Cesou un ano despois. Subtitulouse “Periódico de Galicia, literario, científico, comercial, agrícola, industrial y de intereses materiales”. Dirixido por Manuel A. Couto, saíu dúas veces á semana. Defendeu a idea de Galicia pero afastada do provincialismo. Incluíu colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de persistir.

    2. Calidade de persistente.

    3. Lapso durante o cal un material luminescente continua emitindo luz unha vez que rematou a excitación que a producía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de perspicaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de pertinaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de pertinente.

    2. Propiedade que permite a un fonema, a un trazo fonolóxico, etc, asegurar unha función distintiva nunha lingua dada, ao opoñerse ás outras unidades do mesmo nivel. Cando a unidade considerada perde esta función distintiva non hai pertinencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante que, nun díodo de baleiro con cátodo termoeléctrico, indica a limitación de corrente pola carga espacial. Depende da configuración xeométrica dos eléctrodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade grave, epidémica e contaxiosa que provoca gran mortaldade.

    2. Cheiro moi forte e desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á peste.

    2. Que porta ou pode transmitir a peste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘diñeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de petulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor. Exiliouse a México en 1941, onde obtivo o título de arquitecto e foi profesor de deseño na Universidad de México. Proxectou o Palacio de Deportes dos xogos olímpicos de 1968 e o Centro de Exposicións da UNAM. A partir de 1978 dedicouse á pintura, cun estilo de formas indefinidas xeradas por unha aplicación coidadosa e suave da cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de liques, da familia das parmeliáceas, que presentan o talo foliáceo ou crustáceo e cos apotecios de cor laranxa, amarela ou negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao peñoramento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Chano Piñeiro, licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que apenas tivo relación cos grupos que na década de 1970 se organizaron ao redor do cine galego, a súa afección levoulle en 1976 a escribir o seu primeiro guión baseado en Sempre en Galiza, que se materializou na curtametraxe Os paxaros morren no aire (1977), realizada en súper 8 e que conseguiu, entre outros premios, o Film de Oro do Ministerio de Cultura. En 1979 iniciou o proxecto da súa primeira longametraxe, Eu, o tolo, que rematou en 1982. A cinta, de 110 minutos de duración, conta a vida de Eu, un home que casa cunha bicicleta e que despois das máis diversas aventuras chega a ser presidente do goberno. En 1984 tivo a oportunidade de pasar ao formato profesional e realizou Mamasunción, unha curtametraxe que obtivo un inusitado éxito en diversos festivais nacionais e estranxeiros. A cinta é unha reflexión sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á infección ou ao pus producido por un bacilo Gram-negativo, saprófito e oportunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Materia colorante do pus azul, producida polo bacilo piociánico Pseudomona aeruginosa.

    2. Antibiótico que se extrae do cultivo de Pseudomona aeruginosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación pola observación do lume, especialmente do movemento e da cor das chamas. Agrupa a capnomancia e a piroscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO